Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Irlanda

Edición xestionada por María Golpe
RSS de Irlanda
Segundo a última estatística

Irlanda entra oficialmente en crise

O primeiro país da zona Euro en entrar nun periodo de crise económica de maneira oficial.

María Golpe - 12:45 02/10/2008
A sede do parlamento irlandés

A sede do parlamento irlandés

Irlanda é o primeiro país da zona Euro en entrar nun período de crise económica de maneira oficial, segundo demostran dados publicados hoxe pola oficina central de estadísticas do país (Central Statistics Office).

A economía da República minguou un 0.3% no primeiro trimestre do 2008 e un 0.5% no segundo trimestre do ano, convertendo o país no primeiro da zona euro en entrar oficialmente en recesión. Austin Hughes, economista con IIB Bank, declaraba para o Irish Times que un descenso acusado no nivel de consumo na primeira metade do ano é o principal factor afectando de xeito negativo o crecemento económico do país.

Pola súa parte, o Dail (Parlamento irlandés) comezaba o ‘novo curso’ o día 24 de setembro cun enfrontamento entre o Taoiseach (primeiro ministro) Brian Cowen e o líder de Fine Gael Enda Kenny, que acusou o primeiro ministro de ‘cobarde’ por non organizar un debate parlamentario de dous días para analizar a situación económica.

O nivel de desemprego alcanzou o mes pasado 6.1%, o mais alto nos últimos dez anos. Este e o primeiro período de recesión económica na República de Irlanda dende 1983 e chega tras unha década de boom económico (o fenómeno alcumado como o Tigre Celta), durante a cal a economía do país medrou unha media de 7% por ano- tres veces máis que a media europea.


4.2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: