Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ÚLTIMA HORA

A independentista Giana Gomes queda en liberdade

Fontes de Ceivar confirmaron a súa saída da cadea na tarde deste luns.

Redacción - 19:40 10/11/2008
Giana Gomes nun momento do xuízo celebrado a semana pasada

Giana Gomes nun momento do xuízo celebrado a semana pasada

Giana Gomes, que permanecía na cadea dende xullo de 2005 acusada de colocar unha bomba nunha sucursal de Caixa Galicia en Santiago, quedou en liberdade na tarde deste luns.

O colectivo Ceivar confirmou a liberación da independentista pontevedresa aínda que recoñeceu que até o de agora os datos son moi confusos. A liberdade podería deberse a que a Audiencia Nacional tivese decidido absolvela de todos os cargos que se lle imputaban ou a que a condea que se lle tivese imposto é menor có tempo de estancia na cadea. Familiares e membros de Ceivar prepáranse para acudir esta mesma noite a Madrid, até o presidio de Soto del Real, a recoller a Giana Gomes.

Hai que lembrar que a Fiscalía solicitaba nun principio unha pena de 19 anos de cadea polo atentado contra a entidade financeira e 21 anos para Ugio Caamaño. Este último sempre exculpou dos feitos a Giana Gomes.


4.97/5 (29 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: