Máis dun millón de evacuados, chuvias intensas e casas e cultivos arrasados é o balance polo momento. O furacán chega á illa logo de causar 61 mortes en Haití.
Despois de deixar un saldo de 61 mortos en Haití, o furacán Ike chegou a Cuba, onde obrigou a evacuar a máis dun millón de persoas. Deixando tras de si fortes inundacións por mor das xigantescas ondas e das intensas chuvias, o ciclón arrasou casas, tendidos eléctricos e cultivos na zona oriental da illa.
Pouco despois da súa chegada, o furacán perdeu forza e baixou a categoría 2. Agora avanzará por todo o territorio cubano para saír este martes polo noroeste cara ás costas estadounidenses, segundo o último informe do Centro Nacional de Furacáns (NHC) de EUA. Antes, podería afectar ás catro mil plataformas do Golfo de México, que producen máis do 26% do petróleo estadounidense.
No seu avance por Cuba, Ike podería descender a categoría 1 (a máis débil na escala de intensidade); porén, os meteorólogos non descartan que recupere a categoría 3 a medida que se achegue ao Golfo de México.
Un país do Terceiro Mundo, asediado pola única potencia políticoeconómica e armamentística do orbe -ben axudada por tódalas demáis aprendices do Imperio (as do Imperio pequeno U€), e xa sabemos que, salvo algunha desgracia humana, minimizadas pola prevención acostumada de protección á población, o que lle faltaba son estes tremendos estragos, que xa co Gustav foron tremendos, que causou destrozos de centos de hectáreas de cultivos, en centos de escolas e centros de saúde, e noutras infraestructuras telefónicas, eléctricas, e outras. Destruíu ou danou seriamente 140.000 vivendas.
E asegundo o Instituto de Metereoloxía cubano, o anel de ventos furacanados do actual Ike, é extremadamente perigoso, con ventos sostidos de máis de 215 km/hora e rachas moi superiores.
E xa tiñan empezado os arranxos do anterior e estaban socorrendo á población efectada, especialmente en alimentación e abrigo.