Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
GALIZA NON SE VENDE

Tambores contra o plano acuícola

O Consello da Xunta aproba o plano acuícola malia a oposición de colectivos veciñais e ecoloxistas, que o consideran insostíbel e destrutivo.

Redacción - 14:25 28/08/2008

Mentres o Consello da Xunta lle daba o visto e prace ao plano acuícola, os manifestantes encheron as portas de San Caetano do ruído dos sons dos tambores. Tampouco faltaron as consignas: "Galiza non se vende", "A mellor acuicultura é a pesca de baixura" ou peticións de dimisión para Emilio Pérez Touriño foron algunhas das proclamas. Na convocatoria estiveron presentes entre outras as plataformas veciñais de Oia, Corrubedo, Seráns, Quilmas, Arou, Camelle e Xove, ademais do colectivo ecoloxista Adega, agrupados todos baixo a rede Galiza Non se Vende. Un cento de persoas expresaron así a súa oposición ao proxecto, do que din que suporá cementar uns tres millóns de metros cadrados e encher con quilómetros cúbicos de verteduras as nosas augas.

Os manifestantes reiteraron o seu rexeitamento a pór a costa galega en mans das multinacionais contaminantes e alertaron de que na posta en práctica deste plano supón a invasión do 3% do espazo da rede natura. Ante a aprobación do proxecto por parte da xunta, os diferentes colectivos adiantan que manterán as súas mobilizacións e que esgotarán todos os recursos legais para impedir a súa realización.

Consello da Xunta
Pola súa banda, Emilio Pérez Touriño considerou ao remate do Consello de Goberno que este é "o mellor plano acuícola" para o sector. Asegurou que se deu resposta ás demandas presentadas e que aposta polo coidado do contorno natural e paisaxístico de Galiza. Neste sentido, subliñou que ningunhas das novas instalacións se situará en espazos da Rede Natura e que mentres o anterior plan prevía unha afección próxima ao 28% da superficie, o novo documento redúcea, dixo, ata un 1,8%.

O documento final contempla un total de 24 parques de acuicultura: 5 na provincia de Pontevedra, 12 na da Coruña e 7 na de Lugo. 11 deles correspóndense con ampliacións de plantas xa existentes e os 13 restantes son novas edificacións. O seguinte paso agora é desenvolver os planos sectoriais.

Os produtores de rodaballo aplauden a aprobación


Ligazóns

4,56/5 (9 votos)

Comentarios (9)

signatus #1 28/Agosto/2008 signatus
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O texto da nova contradi as images que a acompanham, nas que se pode comprovar que assistírom mais organizaçons das que se di: havia umha faixa da Rede Galiza Non Se Vende, dous estandartes d'A Ria Non Se Vende e duas faixas de Verdegaia. Sesgo Vieiros?

eliberal #2 28/Agosto/2008 eliberal
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O Goberno bipartito está a ser toda unha estafa. Toda unha decepción. Tanto os socialistas como os nacionalistas deixaron ben claro que non están dispostos a recapacitar e rectificar na súa postura respecto do plan acuícola.

E que non veñan os do BNG dicindo que eles aproban as cousas a regañadentes… señores antes no Parlamento cando tivo lugar o debate da iniciativa do deputado Balseiro para cargarse a piscifactoria que nos queren montar, e hoxe no Consello da Xunta, está moi claro en que lado se situaron: Lonxe duns pobos que loitamos pola supervivencia, polo respecto ao noso territorio, ao noso patrimonio medioambiental. Sepultados baixo centos e centos de quilos de formigón.

Ese é o verdadeiro Goberno do cambio… do cambio a peor .

UnDeTantos #3 28/Agosto/2008 UnDeTantos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Signatus,funcionache mal o pc ou algo así? Digoo máis que nada porque aí á dereita arriba no vídeo se be ben clariño Galiza non se vende e a Ria non se vende. Ou queres que enchan isto de fotos?

UnDeTantos #4 28/Agosto/2008 UnDeTantos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E ti,el liberal,vaite para medios de información liberais que seguro que aí escoitas o que queres oir.... Manda carallo que ainda tenhades queixa deste governo. Manda carallo. Despois de 16 anos de fragismo non sei que esperabades. Pechar as fronteiras,ou algo así... en fin.país

signatus #5 28/Agosto/2008 signatus
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#3 UnDeTantos, no texto da nova punha "Na convocatoria estiveron presentes entre outras as plataformas veciñais de Oia, Corrubedo, Seráns, Quilmas, Arou, Camelle e Xove, ademais do colectivo ecoloxista Adega" ao que após o meu comentário se engadiu "agrupados todos baixo a rede Galiza Non se Vende", o qual nom é certo, já que ADEGA nom fai parte da Rede, como tampouco Greenpeace (a pesar de colaborar), que tamém participou, acho.

maraghota #6 28/Agosto/2008 maraghota
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

"plano acuícola" aqui, "plan acuícola" ali: http://www.vieiros.com/nova/68.... que confusau!

Tarelo #7 29/Agosto/2008 Tarelo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Están vendendo o pais cun descaro ... . . . Un de tantos ti coherente co teu nome, eres un detantos embobados e autocompracidos co caciquismo reinante

Carlinhos #8 29/Agosto/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Quiçá o bombo seja melhor do que o tambor. Aos bombistas parez que lhes dam mais publicidade do que aos tamborileiros.

Vakaloura #9 31/Agosto/2008 Vakaloura
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Simplesmentes dicer que podedes ler o atinado artigo de Manoel Santos (GH),31.08.2008. Quitaravos de moitas dúbidas. ¡Sorte!...e que Deus nos pille confesados.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: