Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
SEN FÍOS

Recompilan os accesos de balde vía wi-fi do país

Usuarios galegos están a incluír en mapas todos os lugares onde se pode acceder á internet libremente mediante dispositivos portátiles.

Redacción - 19:10 02/09/2008
Detalle do mapa cos locais con wi-fi da Coruña

Detalle do mapa cos locais con wi-fi da Coruña

Un usuario compostelán decidiu colocar nun mapa todas as zonas con redes wi-fi abertas da capital do país. Xosé Manuel Rodríguez di que se interesou polo tema des que mercou un reprodutor de mp3 iPod Touch, dotado de conexión sen fíos. Pero o seu mapa non é o primeiro que se crea. Outro internauta, alcumado Spaviladiyo, xa dispón doutro con datos de localizacións por toda Galiza.

O mapa do país xorde doutra iniciativa colaborativa na wiki de Chuza, que pretende recompilar todos os locais con wi-fi, aínda que ultimamente está un pouco parada.

Estas iniciativas están abertas á colaboración da comunidade internauta e, unidas ás conexións sen fíos de particulares que desexen compartir o seu acceso á rede, poderían servir para que calquera persoa cun dispositivo móbil poida ter a súa saída á internet dende calquera punto de Galiza ao que se desprace.


4.56/5 (9 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: