Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Continúan sen mellorar os datos

O número de accidentes laborais mortais aumenta con respecto ao ano pasado

No primeiro semestre de 2008 houbo 39 sinistros con resultado de morte, dous máis ca no mesmo período de 2007.

Redacción - 14:05 23/08/2008
Nos seis primeiros meses de 2008 houbo 25.974 accidentes

Nos seis primeiros meses de 2008 houbo 25.974 accidentes

Galiza contabilizou un total de 39 accidentes laborais con resultado de morte durante o primeiro semestre do ano, dous máis dos rexistrados no mesmo período do ano 2007, o que supón un incremento do 5%.

Segundo datos do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga), dependente da Consellaría de Traballo, o número de accidentes mortais aumentou máis do dobre na provincia da Coruña, onde se produciron un total de 21 sinistros fronte aos 10 do ano pasado. En Pontevedra mantívose a cifra (10) e descendeu en Lugo (de 11 a 6) e Ourense (de 8 a 2).
Por sectores, os sinistros con resultado de morte reducíronse no sector servizos (de 15 a nove sinistros), mantiveron a cifra na construción e a agricultura (11 e dous mortos respectivamente), mentres que aumentaron na pesca e a industria (de 5 a 9 no primeiro caso, e de 4 a 8 no segundo).

En total contabilizáronse 25.974 accidentes en horario de xornada laboral entre xaneiro e xuño de 2008 (378 graves), cifra que no mesmo período do ano pasado foi de 25.482 (429 graves), o que implica un incremento do 1,9 por cento nun ano.


4.67/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: