Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Eleccións en EUA

McCain elixe a gobernadora de Alaska como candidata a vicepresidenta

A elección de Sarah Palin supón unha sorpresa xa que un dos principais favoritos era Joe Lieberman, candidato con Al Gore en 2000.

Axencias - 17:25 29/08/2008

O aspirante republicano á Casa Branca, John McCain, elixiu este venres a gobernadora de Alaska, Sarah Palin, como candidata á Vicepresidencia do goberno de Estados Unidos nas eleccións do 4 de novembro, segundo adiantou a cadea de televisión CNN.

Palin, de 44 anos e gobernadora dende 2006, é unha descoñecida na area política nacional. Convértese deste xeito na segunda muller en alcanzar a candidatura á Vicepresidencia de EUA logo da demócrata Geraldine Ferraro en 1984.

A elección de Palin supón unha sorpresa xa que todo apuntaba a que McCain e o seu equipo se decantasen polo senador independente Joe Lieberman (candidato á Vicepresidencia co demócrata Al Gore en 2000), o gobernador de Minnesotta, Tim Pawlenty (que este mesmo venres se descartou) ou o ex gobernador de Massachusetts Mitt Romney.


0/5 (0 votos)

Comentarios (1)

Clausewitz #1 5/Setembro/2008 Clausewitz
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Agora que a Convención Republicana está rematando, destacaría a forte represión a que foron sometidos os medios de comunicación alternativos. A policía e o alcalde pretenderon asentar a doutrina de que a liberdade de expresión é un dereito exclusivo dos seus aliados nos medios de comunicación dominantes. Mentres a nova xeración de medios alternativos, moi activos grazas a Internet, foron tratados como auténticos criminais.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete