Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EMERXENCIA HUMANITARIA

Haití: Despois do 'Hanna', máis morte e miseria

A policía haitiana atopou xa perto de cincocentos corpos sen vida. Máis de 600 mil persoas non poden acceder a auga potábel e a alimentos.

Redacción - 11:30 06/09/2008

A tormenta tropical 'Hanna' provocou o caos no norte de Haití. As autoridades do que está considerado o país máis pobre de toda a América, recoñeceron este sábado que as consecuencias do 'Hanna' foron dramáticas. A policía atopou perto de cincocentos cadáveres na cidade de Gonaives, especialmente afectada polas inundacións. Porén, os propios axentes recoñecen que a cifra pode aumentar nas vindeiras horas, xa que está a baixar o nivel da auga que nalgunhas zonas acadou os cinco metros de profundidade.

O goberno haitiano non é quen de facerlle fronte á situación. Polo de agora, a ONU xa adiantou que prepara un plan de emerxencia para atender ás 600 mil persoas que levan catro días sen auga potábel nin alimentos.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: