Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Íase estrar no Festival de Roma

Berlusconi veta un filme de Oliver Stone sobre Bush

Non é "do agrado" do primeiro ministro da República Italiana. A película narra como o presidente norteamericano pasou de mozo alcólico a dirixir os EUA.

Redacción - 11:35 14/09/2008
Brolin facendo de Bush no novo filme de Oliver Stone

Brolin facendo de Bush no novo filme de Oliver Stone

O novo filme do director estadounidense Oliver Stone sobre os presidente dos EUA, George W. Bush (de título W.), non vai abrir o Festival de Cinema de Roma, como nun comezo estaba programado, posto que "non é do agrado" do primeiro ministro italiano, Silvio Berlusconi, segundo publica o xornal La Repubblica.

O filme, protagonizado por Josh Brolin, narra como Bush pasou de ser un mozo alcólico a presidente dos Estados Unidos. Ía inaugurar o festival romano, o vindeiro 22 de setembro, mais a última hora foi excluído. Segundo lle contou a voceira da axencia británica Dda (que traballa na promoción do filme), Cristelle Dupont, ao xornal italiano La Repubblica, a exclusión foi obra de Berlusconi "gran amigo de Bush", que non estaba contento con que a última obra de Stone se proxectase en Roma. Porén, a axencia decidiu ofrecerlle a proxección do filme ao Festival de Cinema de Londres, onde se poderá ver o vindeiro 23 de setembro.

Ao parecer, as mudanzas na programación do Festival de Cinema de Roma saen do maxín do novo alcalde da capital italiana, Gianni Alemanno, expoñente do partido posfascista Alianza Nacional (AN), quen anunciou, ao chegar ao poder, que no certame se había potenciar a presenza de filmes nacionais. De feito, vaise presentar, entre outros, o filme Il sangue dei vinti, que, dirixido polo italiano Michele Soavi e baseado nun libro de Giampaolo Pansa, conta "os delitos perpetrados polos partisanos tras o final do fascismo e da ocupación nazi". Este feito ha crear polémica.


4/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: