Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LOGOTIPO

Pelegrín ás olimpíadas de Londres

Unha proposta de imaxe alternativa para os xogos olímpicos de 2012 de inconfundíbel aspecto xacobeo está a ser a máis votada nunha web.

Redacción - 17:30 24/07/2008

A raíz da polémica elección do logotipo para os xogos olímpicos de Londres de 2012, xurdiron varias propostas na rede para escoller unha imaxe máis popularmente recoñecida entre os deseños que envíen os internautas. Hai distintas webs dedicadas a recibir gráficos alternativos que reciben os votos dos usuarios, pero hai un logotipo que destaca pola súa, digamos, galeguidade.

A proposta máis recente e, até o momento, a mellor valorada da web Better2012logo (Mellor logo 2012) rescata o que xa criamos falecido Pelegrín, que nos acompañou durante varios anos xacobeos baixo gobernos do PPdeG. A imaxe enviada por Jack Champagne non está a pasar desapercibida.


5/5 (6 votos)

Novas relacionadas


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: