Á espera do que pase co TAV a Madrid, a conexión ferroviaria de alta velocidade polo noroeste só conta cun débil compromiso no horizonte de 2020.
Un enlace ferroviario "doutro século". Así o subliña o diario catalán El Periódico este domingo, onde inclúen unha gráfica que ironiza sobre o que pode facerse no mesmo tempo, 16 horas, coas que debe apandar un viaxeiro que queira facer o traxecto Vigo-Barcelona. "Case o mesmo tempo que se tarda en viaxar a Xapón en avión", sinala a publicación.
El Periódico recorda a xa coñecida lea sobre a incerta finalización da liña do tren de alta velocidade entre Galiza e Madrid e recorda o compromiso do goberno español para cambiar a actual estratexia de infraestruturas por un modelo que aposte pola conectividade no conxunto do Estado sen ter que pasar necesariamente sempre por Madrid.
Es aposta implicaría o impulso da alta velocidade ferroviaria a través do norte da península, unindo Cataluña e Galiza a través de, entre outros, Ourense, León, Palencia, Burgos e Logroño. Coa liña a Madrid ameazando quedar adiada xa até o 2016, complicado parece que esa conexión ferroviaria poida cumprirse no horizonte temporal inicialmente fixado: 2020.
"É todo igual que cando era moza, pero con peor servizo", láiase unha pasaxeira que viaxa desde Barcelona até A Rúa no tren "Estrella de Galicia", unha liña "surrealista" que une os dous países a través dunha viaxe de máis de 16 horas sen melloras en dúas décadas. Por riba, e tal e como lle relataban hai poucos días a Vieiros fontes sindicais, Renfe cavila afondar na degradación do servizo nos próximos meses.
se comunicarse polo interior de galiza fose doado xa... pero bueno para eso traeran o ave e eliminaran os rexionais. a liña ponferrada monforte seica queda só para mercancias ata ourense. Pero bueno, ninguén se move... eu flipo
Pois a mim isto parece-me umha apologia barata da Alta Velocidade, sem fazer mençom à destruiçom territorial, ao esbanjamento energético e ao elevadíssimo custo económico e social que supom o AVE. Que se tarda tanto em ir em em trem a Barcelona como em aviom a Japom? Pois sim, e que? Também se tarda mais em ir ir de Vigo a Corunha em bicicleta. Fazer 1.200 kilómetros é o que tem, leva tempo, e quem quera chegar a Barcelona antes que a Japom em aviom, pois que vaia em aviom, que ademais sai mais barato que o AVE.
Fazer 1200 km leva tempo e ten que levar tempo, unhas 5-6 horas, non 16. O ferrocarril vertebrou os territorios alá por onde pasou e se Galiza quere deixar de ser Estación Termini, máis vale que vaia pensando seriamente como se conecta con Euskadi-Franza e Barcelona. Senón, como até agora a depender de Madrid para todo. E o AVE non é nin de lonxe tan caro como o avión, e iso sen contar que é bastante máis fiábel en termos de horarios, equipaxes...
O problema non é o tren a Barcelona ou o tren a Madrid. Polo menos ese non é o noso problema. O noso problema é o tren de Ponferrada a Coruña ou a Vigo.
O tren de Ponferrada á Coruña tarda 5 horas en percorrer 220 Kms. a case 40 Kms. por hora. Unha eternidade e máis se temos en conta que estamos en 2008 e levamos máis de cen anos con trens.
Arranxemos as comunicacións por tren entre os distintos sitios de Galiza, facendo un tren eficaz, rápido e moderno e o demais xa non será problema noso.
Poderíase aproveitar esa infraestrutura para unha comunicación áxil (Metro de superficie) entre as cidades e as súas periferias. A Coruña co Burgo, Perillo, Cambre, Santa Cruz, Mera, Sada, Betanzos... Compostela con Bertamiráns, Noia, Sigüeiro, Cacheiras, Milladoiro, etc...
#3, com todos os respeitos, creo que nom sabes do que falas.
Primeiro: 1200 km por terra fam-se como mínimo em 10 horas (a umha media de 120 km/h, que é umha barbaridade, e nom passa nada. Se se fai em trem, e por tanto parando em outros sitios, pois sumará-se-lhe umha hora ou duas. O único importante nom é aforrar tempo. A mim nom me parece bem que para que quatro ejecutivos cheguem a tempo à outra ponta da península, haja que investir milheiros de milhons de dinheiro público em arrassar montanhas, isolar aldeias, invadir vales, destruir fragas, e todo o que fai o AVE.
O AVE si é mais caro que o aviom. E para mostra um botom: Madrid-Barcelona classe turista: 168 € ; preferente: 221 €; club: 252 €. podes consultá-lo tu mesmo aqui: https://w1.renfe.es/vol/?pave=... Quanto cres que vai custar Vigo-Barcelona??
Por moito que o intentten NON NOS VAN CALAR!!! Entra na nova web do sector maioritario de Terra Galega: http://www.terra-galega.org
E TOURIÑO SE SE ENTERAR, E ISO QUE FOI RESPONSÁBEL DE INFRAESTRUTURAS HAI POUCOS UNS ANOS NO GOBERNO DE ESPANHA.
carraboujo: Con respecto aos prezos, hai billetes ida e volta Madrid-Barcelona desde 105€ (sen contar promocións). Puxen ao acaso ida 6 septembro e volta o 13 e iso era o que saía en clase turista. Ese é o prezo que sae o avión para o mesmo día (sobre 100€). Se o prezo de ir Vigo-Barcelona andase polos 150€ pareceríame bastante ben (canto custa agora o que tarda 16 horas?)Amáis conta que os AVE van de centro a centro non tes que desprazarte aos aeroportos cunha hora de anticipo e que podes cargar todo o peso que queiras. Niso imos máis beneficiados os mochileiros ca os 4 executivos dos que falas.
E por riba chegan a hora que indica o calendario, vamos que son moito máis puntuais ca os avións.
Un tren a 120 km/hora paréceme un tren do século pasado. Aínda contando paradas o tren Madrid Barcelona tarda uns 180 minutos en facer 600 km, vamos 200 km por hora. Aplicando o mesmo tren Galiza-Barcelona podería levar ao redor de 6 horas (e incluso menos dependendo de por onde vaia o tren en Castela).
Podes ser contrario ao AVE polo feito de que lle deas máis valor a outras cousas que o tempo empregado en viaxar (iso paréceme ben aínda que non o comparta) pero o feito é que para distancias de menos de 1000 km o tren réstalle pasaxeiros ao avión. E de continuar as cousas como están (prezos do petróleo, saturación dos aeroportos) en pouco tempo viaxar de Galiza a Barcelona deberá ser máis cómodo por tren que por avión
o ave supón un goloso trasvase de capitais impositivos dende os petos da cidadanía ás multinacionais tecnolóxicas e de obra pública. son esas grandes corporacións ( siemens, alstom, bombardier, acs ) as máis interesadas nestas infraestructuras e a clase política, teórica detentora da vontade popular, actúa únicamete de correa de transmisión de estes trasvases económicos, obviando calquera estudo do interés ou do impacto que as obras poidan causar na poboación.
sin ser experto na materia en absoluto, entendo que sería de moito maior calado contar cunhas infraestructuras sostibles que vertebrasen o territorio galego e a conexión de éste ca franxa atlántica e con europa antes da monada de engancharnos con madrí ou con andalucía. pero o gran capital do estado español é profundamente centralista e a antígua capital de castela a nova ten que ser o epicentro da vida económica e social mentras o resto bate a pandereta para que eles bailen.
Estou en parte dacordo contigo Baltar69. Eu tamén cosnidero que o máis importante é vertebrar o territorio galego por ferrocarril e penso tamén que é necesaria infrastrutura para conectar Galiza con Portugal e con Franza.
Porén, o que non acabo de comprender é o que neste foro se considera un tren de cercanías. Se o que se quere é conectar Ferrol-A Coruña ou Vigo-Pontevedra por ferrocarril cada 20 minutos perfecto, de feito iso é o que permitirá a infrastrutura do Eixo Atlántico que se está a construír. Pola contra se o que se busca un tren Milladoiro-Santiago (é o caso que máis coñezo) pois iso si que me parece un despilfarro de cartos porque non vai ser moi usado. Sigo a pensar que os "atascos" nas estradas galegas, sendo importantes non alcanzan a dimensión que obriguen a crear infrastrutura ferroviaria duns poucos kilómetros ou mesmo a reducir a frecuencia e a velocidade (as dúas cousas van unidas) dos percorridos existentes.
E o AVE a Madrid trae unha vantaxe incluso para os que non queren viaxar á capital do Imperio, permitirá conectar Ourense coas outras cidades galegas nun tempo moi moi competitivo (iso se alg´n día fan a conexión con Vigo por Mondariz).
Por suposto é só a miña opinión, eu tampouco son un experto.