Os líderes de PSdeG, PPdeG e BNG concordaron na importancia do impulso ao autogoberno malia non debuxárense puntos de encontro nas respectivas interpelacións dos partidos que apoian goberno e oposición.
Há uma discução muito estúpida se o nosso idioma nativo se deve chamar Galego ou Português.
Esta estupidez tem afastado muitas elites portuguesas da causa galega.
Não estamos em tempo de dividir esforços....
Que o idioma é o mesmo ninguém tem dúvidas.
Deixem o GALEGO entrar na lusofonia que em todo o mundo todos os povos saberão que o galego existe e é o pai do português.
Agora quem conhece que há um idioma galego? Para além de nós?
Temos de ser inteligentes e ver o curto, médio e longo prazo......
Só escrevendo o nosso idioma nativo sem castelhanices na norma universal temos futuro como galegos..
#1 e a qué ven isto nesta noticia??
Onte no escoitei o debate, maís nos medios o único que salientaron da intervención de Quin foi o tema do estatuto; e penso que agora mesmo a xente está un pouco farta do tema e non creo que esa deba ser unha das direccións cara as eleccións.
Polo menos o que se vendeu é que torito e feixoo falaron da actual situación económica e o Quin adicouse a falar do estatuto como se a crise non fose con él; o BNG ha de demostrar que está capacitado tamén para levar a situación económica do País e ter capacidade de resposta a estes problemas. Evidentemente sen olvidarnos de lingua, estatuto e dereitos sociais...
Ningún partido estatal quere agora un estatuto de nación, seguir insistindo en conseguir un estatuto "de primeira" con eles é de parvos. O que urxe é unha reforma claramente constitucional na que se confirme o traspaso das competencias en breve prazo e un financiamento que recoñeza a débeda histórica, os factores do atraso (envellecemento e dispersión da poboación) e os mecanismos constitucionais para palialos. Insisto na constitucionalidade porque penso que incluso no preámbulo proclamar que unha comunidade é unha nación sen matizar que pertence ademais a unha nación maior chamada España, vai en clara contradición coa afirmación constitucional do artigo 2, que di: "A Constitución fundaméntase na indisoluble unidade da nación española, patria común e indivisible de tódolos españois, e recoñece e garante o dereito á autonomía das nacionalidades e rexións que a integran e a solidariedade entre todas elas." Así pois, a nacionalidade ou nación galega, debe ser compatible coa nación ou patria española no noso estatuto. Con iso si pode estar de acordo PSOE e PP. Pero ese non é o logro principal, como xa dixen. Outro tema é se o señor Quintana & company queren cambia-la constitución española. É posible, pero é difícil.