Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CRISE DA CONSTRUCIÓN

Parados do sector do ladrillo recolocaranse no naval e no eólico

A Xunta asina un convenio coa Confederación de Empresarios e os sindicatos CCOO e UXT para formar desempregados.

Redacción - 19:30 23/07/2008

A crise que está a afectar aos sectores inmobiliario e da construción está a xerar cada día máis parados: en Galiza o desemprego ten experimentado un incremento do 6,67% no último ano. Para potenciar a súa recolocación noutras actividades, a Consellería de traballo achegará un total de 12,2 millóns de euros neste e no vindeiro ano. O obxectivo é que estes desempregados adquiran habilidades para empregarse en campos máis puxantes, fundamentalmente o naval, as enerxías alternativas, a agricultura ecolóxica ou o autoemprego.

O convenio vén de ser asinado polo conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Antonio Fontenla; o secretario xeral de Comisións Obreiras (CCOO), Xan María Castro; e o secretario xeral da Unión Xeral de Traballadores (UXT), José Antonio Gómez. Todos destacaron que o documento é froito do diálogo social, xa que segue as directrices do Acordo polo Emprego, asinado o ano pasado.

Plan de resposta ante o desemprego
Varela destacou que con este plan se dará resposta aos traballadores afectados pola situación actual do mercado de traballo. Facilitarase a incorporación dos demandantes de emprego a outro sectores: preferentemente enerxías alternativas, rehabilitación – restauración, manexo de maquinaria pesada, metal e agricultura ecolóxica. Esta aprendizaxe levarase a cabo a través de procesos formativos cos que se adquirirán as competencias necesarias para desenvolver o novo posto de traballo.

Asemade, realizaranse procesos de orientación, de cara a itinerarios personalizados de inserción profesional, dirixidos a todos os demandantes que se integren no plan. Tamén se incentivará o emprendemento, como fórmula de creación de emprego. Finalmente, o titular de Traballo tamén adiantou que se prevé a creación dunha compensación económica de 1.050 Euros para aqueles participantes que, no caso de carecer de rendas, non perciban ningunha prestación.


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Comentarios (2)

Carlinhos #1 23/Xullo/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Preciosa fotografia; mais o pé é insosso: "Sinatura do Pacto polo emprego". Eu proponho um concurso de títulos alternativos "Monólogo Patronal em Galheguinhosland; Monótono fungar do Capital; Ghuntos como hermanos, miembros de umha empre$a; Dom Limpo-Tourinho e cia. limpam cos nossos dinheiros a merda que nos deixam os especuladores; Robim Varela dos bosques, rouba aos pobres para financiar os sindicatos ghualdas; sindicalismo vertical em barra livre..."
Que é? de Fotospanha?

Jatopardo #2 28/Xullo/2008 Jatopardo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¿Que os parados do ladrillo recolocaranse no eólico? Je, je. Iso é como querer absorver a auga do mar cunha esponxa de ducha. Curioso tamén e ver que titulares poñen os de Vieiros para tentar "colarnos" o Plan eólico.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: