Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Referendo revogatorio

Tensión a pé de urna no día en que os bolivianos opinan sobre o futuro do país

Despois de advertir de que o país estaba no gume do golpe de Estado, o presidente Evo Morales afirma confiar en que a democracia saia "fortalecida" desta xornada.

Redacción - 11:00 10/08/2008

"Esta xornada vai servir para o fortalecemento da democracia e para a redefinición do novo escenario político", afirmaba Evo Morales, presidente de Bolivia, na véspera do referendo que este domingo leva máis de catro millóns de cidadáns ás urnas. Os electores decidirán se o presidente, o vicepresidente e oito dos nove gobernadores do país, seguen ou non nos seus actuais cargos.

Arredor de douscentos observadores internacionais acoden a esta xornada, á que se chega despois de días de graves enfrontamentos nas rúas entre partidarios do goberno e da oposición, con ducias de feridos e varios mortos. O tenso escenario, que mesmo chegou a impedir o desprazamento con normalidade de Morales polo interior do país, levou ao goberno a denunciar que os opositores estaban deseñando un clima similar ao contexto golpista de décadas anteriores. O ministro da Presidencia, Juan Ramón Quintana, apuntou especificamente aos gobernadores locais, acusándoos de usar cartos públicos nun "acto de sedición, desacato e organización de forzas ilegais e paramilitares para atentar contra todas as liberdades públicas".

"A votación obrigará a un reencontro das autoridades, a unha reconciliación do pobo boliviano e, por iso, a participación de todos é importante", expresou hai poucas horas un optimista Evo Morales, chamando a ir até as urnas en "paz e tranquilidade". Para ser confirmado na presidencia do país, a Morales cómprelle o 53,7% dos votos, porcentaxe similar á obtida nos comicios de 2005. No caso dos prefectos, deben conseguir a metade máis un do total de papeletas. Con todo, e malia pasar a proba do referendo revogatorio, a estabilidade cobizada parece lonxe de chegar, xa que desde o bando opositor anunciaron que non frearán as reivindicacións.


Última hora na prensa local:


1/5 (1 votos)


Comentarios (5)

COUTOVEN #1 10/Agosto/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Quen dixo medo?

Como é posible que Evo Morales leste falando de golpe e criticando á oposición por facer exactamente o mesmo que el lle fixo Gonzalo Sánchez de Lozada.

Xa sei que algúns dirán que non foi o mesmo xa que Evo reclamaba pola nacionalización dos hidrocarburos. Claro, baixo ese pretexto xero a caída dun presidente elixido polo pobo.

Hoxe moitos Bolivianos están cansados da continua intervención de Chávez na política da súa pais utilizando os diñeiros do pobo venezolano que tanto os necesita. É patético ver a Evo Morales cada vez que vén a Venezuela é a pedir. Con tanto descaro que na última oportunidade pediu que se lle dese directamente para evitar a burocracia “e a contraloría” do Banco Central de Bolivia.

Hoxe en Bolivia hai toda unha plataforma política e militar financiada por Venezuela para influír sobre o proceso refrendario como se fixo en Venezuela anteriormente. Son múltiples procedementos e practicas ventajistas que se se suman son unha fraude á conciencia popular. (dobre cedulación, traslado de votantes con recursos do estado, unha ampla rede de medios audiovisuais estadales ao servizo do goberno, avións e helicópteros que facilitan toda a loxística) Por sorte este referendo non requiriu firmas de solicitantes. De ser así xa teriamos unha LISTA TASCON BOLIVIANA.

É ben coñecido o APOIO que lle brinda Chávez ao goberno Boliviano. A miña pregunta é. Se no canto de Evo Morales fose outro presidente non socialistoide e o apoio estivese a brindalo USA xa non estariamos a falar de APOIO senón de INTERVENCIÓN nos asuntos internos dun país. Non o cren. Parece o mesmo. Pero non o é.

Que caro nos está saíndo aos venezolanos a afección á folla e á PASTA DE COCA do noso comediante en xefe. Aquí teñen o vídeo.

http://es.youtube...

E como para algúns todo o que di o comediante en xefe é bo. Por que non lle dan pasta de coca aos seus fillos?

moluskus #2 10/Agosto/2008 moluskus
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Prefiro a gaviotero que a COUTOVEN, o primeiro non molesta, xa que é pampo total. O COUTOVEN é un médico burgués que opera tetas de burguesas. COUTOVEN non pode soportar que en Sudamérica gobernen xentes con rasgos indíxenas. NAZI SUPREMACISTA, LISCA DE AQUÍ.

Reboirassempre #3 11/Agosto/2008 Reboirassempre
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

USA está a intervir todos os días.
O que pasa é que en Venezuela e en Bolivia hai unha recuperación da dignidade do pobo.
Xente con fame,xente analfabeta,doentes que non viran un médico na súa vida....iso era o capitalismo moderno.Que non voltará

COUTOVEN #4 11/Agosto/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Moluskus.

Eses son os mellores argumentos que tes? Reitéroche, non son cirurxián plástico. Non pódoche realizar unha mamoplastia. Comprende, O teu problema de oligofrenia é produto da hipoxia cerebral que sufriches ao caer nunha letrina cando che pariron. O que se pódoche ofrecer é unha lobotomía frontal. é pouco probable que se dane algo cando non existe.

Por certo. Claro que Evo ten trazos indíxenas. É o primeiro presidente indíxena no continente. Pero iso é en Bolivia non en Venezuela. O problema con ese señor non é o que é. Senón o que lle custa a Venezuela.

Por certo. Mire como estan as poboacións indíxenas en noso pais. Que tanto protexeu e dignificado Chávez durante 10 anos de despilfarrador goberno? Si señor, por desgraza a palabra INDIGENA e INDIGENte son sinónimos nesta Venezuela Bolivariana.

http://es.youtube.com/watch?v=...

Vexan como esta ROBOLUCIÓN a malgastado 10 anos de bonanza petroleira. É preferible que o que leva Evo Morales de Venezuela sexalle dado ás nosas comunidades indíxenas. Non o cren?

Que caro nos está saíndo aos venezolanos a afección á folla e á PASTA DE COCA do noso comediante en xefe. Aquí teñen o vídeo.

http://es.youtube...

Por certo son NAZIonalista non NAZI.

COUTOVEN #5 11/Agosto/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Reboirassempre .

Recoméndolle que vexa o vídeo e saque as súas conclusións.

http://es.youtube.com/watch?v=...

Vostede fala de alfabetización. Recoméndolle que vexa unha película española “LOS SANTOS INOCENTES” e beira como definía o franquismo a alfabetización e as súas similitudes con Venezuela.

No que respecta á parte médica pódolle asegurar. Con só ver ao médico (Se é que é medico) cúrase a xente. Vexa as noticias de Venezuela e como están os hospitais e as folgas do persoal asistencial que cobran soldos miserables. Vostede non se preguntou porque en 5 anos de Barrio Dentro estes só brindan estatísticas de asistencia primaria por síntomas e non por pacientes e o seu índice de partos é practicamente insignificante. Vexa nada máis a epidemia de parotiditis que se padece actualmente Venezuela polo abandono dos esquemas de vacinación convencionais. Non falemos de repunte de TBC, malaria e febre amarela. Por certo son as nosas poboacións indíxenas unha das máis afectadas.

Saúdos.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: