Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
VOLTA AO CHOIO

A síndrome postvacacional, unha andrómena

Segundo os expertos, o malestar que se produce ao volver ao traballo só é un proceso de adaptación, e pódese aliviar.

Redacción - 11:05 01/09/2008

Cando chega setembro e, para moitas persoas, a volta ao traballo, os medios de comunicación bombardéannos coa chamada "síndrome postvacacional". Pero de verdade existe esta doenza? Segundo moitos especialistas, non.

Para os expertos, esa síndrome é un mito e só supón un proceso de adaptación aos cambios. Segundo publica El País, as persoas consultadas aseguran que é "un agravio comparativo" comparar a volta das vacacións cunha depresión, como Enric Álvarez, xefe de Psiquiatría do Hospital de Sant Pau de Barcelona. Os especialistas consideran que é normal estar triste por volver a traballar despois de ter gozado das vacacións.

Só sería patolóxico se os síntomas se prolongan no tempo e se unha depresión real se oculta detrás da volta ao traballo. Porén, hai institucións preocupadas por esta síndrome, como o Concello de Valencia, que impartirá un curso de prevención contra os estados da volta das vacacións.

Aínda que non é unha patoloxía, si hai métodos para evitar estas molestias. Dividir as vacacións para ter períodos de descanso ao longo do ano, realizar actividades que permitan desconectar do traballo e concienciarse á volta das vacacións están entre os consellos que achegan os expertos. Ter un emprego onde se estea a gusto tamén inflúe positivamente.


3.67/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: