Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CAMBIO

O viúvo de Benazir Bhutto, Ali Zardari, é o novo presidente de Paquistán

Substituirá ao xeneral Musharraf á fronte dun país ancorado nunha interminábel espiral de violencia.

Redacción - 14:15 06/09/2008
Tags:

Oito meses despois do asasinato da ex primeira ministra Benazir Bhutto, o seu viúvo, Asif Ali Zardari, chega á presidencia de Paquistán. Segundo os primeiros datos, Ali Zardari logrou 281 votos das catro asembleas provinciais fronte aos 111 que obtivo Saeeduzzaman Siddiqui. Ali Zardari, que no seu momento estivo encadeado por presunta corrupción, substitúe no cargo ao xeneral Musharraf que dimitiu o pasado 28 de agosto.

Mais a xornada non foi tranquila. Nas aforas de Peshawar un coche bomba edeixou doce mortos e múltiples feridos.

Poden ampliar esta información aquí:


5/5 (1 votos)

Comentarios (1)

Clausewitz #1 6/Setembro/2008 Clausewitz
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Realmente preocupante a situación que se está a debuxar en Afganistán e Paquistán.

1. Asif Ali Zardari é o representante dunha dinastía que volve ao poder. Unha dinastía que xa antes deu mostras da súa incapacidade e corrupción. De feito, ninguén pensaría que este home puidera chegar a ser presidente, nin el mesmo.

2. A súa elección suporá a continuación do réxime de Musharraf baixo condicións aparentes de democracia.

3. Sen embargo, o máis preocupante para a situación xeral na rexión está nas incursións que Estados Unidos está facendo en territorio soberano de Paquistán, a última o pasado mércores que custou a vida a vinte persoas, entre eles mulleres e nenos. E xa se anuncia que operacións similares serán habituais no futuro. A administración Bush está facendo todo o posible para estender a guerra a Paquistán, e Obama (como é posible que algunha xente considere aínda que promove políticas utópicas e idealistas?) xa anuncia a súa intención de que a rexión se converta no fronte da guerra contra “o terror”.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: