O parlamentario do BNG, Bieito Lobeira, sinala que esta entidade "deu resultados beneficiosos" para a nosa lingua e critica a "cruzada" e "persecución" á que di está sometida.
O voceiro de Lingua do Grupo Parlamentario do BNG, Bieito Lobeira, denunciou esta cuarta feira unha "campaña de ataque e criminalización" que, segundo asegurou, está a sufrir a A Mesa pola Normalización Lingüística por parte do PPdeG.
A iniciativa parlamentaria presentada por Lobeira recolle que A Mesa é "unha entidade social con 22 anos de historia" que "deu resultados prácticos beneficiosos" para o galego e para a "sensibilización social en materia lingüística". Nesta liña, o parlamentario nacionalista criticou a "cruzada" e "persecución" que está a sufrir A Mesa por parte dos populares galegos, que, dixo, "mesmo chegan a manipular a definición desta entidade, convertendo en 'partidaria' unha plataforma independente, plural e apartidaria". Lobeira referíase ás acusacións lanzadas polos populares a pasada semana, asegurando que A Mesa "coaccionaba e atacaba certos estabelecementos comerciais", polo que propoñían a paralización das axudas públicas recibidas pola entidade.
Finalmente, Lobeira quixo sinalar que dende o seu grupo apostan por "rexeitar e condenar calquera intento de criminalizar a persoas e colectivos que defenden" a nosa lingua con "firmeza democrática".
A Mesa pídelle á Xunta que continúe axudando na galeguización de empresas
Polo seu lado, A Mesa pediulle, tamén esta cuarta feira, á Xunta que retome a concesión de subvencións públicas a aquelas empresas que empreguen o galego coma lingua vehicular das súas actuacións, unha partida de axudas que, segundo asegurou o seu presidente, Carlos Callón, "foi suprimida" polo xefe do Goberno, Emilio Pérez Touriño, "nunha das súas primeiras accións como presidente".
Segundo Callón, a concesión de axudas a empresas aparece no Plan Xeral de Normalización Lingüística (PXNL) aprobado en 2004, que, segundo dixo, "está a se incumprir": "Touriño eliminou esta partida de axudas e mudouno por un macroconvenio coa Confederación de Empresarios que non está dando resultados", revelou, "senón que máis ben é unha mostra do uso fraudulento do diñeiro público". Nesta liña, A Mesa tamén se dirixiu aos sindicatos, reclamándolles a incorporación dos dereitos lingüísticos dos traballadores nos convenios colectivos das empresas.
Os do PPdeG os que non comparten a mesma normativa... Unidade de acción entre galego-falantes a unión ortográfica chegará, pero primeiro axudemos todos oh!
Ninguén debe ser premiado por usar, cando toque, o galego na Galiza. Ninguén debe ser premiado por cumprir coas súas obrigas lingüísticas.
Do que si vos vai sendo hora é de que quen infrinxa o ordenamento en materia lingüística reciba a correspondente sanción.
As axudas económicas ás empresas, ben individualmente, ben a través das súas organizacións, deben desaparecer todas.
O que si debe haber évos un servizo de balde de asesoramento sobre o uso ou usos correctos do galego e outro máis de asesoramento iuslingüístico, representación e defensa xurisdicionais tamén de balde.
Por outra banda, é obvio que o PXNL é unha chapuza antigalega e anticonstitucional (equipara lingua propia con unha das alleas polo simple feito de seren ambas oficiais). Como óbvio é (abonda con lela!) que a Carta europea das linguas rexionais e minoritarias non é de aplicación ás linguas oficiais coma o galego.
E, no que atinxe ós de Galicia Bilingüe e mais ós do PP ou a outros galegoexterminadores, só procede levalos ós tribunais por eventual difamación e denuncias falsas.
Hai campaña, haina. É evidente só hai que escoitar as radios ler algún xornal ou ver a tvg. Falemos galego na rúa e na escocla.
Esta a vista de todos que hai unha campaña galegofoba impulsada polo PP, UPyD, os GB,medios da extrema dereita española e alguns empresarios.
Si, en Galiza hai imposicion linguistica, a imposicion do castelan e o intento de erradicar a nosa lingua (GALEGO) do ensino e de todolos ambitos publicos.
Penso que ista é unha campaña mediática impulsada dende Madrid. No xornal da extrema dereita de Pedro J. di que Bieito Lobeira acusa ao PP de criminalizar a Mesa pola Normalización Lingüística, unha imputación falsa coa que trata de converter en victima unha plataforma que, coa excusa de promover o galego, ataca dereitos constitucionais….case ren de ren!! A aquiescencia do PP ou do PPdG impulsa todas istas barbaridades dos medios galegofóbicos.
Podemos e debemos discrepar sobre moitas cousas que están a ocorrer na nosa Nación Galega, pero niste apartado temos que facer unha fronte común para dicerlles e demostralles a toda ista panda de mesetarios indocumentados que non imos a tolerar máis inxurias a nosa lingua. Haberá e teran que roela!!
PPdG é anti-Nacionalista e espanholista enquanto a Mesa tem feito actos heróicos na defesa da cultura e língua galega numa nação colonizada.
Numa nação ocupada politicamente e culturalmente é normal que quem resista seja atacado e caluniado e vítima de cabalas.
A população galega tem de defender os verdadeiros galegos e opor-se áqueles que estão vendidos a Madrid por interesses particulares.