Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Enfrontamento en Osetia do Sur

O parlamento de Xeorxia declara o "estado de guerra"

Seguen os combates entre tropas rusas e xeorxianas. Os dous países aseguran que os seus exércitos teñen controlada Tsjinvali, a capital da zona en disputa.

Redacción - 15:20 09/08/2008

As últimas informacións chegadas do lugar falan de ataques realizados por avións do exército ruso sobre a cidade xeorxiana de Gori, próxima a Osetia do Sur. Malia que as accións supostamente ían contra bases militares, o goberno de Xeorxia comunicou a morte de ducias de civís.

Ao tempo, os combates seguen no interior da área separatista, Osetia do Sur, onde os dous bandos aseguran ter o control da capital. Mentres, a principal chamada a rebaixar a tensión fíxoa o presidente de Xeorxia, Mijaíl Saakashvili, quen propuxo un cesamento do fogo inmediato e o inicio dun proceso de desmilitarización da zona. Con todo, o Parlamento de Xeorxia aprobou un decreto presidencial que declar o estado de guerra no país por un período de quince días.


0/5 (0 votos)

Comentarios (7)

Barcelos #1 9/Agosto/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A outra cara das Olimpíadas e deste planeta. Mentres uns xogan, outros se matan.

Coido que ambos os países deberían ser excluídos de inmediato dos Xogos Olímpicos, así como todos os que estean en guerra: EE.UU. Paquistán, India...

aovellaquemira #2 10/Agosto/2008 aovellaquemira
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Acrescento: deberiam expulsar a tudos os estados que não são democráticos. A comezar pelo organizador.
Os jogos são uma festa do nacionalismo de estado e apologia do desrespeito aos direitos humano.
Um puto nojo.

COUTOVEN #3 10/Agosto/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Xa empezaron os xogos olímpicos e como para non quedar atrás non podían faltar os xogos de guerra.

Iso só demostra unha cousa. O imperialismo non ten cor nin ideoloxía política. Occidente fai guerras en nome da "LIBERDADE" e oriente faias en nome da "IGUALDADE"

Que gran verdade. LIBERDADE para matar e morrer e IGUALDADE para poder morrer xa que nesta situación pobres e ricos, oligarcas e plebe, capitalistas e proletarios son realmente iguais.

Dubiden dun líder que fale de LIBERDADE, IGUALDADE e que dentro dos seus antecedentes teña as mans manchadas de sangue.

amoscaesquerdosa #4 10/Agosto/2008 amoscaesquerdosa
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

As mesmas guerras de sempre: guerras de depredadores contra pobos indefensos...
O imperialismo non morreu... Ver máis en:
amoscaesquerdosa.blogspot.com

OBSERVADOR #5 10/Agosto/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A guerra começou oculta aos nossos olhos pela propaganda dos jogos da China. Ainda que na Ossétia devem estar a passá-lo mal.

A China e a Rússia tinham tudo coordenado.

Xeonllo #6 10/Agosto/2008 Xeonllo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Di Coutoven:

"Xa empezaron os xogos olímpicos e como para non quedar atrás non podían faltar os xogos de guerra.

Iso só demostra unha cousa. O imperialismo non ten cor nin ideoloxía política. Occidente fai guerras en nome da "LIBERDADE" e oriente faias en nome da "IGUALDADE"

Que gran verdade. LIBERDADE para matar e morrer e IGUALDADE para poder morrer xa que nesta situación pobres e ricos, oligarcas e plebe, capitalistas e proletarios son realmente iguais.

Dubiden dun líder que fale de LIBERDADE, IGUALDADE e que dentro dos seus antecedentes teña as mans manchadas de sangue".

Imos ver, dáme a lixeira impresión de que Coutoven aínda non se decatou de que en Rusia xa non existe o réxime soviético, porque tal como fala iso é o que parece. Hoxe en Rusia hai un sistema totalmente capitalista, así que a guerra de Xeorxia non demostra o que di Coutoven, especialmente nisto de:
" Iso só demostra unha cousa. O imperialismo non ten cor nin ideoloxía política. Occidente fai guerras en nome da "LIBERDADE" e oriente faias en nome da "IGUALDADE" ". Pois non.

COUTOVEN #7 10/Agosto/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Xeonllo.

Grazas por informarme que a U.R.S.S desapareceu. Grazas a iso tamén me decate que tombaron unha parede que existía entre as dúas Alemanias que impedía que os cidadáns ao lado capitalista puidesen escapar cara ao lado comunista onde gozaban de liberdade, xustiza, beneficios sociais. Todo derivado da ben coñecida eficiencia dunha mal chamada economía “socialista”.

Imos ver. Certamente a corrupción, ineficiencia e represión do sistema comunista levo á Rusia e os outros compoñentes da U.R.S.S. por camiños máis próximos ao capitalismo. Como beira, tamén China entendeu algo e deu paso a certas tendencias capitalistas. Non lle parece? Ou non se acorda da frase de Deng Xiaoping que dicía “Non importa de que cor é o gato. Se non que colla ratos” Recoñecendo solapadamente que a economía capitalista é máis eficiente para xerar riqueza que a socialista. Iso si, e que quede claro. Só para producir riqueza non para producir unha distribución máis xusta da mesma.

Cando falo de IMPERIALISMO é a doutrina do peixe gordo que se quere comer ao pequeno. Ou a do macho dominante que quere manter control das súas femias e reafirmar a cada intre a súa supremacía ante a competencia. O detalle é que moitos políticos usan o termino IMPERIALISMO de forma maniquea e acusan a Raimundo e a todo o mundo diso e resulta que son os primeiros aspirantes a poder practicala. Realmente é un quítache ti para porme eu que se repetiu ao longo da historia deste mundo. E creame, seguimos niso.

É que vostede pensa que Vladimir Putin non manda realmente en Rusia. E que certamente tenta controlar o poder o maior tempo posible, ou se é posible sempre. E se é necesario, tomase cousas do seu pasado totalitario se con elas pode manterse. Recorde que Putin pasou pola KGV (A CIA U.R.S.S.) Vostede cre que non aprendeu nada?

Cando falo de IGUALDADE á hora de falar de IMPERIALISMO. é que esta práctica lle é común a países capitalistas como comunistas e que o contexto ideolóxico no que se desenvolve non deixa de ser un estoxo de presentación. De nada vale que Rusia teña un novo sistema político xa que do mesmo xeito que moitos países grandes e poderosos trata de acomodar a súa contorna da forma máis conveniente. Pretextos para facelo sobran e se non se inventan.

Non pretenderá dicirme vostede que antiga U.R.S.S non era un dos mellores exemplos de IMPERIALISMO. Bo cabaleiro. A Rusia de hoxe tenta seguir séndoo.

Na miña opinión o IMPERIALISMO é unha planta que se dá moi ben en calquera terreo político. Probas sobran. Non o cre vostede?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: