Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NO CANTO DO DE ESTRAGOS

A fiscal recúa e fala da posibilidade de que Ugio e Giana sexan imputados por un delito de danos

Este delito ten unha pena asociada de 3 anos, moitos menos dos 15 que terían que cumprir de ser condenados por estragos.

Redacción - 19:40 04/11/2008
Ugio Caamanho e Giana Rodrigues na primeira xornada de xuízo / Imaxe: Galiza Livre.org

Ugio Caamanho e Giana Rodrigues na primeira xornada de xuízo / Imaxe: Galiza Livre.org

No segundo día de xuízo aos dous independentistas galegos, a representante da Fiscalía , Blanca Rodríguez, considerou a Ugio Caamanho autor dun delito de estragos (15 anos), outro delito de emprego ilícito de vehículo (3 anos) e un outro delito continuado de falsidade documental (2 anos), polo que solicita tamén unha multa de 1.440 euros. En canto a Giana Rodrigues, a fiscal pediu que fose condenada por outro delito de estragos e un delito de uso ilícito de vehículo con motor. Porén, Blanca Rodríguez falou da alternativa de substituír ámbolos dous casos de delito de estragos por un delito de danos (que ten unha pena considerabelmente menor, de 3 anos), no caso de que o tribunal "considere excesiva" a cualificación inicial.

Este feito modificaría a condena inicial que se pedía para ámbolos dous independentistas (21 anos para Caamanho e 19 para Rodrigues), de tal xeito que o mozo pasaría a cumprir oito anos de cárcere, e a moza seis.

Segundo día de xuízo
Na mañá desta terza feira, foi lido, ademais, un documento que, supostamente lle tería escrito Ugio Caamanho ao independentista Antón Garcia Matos, Toninho, e que se atopou nun computador que a policía española lle incautou a este último. No escrito, que supostamente redactou Caamanho dende o cárcere, dise que "Aquí hai presos políticos vascos de alto nivel" e exponse a posibilidade de "acordar unha xuntanza con eles para recibir axuda". "Sabedes que nunca nos negaron nada", diría tamén esta carta, no que se acrecentaba a idea de comezar unha campaña en favor da "repatriación de presos políticos galegos".

Porén, o avogado defensor de Caamanho, Endika Zulueta (letrado que conseguiu a absolución de un dos principais procesados no 11-M, Rabei Osman El Sayed, coñecido como O exipcio), pediulle ao tribunal que non tivese en conta este documento, ao tempo que denunciaba a súa "procedencia dubidosa", engadindo que non está acreditado que fose elaborado por calquera dos acusados. Ao tempo, Zulueta denunciou que a suposta carta, escrita en galego, non fora traducida por un intérprete designado pola Audiencia Nacional, senón por un garda civil sen titulación ningunha en Tradución e Interpretación ou Filoloxía Galega e "con intereses concretos na investigación".

Por outro lado, o avogado de Ugio Caamanho tamén defendeu o rexeite ao delito derivado de usar o coche, porque o seu cliente "descoñecía que fose roubado", polo que propuxo unha multa ou a imposición dun traballo á comunidade. Ademais, defendeu que o delito de falsidade non pode ser considerado como continuado, e engadiu que a colocación da bomba non se pode considerar como "estragos" xa que, para isto, debería tratarse dunha "acción de guerra". Pola súa banda, o avogado de Giana Rodrigues, Guillerme Presas, pediu a libre absolución da súa cliente.

Referencias a AMI
Durante a segunda sesión do xuízo tamén compareceu outro perito policial que cualificou a Assembleia da Mocidade Independentista (AMI), colectivo no que militaba Caamanho, como un "grupo subversivo que persegue a independencia de Galiza, e que pretende continuar no camiño da organización terrorista Exército Guerrilleiro do Pobo Galego Ceive , EGPGC). "Non consideramos a AMI como unha organización terrorista, pero si como unha organización radical que non descarta o emprego da violencia", matizou a fiscal Blanca Rodríguez na súa quenda de exposicións finais.

Porén, hai que lembrar que o xulgado Central de Instrución número 1 da Audiencia Nacional abrira unha investigación contra AMI, a coñecida como Operación Castiñeiras, que, finalmente, fora arquivada; porén, aínda continúan abertos varios informes relacionados coa organización.


Ligazóns

5/5 (12 votos)

Comentarios (14)

Carlinhos #1 4/Novembro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Caráfio p'ròs "perritos" policiais! Para que haverá juízes e tribunais de excepçom se eles já julgam e condenam?

Eurico #2 4/Novembro/2008 Eurico
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Ugio, Ugio...é certo que eu non teño o sangue aínda tan frío como para poñer unha bomba, chamalle medo se queres, chamalle responsabilidade se asi o xulgas, pero porfavor reflexiona, que gañaches con isto?, que gañarías con isto?, hai moitas formas de loitar pola independencia de Galiza e con todos os meus respectos, non penso que elixiras a mellor. E por certo, os independentistas galegos non podemos estar mirando dia si e dia tamén aos vascos, porque non unha xuntanza con escoceses, con norirlandeses, con flamengos ou bretóns?, será que non falan español...?

alboiando #3 5/Novembro/2008 alboiando
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

a independencia comeza no traballo nas AAVV, nas Comunidades de Montes, nas Confrarías, nas Asociacións Culturais, nas Deportivas, nas Comisións de Festas (as da misa e as do bandullo) e non nos caixeiros de Caixa Galicia.

tuzaro #4 5/Novembro/2008 tuzaro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

totalmente dacordo con alboiando (#3) !!!
http://augasceives.nireblog.co...

Hermerico #5 5/Novembro/2008 Hermerico
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

A fiscal deveria instruir bem o madero para logo nom ter que corrregi-lo em público. "grupo subversivo", pero nom se podiam defender todas es ideias nesta marabilhosa democracia?. Logo algum parvo de acima ficam "em pelotas" com o seu tono paternal. E os ficheiros ilegais, e os seguimentos, e o controlo constante som a realidade que desminte tanta cegueira intencionada

rockandroll #6 5/Novembro/2008 rockandroll
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Pois a ver se é certo que se lhes fode o invento, e nom os podem empapelar polo que pretendiam. Desde logo eu poido simpatizar ou nom com a Resistência Galega (de facto, nom simpatizo)mas o que nom pode ser é que se volte consumar umha cenificaçom do estado de excepçom com estas duas pessoas como cobaias.Depois vês a empresários inmoviliários, narcotraficantes, edís do PP, alguns deles, e toda umha tropa que fai cousas piores que queimar um caixeiro, e ninguém os amola.

pepedaconcha #7 5/Novembro/2008 pepedaconcha
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Se isto o fixesen en Murcia, lles meterían unha multiña e pra casa. Por tanto pola forma de xulgalos trátase dun xuizo político xa que os xuzga o Tibunal de Orden Público de delitos políticos.

Liberdade patriotas galegos

pepedaconcha #8 5/Novembro/2008 pepedaconcha
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Pra #3 Ugio participou na creación de centros sociais, dun periódico, de diversas cuestións sociais, etc. Así que o seu amor por Galiza e o seu traballo na Terra non ten dúbidas. Le un pouco antes de escribir.

LANS #9 5/Novembro/2008 LANS
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

Não vou a entrar se estes jovens são ou não são umas excelentes pessoas ou verdadeiros ou falsos patriotas galegos. O que está claro é que cometeram um delito grave, e por ele terão que pagar, mas é preciso, se existe justiça verdadeira, que paguem em justa medida, que paguem por colocar uma bomba, e não por o que pretendiam conseguir com a sua colocação, Que os julguem pelo delito mas não pela sua ideologia ou a sua integração em diversos grupos independentistas.
Estou de acordo também em que o independentismo não deve estar colocando bombas, e também não deve pretender fazer parte desta falsa democracia, deve estar na rua e em tantas associações como precise. É evidente que de forma democrática, ainda que tivesse-mos o respaldo social necessário, que hoje não temos, não lograr-ia-mos a independência, mas colocando artefactos explosivos também não lograremos nada e só conseguiremos pôr ao povo em contra.

Carlinhos #10 5/Novembro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

#9 "O que está claro é que cometeram um delito grave, e por ele terão que pagar, mas é preciso, se existe justiça verdadeira, que paguem em justa medida, que paguem por colocar uma bomba"

Danos na propriedade; nem sequer estragos, a única diferença cos explosivos numha mina a céu aberto é que os destroços forom numha propriedade privada, no caso polo que estam a julgar o moço e a moça, e no monte de tod@s @s galeg@s (privatizado mediante concessons obscuras) no caso dagumhas canteiras; nom sejamos máis "Nacionales" do que a Audiência Nacional.
O Estado espanhol vém de receber um correctivo no diz respeito a Direitos Humanos
(Via Chuza) http://galiciaconfidencial.com...
fagamos o favor de fingir que vivemos num Estado de Direito e confiemos que sentença por DANOS seja justa.
Se lhes aplicarem umha sentença nom proporcional ao DANO feito; quiçá haveria (é umha hipótese) que pedir explicaçons à polícia polo seu dispositivo de seguimento, detecçom, detençom, procedència das provas documentais e a causa de que esse explosivo nom fosse desactivado antes de estourar; quiçais o povo si se poria em contra de algumhas tácticas policiais nom amparadas pola lei e, repito, falo hipoteticamente.

Hermerico #11 5/Novembro/2008 Hermerico
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

E que a bomba devia ser muito sofisticada para que preferissem fazê-la estoupar. Ou!..., que se nom havia estoupido, nom havia danos, nem estragos, nem muita cousa para o TOP

ecoe #12 5/Novembro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Moita política para quenes endexamáis poden ser ecuánimes nin xustos. No €$tado €$pañol a XUSTIZA fuxe dos xulgados, e máis ainda dos ESPECIAIS!!

LANS #13 5/Novembro/2008 LANS
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Exatamente a isso me refiro, pôr uma bomba num caixeiro tomando precauções (esse é o problema, a ver quantas precauções se podem tomar), não é pior que um assassinato por violência machista, uma morte por exploração laboral, um bêbado que atropela a uns rapazes e foge, um neonazi que apunhala a outro ou, por pôr um exemplo parvo, que dois concelheiros do PP queimem o carro de um do BNG, etc. Que os julguem justamente, por os seus factos, e não por a pertença a um grupo de uma determinada ideologia.

Tarelo #14 6/Novembro/2008 Tarelo
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Entendo que se Ugio Caamanho se declara o único responsable e autor da colocación do artefactoe sen pretender causar dano a ninguén, debe ser o único que teña que cumprir algunha condena ou sanción, e Giana debe sair absolta.

Ainda que eu non ando nin con inofensivos petardos de feira, non me fio, nada pero nada, da Policía nacional, nin lle supoño de antemán ningunha profesionalidade nin imparcialidade a hora de realizar o seu labor, ainda que coma en todo non se pode xeralizar, polo tanto desconfio da autoría escritos aparecidos no ordenador/res. O escrito non está asinado por Ugio, memso sendo escrito por Ugio, puidera tratarse, por exemplo, dunha aficción de Ugio polos xogos de Rol. A definición da AMI feita pola polícía e recollida nesta nova, non ten valor ningún porque a mesma definición puidera valer para definir á mesma polícía, ou garda civil, ou se queredes vos as forzas armadas desprazadas en Afganistán é decir: (na miña opinión) Moitos/as cidadáns/nas, "Non consideramos as forzas e corpos de seguridade do Estado e as forzas armadas españolas desprazadas en distintos conflictos bélicos internacionais como unha organización terrorista, pero si como unha organización radical que non descarta o emprego da violencia".

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: