Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Tag: investigacion

13/Xullo/2008 /

O goberno español rexeita regulamentar a situación dos investigadores

Os bolseiros non teñen prestación por desemprego, xubilación, riscos laborais, vacacións...


17/Xuño/2008 /

Steiger e Engelberg lanzan en EEUU unha web de xornalismo de investigación

Con historias orixinais, ligazóns a outros medios e un novo 'Monitor de Escándalos'.


Comisión de investigación parlamentaria
4/Xuño/2008 /

O PPdeG tilda de "comedia" o ditame da comisión da axente electoral e ameaza con acudir á Xustiza

Unha vez vista "a porta da cova de Ali Babá", os 'populares' non pararán até "desenmascarar os 40 ladróns".


Vacas rumiando
8/Xuño/2008 /

Un grupo de investigadores de Lugo descobre un substituto para os antibióticos do gando

O traballo determina que o ácido málico pode evitar as infeccións dixestivas dos ruminantes.


21/Maio/2008 /

A presunta axente electoral do PSdeG di que traballaba ás ordes do alcalde de Muxía

A deputada socialista Marisol Soneira insiste en que as acusación teñen orixe nunha montaxe do PPdeG.


Carlos Pajares
17/Abril/2008 /

A Consellaría de Innovación premia o labor investigador de Carlos Pajares

A distinción a novos investigadores recaeu conxuntamente no químico Miguel Anxo Correa e no enxeñeiro en telecomunicacións Roberto López Valcarce.


Cacharro Pardo
9/Abril/2008 /

O fiscal xefe de Lugo denuncia que a investigación por fraudes na Deputación pode prescribir

Xacinto Vilavilla precibe “certo abandono” na causa que investiga irregularidades en expedientes de obra.


Carlos Aymerich
7/Abril/2008 /

O BNG critica que Presidencia arquivase o caso da axente electoral

Pide que se investigue "até o final" e que PSOE e PP demostren a súa "vontade de reformar" a lexislación.


19/Marzo/2008 /

A realidade de nove de cada dez investigadores: ou "tirar a toalla" ou "bolseiro eterno"

O colectivo Precarios Galicia considera que "nin se motiva a xente a investigar" nin se recoñece o traballo que desenvolven.


18/Marzo/2008 /

A OCDE abre o Wikipedia das desigualdades home-muller

Os internautas están convidados, desde fai algúns días, a enriquecer unha nova base de datos mundial sobre as desigualdades entre homes e mulleres


12/Marzo/2008 /

Científicos nipóns xeran riles e páncreas en ratos con células nai

O proceso levouse a cabo mediante a inxección das células embrionarias.


7/Marzo/2008 /

Unha máquina que adiviña o que o cerebro ve

Un aparello de imaxes médicas funcionais acoplado a un ordenador permite saber que imaxes son vistas polo cerebro.


4/Marzo/2008 /

Científicos de EEUU descobren unha proteína que detén o crecemento do melanoma

Podería aplicarse como unha nova quimioterapia contra o cancro de pel e tumores de colon, ovario e pulmón


22/Febreiro/2008 /

Investigadores franceses elaboran unha goma que cicatriza soa

Unha fibra elástica capaz de pegarse espontaneamente despois de ter sido cortada, por simple presión das dúas beiras


30/Xaneiro/2008 /

Un xulgado de Compostela reabre a investigación sobre a Cidade da Cultura

A decisión é consecuencia das conclusións da comisión parlamentaria celebrada a finais do ano pasado.


16/Xaneiro/2008 /

Indicios de "responsabilidade contábel" na xestión do Gaiás até 2005

Malia as pegadas atopadas, a Fiscalía do Tribunal de Contas sinala que levará meses resolver se "realmente existe delito".


14/Xaneiro/2008 /

A Asociación Estatal de Investigación da Comunicación constituirase en Compostela

Do 30 de xaneiro ao 1 de febreiro desenvolveranse unhas xornadas coa presenza de expertos internacionais.


2/Xaneiro/2008 /

Scotland Yard participará na investigación do asasinato de Bhutto

O presidente Musharraf autoriza a chegada de axentes británicos para que acheguen datos de quen está detrás do atentado.


21/Decembro/2007 /

Dous de cada tres adolescentes desafóganse na rede

O 64% dos usuarios americanos entre 12 e 17 anos que utilizan internet participan alomenos nalgunha das múltiples maneiras de crear contidos na rede


8/Decembro/2007 /

As irregularidades urbanísticas en Mugardos xa foran expostas na comisión de urbanismo

Os grupos da oposición critican a presunta "sorpresa" do alcalde pola acción xudicial. O rexedor deberá agora dar explicacións no xulgado para determinar as posíbeis responsabilidades por acción ou omisión.