Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MENOS PRESTACIÓNS PARA OS TRABALLADORES

A patronal española pide despedimentos máis baratos "para loitar contra a crise"

O seu presidente, Gerardo Díaz Ferrán, asegurou este xoves en Compostela que é prioritario "flexibilizar" o mercado laboral.

Redacción - 13:00 25/09/2008

A principal organización do empresariado español, a CEOE, destapou as cartas que quere xogar nestes momentos de crise. O seu presidente, Gerardo Díaz Ferrán, asegura que hai dúas “receitas” básicas para combater a crise económica. Por un lado falou abertamente da necesidade de abaratar os despedimento dos traballadores e polo outro da “flexibilización” do mercado laboral. Na actualidade as indemnizacións por despedimento varían entre os 20 e 45 días por ano traballado (segundo a procedencia ou improcedencia da rescisión).

Díaz Ferrán fixo estas declaracións este xoves no marco do XII Congreso Estatal de Empresarios de Transportes, que se celebra en Compostela, e ao que acudiu tamén o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño.


5/5 (3 votos)


Comentarios (10)

Jatopardo #1 25/Setembro/2008 Jatopardo
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

A patronal te unha cara bastante dura. Todos estes anos pasados tivemos que aguantar como se facían de ouro a costa de edificar todo o país e xogaban ao Monopoly mercando eléctricas e entidades bancarias. E por suposto, calaban diante dos numerosos casos de corrupción política-inmobiliaria. Agora que xa non gañan tanto como antes, andan a pedir aos políticos cartos públicos para pagar ás súas aventuras multimillonarias. Agora queren que os traballadores paguen o pato... O peor de todo e que teño a impresión de que os políticos van a acabar cedendo á chantaxe e como sempre, pagarán os máis débiles. Para que a un xubilado lle paguen unha pensión mísera, costa un mundo. Iso sí, hai que ver con que alegría Zapatero vai gastar 3.000 millóns de euros en beneficiar a estes multimillonarios, en moitos casos, corruptos.

Carlinhos #2 25/Setembro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

O mercado laboral globalizado já é tam flexível como as mocas dos "antidisturbios" que assi malham duas vezes (mais enquanto vai e vém, aos galegos e as galegas descansa-nos o lombo).

ecoe #3 25/Setembro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

A quenes temos que flexibilizar é ó capital e á patronal do PC (partido do cemento) responsáveis da profundísima crise que nos inferiron ó mundo.

Deben ser tamén nacionalizados i expropiados todos quenes amosaron as máis outas cotas de neglixencia, todos aqueles que corifearon mentiras tras de mentiras, intentando facerse de ouro mentindo ata o imposible. Os responsables deben ir á chirona por corrupción, malversación de fondos, prevaricacións nas subvencións, etc.

E quenes sigan nas mentiras-caso de estes reincidentes- que paguen na cadea a sua reincidencia nas suas falacias económicas, a todas luces insostíveis baixo calquera prisma da economía científica (ou polo menos comprobada).

pucelano #4 25/Setembro/2008 pucelano
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

creo que o mellor desta noticias e simplesmente non comentala. é absurdo o que propón o siñor este. sen comentarios

Carlinhos #5 25/Setembro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

#3 Ilegalizaçom CEOE!

pampo #6 25/Setembro/2008 pampo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Claro, este viron a nova do despedimento do traballador "Maril" da Semana Verde de Silleda e están "impresionados" ( 200.000 € de nada e aínda vao seguir sendo "amigo" da Semana Verde...
País....

DanielErreCe #7 25/Setembro/2008 DanielErreCe
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Primeiro pide unha paréntese no economía de mercado, o que se traduce á linguaxe corrente en: "goberno, dáme máis cartos que me escarallo (co riso)..." En canto collan a pasta, seguirán despedindo traballadores mentres van de camiño a unha reunión en Río de Xaneiro para especular no novo boom inmobiliario que andan "deseñando".

Pero aínda queren o despido máis barato, e debe ser que o queren gratis total, porque os EREs que están vindo non son precisamente para despediren máis caro, máis ben ao contrario.

Mágoa que ao señor ese da Semana Verde non o poidamos despedir con procedencia sen darle máis que o finiquito. Pero claro, este tipo é dos intocables de Fraga Ness, e iso aínda pesa.

tinho #8 25/Setembro/2008 tinho
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

sí,sí ísto e em resumo o capitalismo e dizer todo para mim nada para vos. com umha politica economica baseada no poder do capital nas mans das mesmas familias-clans po-los seculos dos seculos amem.todo visto co seu beneplacito da UE e gobernos filiais. nem umha agressom sem resposta ATACA O CAPITAL!!

BonKarallan #9 25/Setembro/2008 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Todos a puta rua e krisis resolta.

Manda karalho!! Kacikes do karalho!!

Tarelo #10 26/Setembro/2008 Tarelo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pode que o que pretendan é amedrentar @s pouc@s traballador@s que se lles ocurra pedir o que lle corresponde, para que traguen cas migallas. nem umha agressom sem resposta!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: