Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
SOTWARE LIBRE

Programadores galegos encóntranse coa lusofonía a través da internet

Mancomún patrocinou, por segundo ano consecutivo, un encontro de carácter internacional que se emitiu en directo a través da web.

Redacción - 10:00 07/10/2008
Logotipo do encontro

Logotipo do encontro

O Centro de Referencia e Servizos de Software Libre, Mancomún, retransmitiu o pasado venres o encontro de carácter internacional BrOffice 2008. A xuntanza tivo como obxectivo achegar as comunidades lusófonas de software libre e acadar, así, coa unión de esforzos a optimización de obxectivos comúns.

Segundo se informa na web de Mancomún, o evento, grazas a colaboración do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga), puido seguirse en tempo real a través da web. Os asistentes ao acto tiveron ocasión de interactuar coas persoas participantes no resto de cidades conectadas, así como con relatores de prestixio como Louis Suarez-Potts ou Claudio F. Filho .

Roberto Brenlla, convidado pola Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, pechou a retransmisión dende Galiza cunha breve intervención na que valorou a situación actual do software libre na nosa comunidade e na que incidiu no compromiso da Administración Galega na súa aposta polas tecnoloxías libres e abertas.

Mancomún patrocinou, por segundo ano consecutivo, este evento de carácter e alcance internacional no que participaron preto de 2.500 persoas repartidas entre 27 cidades en Brasil, ademais dos puntos en Portugal, Paraguai e Galiza. Cada unha destas inscricións trocaranse por un quilo de alimentos non perecedoiros, atendendo á idea de que a “suite ofimática brasileira libre é alén dunha solución tecnolóxica unha cuestión social”.


3.67/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: