Os científicos descubriron que un xene que protexe da infección practicamente non existe nas áreas que formaron parte do Imperio Romano máis tempo.
Unha investigación da Universidade da Provenza, publicada pola revista New Scientist, asegura que os pobos que formaron parte do Imperio Romano son máis vulnerábeis a contraer o VIH, virus que pode provocar a sida.
Segundo os investigadores provenzais, nos territorios que dependeron de Roma hai case dous milenios, é menos habitual unha variante xenética que protexe contra o virus. Esa zona inclúe a área mediterránea e mais Inglaterra. O equipo da universidade atopou unha relación entre a frecuencia da variante e os límites do imperio.
Ademais, as zonas que estiveron máis tempo baixo goberno romano, como Italia, Grecia ou o actual Estado Español, contan só con entre o 0 e o 6 por cento de frecuencia do xene CCR5-delta32, que protexe parcialmente fronte ao VIH.
En territorios nos bordos do imperio, como Alemaña ou Inglaterra, a taxa anda entre o 8 e o 11,8%, mentres que en países que nunca foron romanizados, a prevalencia é máis alta.
Segundo estes investigadores, a diferenza xenética non se debe á descendencia que tiveron os soldados romanos coa poboación local, senón máis ben a algún tipo de infección introducida por eles á que a xente co xene era especialmente sensíbel.
Porén, non todos están de acordo. Científicos da Universidade de Liverpool concédenlle este papel á Peste Negra, que provocou numerosas mortes en Europa durante e despois da invasión romana. Suponse que a xente con esa variante xenética que a fai máis sensíbel ao VIH facíaa, pola contra, máis resistente á peste.
Está noticia é mala de carallo, hai moitos cientificos que din que non existe ningún virus que se chame VIH, senón que a SIDA é causada por toxicos como as drogas, non por virus. Entón mentres non se demostra a existencia do suposto VIH, non existen pobos "sensíbeis" ou non a determinado virus hipótetico.
A torre de Hércules e as muralhas de Lucus: Patrimonio da "VIHumanidade"
Parece-me umha chorrada das que às vezes fam os cientistas pouco sérios. É como aquela que dizia de meteres a cabeça no forno e os pés no congelador: temperatura meia corporal ideal.
No caso de que o primeiro salto for acertado (gene e mapa) faltaria ligar o segundo (mapa e que outro sucesso da história, vegetaçom, genética, ambiente, etc é semelhante)....
Parece que a estupidez trata de desviar a atención do grave problema có SIDA causa en África.
Dentro de pouco estes mesmos científicos hannos de sorprender a todos cun estudo que revele que eses mesmos pobos mailos americanizados son máis propensos xeneticamente a morrer de fame.
Inglaterra e GALES devem dizer...
...polo demais concordo totalmente com o sinalado polo Bertus...E vergonhento que se adiquem a perder o tempo com estatisticas deste tipo no canto de se ponher os meios que fam falha pra aliviara situaçom alo onde mais seres humanos estam a sofrer
HA HA HA HA HA HA HA HA HA HA,... eu tenho muitos estudos que afirmam que os mais "propensos" a colher a sida som os que menos fodem, sem ter em conta o lugar de nascimento ou defunçao. simplesmente, se fodes uma vez, tes SIDA seguro, se duas vezes, menos probabilidades, se tres, poucas ... e se cuatro (quatro) OU CINCO quase nenhuma. se fodes seis, sete, oito vezes (o mais que poidas), nom tes SIDA nunca.
"Está noticia é mala de carallo, hai moitos cientificos que din que non existe ningún virus que se chame VIH, senón que a SIDA é causada por toxicos como as drogas, non por virus. Entón mentres non se demostra a existencia do suposto VIH, non existen pobos "sensíbeis" ou non a determinado virus hipótetico."
Sen ofender, pero poder dar unha fonte fiábel para esta afirmación. Contodo, concordo con que a nova é ben estúpida.
Moitos cientificos e moi bos negan a existencia do VIH, entre eles Kary Mullis (Premio Nobel), Peter Duesberg, Stefan Lanka, Kremer ou Roberto Giraldo, todos eles cientificos de primeira liña mundial. Se buscas no google estos autores xunto coa palabra VIH, atoparas traballos onde se explica a fraude do VIH=SIDA.
A credibilidade duma fonte depende da tua posiçom ideológica, nunca srá a mesma confiança a que tenha um homem de esquerdas no ABC que a que tenha um de direitas. Há prémios nobel que nom acreditam na tese HIV = Sida. Kary Mullis, por exemplo, é um deles, ele descobriu a estrutura molecular do ADN, se quereis saber quem é este tipinho. Outro que foi candidato ao NObel, aínda que nom lho outorgaram, é a máxima autoridade em retoviruses, ele cháma-se peter Duesberg, e é um científico com todas as acreditacións possíveis. A lista de disidentes é muito grande, nom vaiades crer. Passa que a industria farmacéutica tem um pode enorme e controla grande parte, por sponsorizacions, da imprnesa científica e geral, assim como grande parte das universidades, com o resultado de que estes "herejes" som calados e dificilmente encontram uma canle para debater seus achádegos.
Outro disidente é o Primeiro Ministro da República Sudafricana: Thabo Mbeki.
Non tiña nin idea de que se negara a existencia do VHI. Polo que mirei os que a negan din que é porque non se pode aillar o virus. Pero iso non nega a súa existencia. O caso é que só se poida evidenciar mediante o seu aillamento.
Algo escoitara de que non está demostrada a causación do VHI ao SIDA, pero isto o recoñecen os que defenden tal causación. Tamén está recoñecido por estes mesmos que ser portador do VHI non significa ser enfermo de SIDA. Sen embargo, os defensores da causación din que, inda sen saber como se produce, hai indicios no feito de que todo enfermo do SIDA é portador do virus. É dicir, a defenden por motivos estadísticos máis que estrictamente científicos. A cuestión é que grao de evidencia pode ter a detectacción dun virus que non se pode aillar. Algún científico tería que explicar isto.
Por outra parte, que en África haxa máis infeccións por causa das precarias condicións sanitarias e nutritivas, como sostén Thabo Mbeki, é algo que non negan os que recoñecen a existenca do VHI e que din que ten que ver coa causación do SIDA.
Tamén lin que a teoría do VHI está sustentada pola industria dos condóns (ben caros por certo), pero o que non hai, de momento, é ningún científico que negue a sífilis e os preñados non desexados.
Há-che ser isso; os pobres pretinhos nom foram romanizados...
Isso de negar a existência do VIH é cousa de progres, por terem escusa para foderem com qualquer um sem usarem condão. Claro que como o VIH não tem relação nenhuma com a SIDA, e nem as drogas —de que fala Mullin— são malignas porque liberam a mente, depois os tais progres morrerão, ora não pela SIDA, mas pelo efeito placebo de pensarem que têm a SIDA após o diagnóstico dum doutor imbuído na ideologia científica dominante — é o poder da auto-sugestão: as filosofias orientais falam disto.
Varios deses informes q negan a existencia do virus ou achacan a Sida á alimentación e forma de vida están cheos de terxiversacions, mal informados, baséanse en atacar ás investigacións vixentes en lugar de dar as súas propias explicacións, e están cheos de prexuízos, insultos e demais improperios sen base científica nin nada q se lle pareza.
Eu non sei q buscan eses supostos científicos anti-sistema, pode q teñen algo de razón, pero nunca lla van dar se seguen polo camiño de descalificar e non dar DATOS, nin contrarrestar as investigacións feitas con outras q as contradigan.
Negar a existencia do VIH e da Sida é un suicidio e unha mala prática q pode levar a miles de persoas a confiarse e infectarse por seguir a un iluminados.
En calquera caso, descoñecía completamente este debate así que grazas polas informacións dadas