Xoán Gato recordou que "cinco ou seis persoas secuestraron o partido" e anuncia que xunto con Partido Galeguista e outras agrupacións locais conformarán "unha cuarta vía necesaria en Galiza".
Pablo Padín e Xoán Gato
O coordinador xeral de Terra Galega (TG), Xoán Gato, celebrou este sábado as medidas adoptadas polo Xulgado número 3 de Instrución de Compostela, que impugnou o congreso organizado por un "sector minoritario" do partido o pasado 12 de xullo e no que Pablo Padín saíu reelixido presidente.
En declaracións a Europa Press, Gato recordou que "cinco ou seis persoas secuestraron o partido" e organizaron un congreso "ao que non puido asistir o sector maioritario" -no que se atopaban a totalidade dos seus alcaldes, o 95 por cento dos seus edís e a maior parte das agrupacións- por "anomalías" nas convocatorias.
No transcurso desa asemblea, que "se fixo apresuradamente" e durou "máis ou menos unha hora", segundo relatou Gato, decidiuse "cambiar o sistema organizativo e os estatutos do partido", así como varios postos na dirección nacional para "poñer os candidatos ao seu antollo". No entanto, "non se levou a cabo debate de ningún tipo", malia que "esa debe ser a finalidade do partido". "Por iso o fixeron en silencio e ás agachadas", recriminou.
A anterior executiva decidiu entón tratar de impugnar o congreso mediante unha demanda asinada por 40 persoas e subscrita por "unha ampla maioría". O avogado de TG, Xosé López Balado, a sentenza declarou "ilegal" o congreso por "ir en contra da Lei de Partidos e dos estatutos" e revogou os cambios realizados durante este.
Ante esta situación, Gato avanzou que "agora se están a dar pasos" para convocar un novo congreso antes das eleccións ao Parlamento, aínda que dubidou que poida celebrarse "no caso de que estas se adianten". Non obstante, apelou á "unidade" do partido e considerou que "a crise xa pasou", polo que asegurou que "tenderán unha man a todos os que teñan boa fe". "Quen non a teña, atoparanos de fronte e ben preparados", advertiu.
BNG, "pseudonacionalista"
Gato invocou a "ilusión" da afiliación para "tentar entrar no Parlamento tras estes comicios, polo que anunciou a posibilidade de crear coalicións ou alianzas, segundo se decida" con distintas forzas políticas.
Neste senso, indicou que o Partido Galeguista e as agrupacións independentes de varios concellos conformarán, xunto con TG, "unha cuarta vía necesaria en Galicia" posto que, ao seu xuízo, actualmente só hai un formación "pseudonacionalista". Esta alusión ao BNG concretouna Gato ao afirmar que "hai un partido con nome galego, pero que non se sabe realmente que é".
Por iso, concluíu que "un sector importante da sociedade galega" agarda "con expectación" que "se abran as portas" do Pazo do Hórreo, posto que se atopa "desorientado, desenganado e incapaz de ver a saída a situacións como a do paro e o desequilibrio da riqueza". Así, definiu a TG como "un partido democrático de centro" que "cre nas posibilidades de Galiza".
"Sen medo" a un posíbel adianto
Respecto á posibilidade dun adianto electoral que fixe a data dos comicios no próximo outono, Xoán Gato lamentou que "só se decida en función de intereses partidistas e non en función dos intereses de Galiza". Porén, espetou que "o mellor é que marchen canto antes".
"Nós non temos ningún medo", asegurou, ao tempo que se preguntou cales serán "os avances" que o actual Goberno "vai explicar á sociedade". "Nin alta velocidade, nin infraestruturas, nin industria, nin o sector do campo, nin o da pesca...", enumerou, e concluíu que "as súas conclusións son bastante negativas".
Ao seu xuízo, esta situación responde á existencia dun "Goberno que é un matrimonio de conveniencia que non dorme xunto". "Así foi ao longo da lexislatura e pagouno Galicia", criticou Gato, que considerou que ao PSdeG "lle interesa" o adianto "porque canto máis se afonde na crise, peor para eles" e que ao BNG "non lle convén". "Nós temos que prepararnos", dixo.
O titular da información (se se tratar dunha informacion e non un comunicado de parte) é cando menos incorrecto. Que eu saiba, Padín é tan de Terra Galega como Gato... outra cousa é que Padín non lle saíra a Gato tan "obediente" como agardaba para o seu proxecto personalista... sabido é que, sabe máis o diaño por vello que por diaño, e Padín ten oficio.
Seguindo co títular, o único que semella adoptou o xulgado son medidas cautelares, e desde logo, un xuiz non pode "impugnar" nada de motu propio. É dicir, para solucionar o fondo do asunto hai que agardar unha decisión xudicial que aínda non se deu, e que parece que vai para longo.
Para estar como portada en Vieiros, paréceme un traballo xornalístico cando menos pouco afortunado.
Saúdos,
Parece que o "amigo" xoanp está doente. O titular de vieieiros no é tan desafortunado. Bastante mais desafortunado foi o comportamento do ínclito Padin e o seu compañeiro de leito Xerman Tobío.
Xa teñen que ser de bulto as irregularidades dun congreso para que un xuiz o suspenda.
Pero que se podía esperar dunha "xuntanza", mal chamada congreso, á que asistiron 30 persoas, nas cales se incluian 4 concelleiros de 66 que tén Terra Galega, non foi ningún dos 5 alcaldes, somente asistiron D. Pablo, D. Xerman e familiares achegados.
Á vista de esto hai bastante mais xente "desobediente" a Pablete e Cia que Xoan Gato. Para que quede claro, estes dous "elementos", tan singulares que nin figuran na tabela periodica, non teñen a ninguén tras de si. Se tuveran un mínimo de vergoña esfumabanse. ¿Para quen carallo están a traballar?.
Evidentemente segen a estorbar e entorpecer o proceso de recuperación das siglas, non obstante, o sunami que se produciu é tan forte que os vai barrer como duas cucarachas. Esto xa é imparable. Imos conformar a unificación de centro nacionalista dende hai moitos anos. O resto quedarase en pura anécdota.
Que fale o Xoán Gato de pseudonacionalista ao BNG é de risa. DEbe de estar de brincadeira porque a súa formación ten tanto de nacionalista como o PP ou a españolista IU.
Imos ver. Semella que o amigo xoanp aínda non se enterou moi ben de que vai o conto....Mira xoanp, o que pasou durante todo este tempo en Terra Galega foi que os afiliados deste partido estaban fartos, pero que moi fartos de Padín. Fartos das súas mentiras:
- "vou encabezar unha candidatura gañadora por Vigo" la Voz de Galicia xuño de 2006. Aínda estamos esperando por esa candidatura "gañadora" http://www.lavozdegalicia.es/h...
- "na provincia de pontevedra vou montar 16 candidaturas" Tamén estamos agardando, xa que finalmente só logrou montar 3 fronte as 29 da Coruña, 19 de Lugo e 12 de Ourense, lugares onde sí se traballou.
- fartos dos seus contubernios políticos (cual rata de alcantarilla política) ás costas e sen permiso da dirección do partido con xente da talla política de Soto, Carlos Marcos, Corcoba, Cacharro ou Rivas Fontán, para torpedear o proxecto: http://www.xornal.com/article....
- fartos da súa enfermiza e obsesiva enfermidade en contra de todo o que cheire a nacionalismo galego....porque non sei se o sabes...pero intentou quitar dos principios ideolóxicos de Terra Galega o termo "nacionalista" e bloquear a entrada no partido á xente con ese tipo de ideas.
-fartos de declaracións antigaleguistas á par que sexistas: "non estou a favor de que a selección galega xogue partidos con seleccións extranxeiras" ou "non me gusta que as mulleres xoguen o futbol porque lles estropea as pernas" (y olé): http://www.vieiros.com/nova/63...
- fartos de que se intentase apropiar do partido para logo chantaxear ás bases: as siglas do partido rexistrounas ao seu nome e a nome de dous familiares seus, e o domicilio social do partido no seu enderzo particular de Vigo, ao igual que o dominio da antiga páxina web: .http://www.mir.es/DGPI/Partido...
E COMO A XENTE ESTABA cada día máis e máis farta (e a isto súmalle ademais que co paso dos días algúns se ían enterando dalgunha falcatruada cometida por el cando era conselleiro, como por exemplo enchufar a súa filla na Consellería: "La Consejería de Sanidad de la Xunta ya se vio envuelta hace algunos meses en una fuerte polémica después de que Pablo Padín designase asesora a su propia hija, estudiante de Derecho, que fue cesada a los pocos días de aparecer la noticia en la Prensa" El País 2/6/89: http://www.elpais.com/articulo... )
pois entón, coma ti comprenderás, nas bases do partido empezou a respirarse a necesidade de, no vindeiro congreso, darlle unha merecida patada no cú a este home.
Padín que ten de todo menos de parvo como estaba a velas vir intentou blindarse no poder. Como?? dando un autogolpe de estado. e así inventouse 30 agrupacións locais que nunca existiron, nas que ademais había 600 "afiliados" que tampouco existen e dos que nada se sabe porque segue tendo o libro de afiliados secuestrado, que a súa vez representaban a sesenta compromisarios para o congreso (dun total de cen) dos cales ata cinco podían delegar o seu voto nun único compromisario. É dicir que con catro amigos e nada detrás (todo fume) pretndía gañar o congreso dun partido de 500 afiliados (dos de verdade) e que ten 5 alcaldes, 10 tenente alcaldes e 70 concelleiros.
E así no seu simulacro de congreso foi quen de xuntar a espectacular cifra de.... 31 asistentes, inventando ademais unha nova modalidade asemblearia (o congreso expréss) xa que en apenas media hora o congreso deuse por rematado.
Entón a pregunta do millón é....por qué ten tanto interese Padín en controlar un partido sendo consciente de que non ten nin o máis mínimo apoio detrás??? De que lle serve ser presidente dun partido no que os seus militantes o único que queren é velo canto máis lonxe posible??
Resposta: porque hai algún partido ao que non lle interesa que TEGA saia adiante e un feixe de millóns de pesetas a cambio de que ese proxecto naufrage poden ser unha cifra de cartos moi apetecible (sobre todo para alguén da catadura moral do Sr. Padín ao que por certo, segundo contan desde Vigo, os seus negocios non é que lle vaian ultimamente moi ben, como corroboran algúnhas consultas de rexistros de morosos como o RAI ou o Badexcug)
Espero que agora amigo xoanp todo che quede máis claro, pero por se acaso te queda algunha dúbida te remito a sentenza completa do xulgado nº3 de compostela: http://www.terra-galega.org/20...
Un saúdo
Por certo...ao final non os conseguiron calar http://www.terra-galega.org
Vexo con agrado que por fin unha opción nacionalista moderna pode ter futuro no noso país. Non vou entrar na polémica co amigo xoanp xa qe entendo que quedou suficentemente claro que non se entera ou non se quere enterra de nada.
En canto a pseudonacinalismo do Bloque cada dia somos máis os que penamos o mesmo, sobre tododesque chego ao goberno e comezou a utilizar as mesmas prácticas clientelares do vello D.Manuel e a enchufar a canto upegaio hai solto polo país en todo tipo de postos de responsailidade ainda que non teñan non idea do que teñen que facer. Segundo recolle a web de TEGA http://www.terra-galega.org Gato xustifico a súa afirmación en qe o bloque non mira polos inereses do país senón polos seus propios, e nese senso penso que está bastante claro que ao BNG cada día lle sobra máis o N.
Ánimo ao xente decente te Terra Galega, desfacédevos canto antes de Padins e Tobíos que non fan máis que enlixar un futuro que parece prometedor. A ver se desta Galiza conta dunha vez cun partido nacionalista serio, digno herdeiro do ancionalismo democrático, progesista e liberal do histórico PG hoxe manchado por personaxes ainda máis indesexables que os que quixeron desfacer Terra Galega.
"con xente da talla política de Soto, Carlos Marcos, Corcoba, Cacharro ou Rivas Fontán"
Grandes defensores da Galiza e grandes nacionalistas, a quen queredes enganar?
A todos os meus fans(!) entre os que boto de menos a certo "spammer": eu o de Terra Galega míroo desde fóra, e non podo deixar de escachar á risa... se se tratara dunha película ben podería ser "Trading places" (en castelán traduciuse como "Entre pillos anda el juego") ...eu xa nin entro a valorar que Terra Galega sexa ou non outra cousa ca un proxecto sen máis ideario ca ser o lobby para a defensa de intereses inmobiliarios (será por iso o de "Terra"?). Tampouco entro a valorar se o caudillo "indiscutíbel" desa organización escoulleu un títere de similar catadura para manexar a seu gusto, e este saíulle respondón... por iso sorpréndeme da vosa inxenuidade, mesmo parece que realmente pensades que estades a formar parte dun partido serio e democrático!
O que sí entro a valorar (quizáis iría ben como carta ao director) é que cando menos, Vieiros debe informar de forma veraz e obxectiva, e non obligar a que o lector crítico teña que tomarse a molestia de apuntar as incorreccións flagrantes na redacción do título e do texto da información, á vista dos feitos. Para ler comunicados de prensa das partes e a súa tendencia xa podo acudir ás súas respectivas webs (ou aos seus xornais oficiosos) para formarme unha idea.
Eu non poido facer outra cousa mais que sentirme satisfeito polo auto xudicial. E obvio que hai moitas cousas ainda que hai que aclarar e limpar por dentro, pero creo que e bo para Galicia e para o nacionalismo galego en xeral que haxa unha forza que poida servir de ponte coas clases medias e burguesas comprometidas co pais e asi ocupar o espazo de centrodereita dende unha optica estritamente galega. Sexamos sinceros: eu non tenho ningunha dubida do nacionalismo do BNG pero estou convencido de que co seu discurso de esquerdas nunca chegara a certos sectores da sociedade galega, polo tanto, canto maior sexa o sector da sociedade que se poida sentir representado por unha forza de obediencia galega, mellor.
Queria facer outro comentario a titulo persoal, e sen animo de que ninguen se sinta ofendido; algun dos que nos critica nesta lista de mensaxes foi companheiro de partido meu e dalguns dos que estan escribindo aqui non hai tantos anos, e sabe que o noso nacionalismo galego esta fora de toda dubida. Agradeceria que o debate, de aqui en adiante, se basease nas ideas e non tanto nos personaxes que os hai bos e malos en todos os partidos (como non, tamen en Terra Galega, pero tamen no BNG, no PSOE e no PP). Cometemos un erro ao confiar no senhor Padin ao primeiro, pero isto non nos ten que hipotecar para sempre.
Un saudo.
"Que fale o Xoán Gato de pseudonacionalista ao BNG é de risa", home coido que Xoán Gato estivo no xermen do BNG e saíu del por discrepancias, pode que non teña razón pero el estivo dentro do bloque e poderá falar.
Insisto, non lles vou votar pero que acaden representación sería algo bo para o país.
Vou estar dacordo co amigo Anti.Lusista nalgo. Malia ao que escribín onte é certo que o nacionalismo do BNG está fóra de dúbida, o que xa dubido máis é do naconalismo dos seus dirixents actuais xa que parece que prefiren poltrona a nacionalismo. Ademais non me negarás que certas procdementos d Bloque no goberno lembran moito a époa de Manuel Fraga: amiguismo, subvencionismo a disscreción, bailoteos cos vellos (esta ben facerlles festas pero non facer o ridículo ara comprar o seu voto) etc...
en canto a Xoán Gato, estivo no PSG dende a súa fundación, participou en UG e nos sindicatos nacionalistas da época, e sempre mantivo boa relación cos sectores do BNG contrarios á UPG, incluídos varios achegamentos con Beiras, co que mantén boas relacións, hai uns 10 anos para se integrar no BNG sempre que este fose quen de poñer no seu sitio á UPG. De feito, Gato pediu en varias ocasións dende Uniade por Narón o voto para o Bloque (para Beiras nas autonómicas e para Camilo nas europeas, nunca para Paco Rodríguez nas xerais, iso por descontado). Que pasou entón, que ao final demostrouse a teoría de Gato de que no Bloque é imposible facer nada sen contar cos ditadores da U, comezando por Paco Rodríguez, e non hai máis que ver como acabaron xente da talla política de Beiras (quen obtivo os máximos resultados electorais para o nacionalismo galego, lonxe da miseria que agora por casualidade o levou á Xunta) ou o amigo Camilo Nogueira, ambos defenestrados por non comungar coas rodas de muíño da UPG. Ao fnal demostrose que Gato era máis listo e xa vía que con estes stalinistas era mellor non mesturarase.
En canto a personaxes indesexables,é certo que os hai en todas partes, pero se TEGA sae desta de seuro fará limpeza e asentaá o seu proxecto sobre a base de xente seria e traballadora deixando fóra aos mafiosos que estiveron detrás deste intento de golpe de estado interno. Tamén estou seguro de que as posibles conversas con outro partidos non van incluir a personaxes coma Carlos Márcos, toda vez que esa xente era afín a Padín, ou polos menos iso saiu publcado nos medios en varias ocasións, e non o poño endúbida porque as ratas xuntande coas ratas.
a ver se desta vai e o nacionalism galego se normaliza dunha vez para que nacionalistas socialdemócratas e de centro-dereita poidan deixar de votar co nariz tapado a PSOE ou PP por non teren unartido propio que deenda os intereses deGaliza dende unha óptica moderna, aberta e tolerante que hoxe é be diícil dende o BNG polo secuesro oa que o teñen sometdo os upegaios.
O " super-nacionalista" Xoán Gato, lémbro-lles meus queridos, está a governar có PP en Narón. Ostiá co nacionalismo!! Non hai moitas máis voltas que lle dar ao tema.
O "super-nacionalista" BNG, lémbro-lles meus queridos, está a governar na Bola (Ourense) cunha alcaldesa (Teresa Barge Bello) que hai poucos anos aínda era militante e concelleira do PP. Ostiá co nacionalismo!! Non. Tampouco hai moitas voltas que lle dar ao tema se medimos a todos coa mesma variña
Xoán Gato non é nacionalista porque goberna co PP, vaia co razonamento, supoñ que CIU serán españolistas puros xa que gobernan media Catalunya co PP e sen embargo son socios do BNG e Quin desfruta sacando fotos con Mas e Durán.
Pola vosa teoría entón Gato cando gobernou co BNG sí era nacionalista, non? E cando pediu o voto en reiteradas ocasións para Bloque, que era? Se é tan malo non cre que xente pura e sen mancha coma osseñores do Bloque permitisen que pedise o voto para eles, de contra sepre tentaron que o fixese, por algo será.
Xoan Gato é un nacionalista de pro, un home que com di sempre ten o soño de ver a Galiza gobernada por si mesma e fai todo o posible dá a día para que isto sexa unha realidade moi pronto.
O " super-nacionalista" BNG, lémbro-lles meus queridos, está a governar có PP en Ribadeo. Ostiá co nacionalismo!! Non hai moitas máis voltas que lle dar ao tema.
Paréce que ao Bloque lle medran os ananos. Se o argumento para descualificar a Gato é ter pactado PP non hai máis onde rascar. Están todos na mesma situación.
Olá boas
Non son eu quen saca as comparanzas có bng
Pode ser que sexan o bng e a upg culpábeis dos desencontros no POG, UG, PSG-EG... até a criación de unidade por narón
e, tamén das liortas de tega...
Discrepanzas internas hainas en todas as organizacións e parece que a solución ás de tega pasan polo ataque ao bng
Estades a dicer "certos procedementos do bng no governo lembran a Manuel Fraga, amiguismo....", " as contratacións do bng... ", neses temas U.N. e especialmente especialista, sabedes de que falades.
Agardo, de verdade, que o voso "caudillo" atope dunha vez o seu sitio, e que á fin todos vós o atopedes con él.
Un saúdo.