Acusan a empresa de arramplar con 80 hectáreas de bosque indíxena protexido para plantar eucaliptos.
De costas á lexislación e sen coñecemento do Ministerio de Agricultura e Pesca, o grupo Ence arramplou con 80 hectáreas de monte centenario e protexido na área de Paysandú, en Uruguai, coa fin de despregar unha plantación de eucaliptos no lugar. Por riba, e co presunto obxectivo de agochar a acción, as empresas vencelladas ao grupo queimaron os restos en gabias abertas no terreo.
O acontecido foi descuberto polo grupo ecoloxista Guayabira, que recolleu probas e testemuños e puxo o caso en coñecemento das autoridades. Logo da denuncia, o goberno uruguaio descubriu que Ence aproveitara outros permisos para realizar talas en diversas zonas sobre as que se lle advertira que eran áreas que debían ser conservadas. Por este motivo, o Ministerio de Agricultura decidiu suspender temporalmente as actividades da empresa.
O caso é agora denunciado tamén polo colectivo Greenpeace, que une a súa voz ao grupo local Guayubirá, desde onde advirten que as 80 hectáreas detectadas poderían ser apenas "a punta do iceberg" e advertindo de que podería haber outras 300 ou 400 hectáreas afectadas no contorno do río Queguay.
A ilegalidade denunciada en Uruguai chega ademais pouco despois de que a empresa certificadora responsábel da concesión a Norfor, filial de Ence, do selo de xestión forestal sostíbel atendera ás evidencias e decidise suspender o certificado concedido baixo os principios do Forest Stewardship Council (FSC) debido á "mala xestión" forestal da empresa non a facía merecedora.
Quen creían que eran os ENCE? Só fai falta vir a Galiza para ver a desgraza que aquí fixeron. Claro que os Fraga Boys aquí deixaron facer e os galegos e galegas estabamos ausentes, uns no exilio exterior e outros, a maioría, no interior.
Merda! ... se não lhes deixam em Uruguai virão a polas Fragas do Eume....
A can flaco todo son pulgas. Outra verdade coma un mundo. Probe país e probe xente. Non saben o que lles cai enriba.
Ence incumprindo a lei? Iso é imposibel, pq até sacaron anuncios na Voz cun raposiño nun campo de herba verde...tan natural e ecoloxista!
Que si señores...que si...son piratas. Van lonxe para destruír e degardar e contaminar. O URUGUAI é país gandeiro e o eucalipto coma se sabe é pan para hoxe e fame para mañá. Ademais aquela zona ---que eu coñezo--- é das mellores en calidade da terra. As estancias en Río Negro (para gando vacún)teñen prezos máis altos que noutros lugares pola súa boa herba e humidade. ENCE foi alí pola proximidade ao río Uruguai. A concesión vén dun goberno de dereitas (colorado e coimero, calro está) e agora o honrado FRENTE AMPLIO ten que tragarse o "marrón",