O alcalde, que sempre lle rendeu a súa peculiar homenaxe a Francisco Franco, decidiu non facela, mais non "porque teña medo" ou estea sen forzas.
O alcalde do Concello de Beade (O Ribeiro), Senén Pousa (PPdeG) é o único rexedor de todo o Estado Español que, durante anos, lle rendeu a súa particular homenaxe a Francisco Franco, cunha misa que celebraba o 20 de novembro, data de pasamento do ditador.
Pero este ano, coma o pasado, tampouco vai haber misa, segundo contou hoxe o propio Pousa, mais matizando que "non é porque teña medo nin ganas de non facela", senón porque "as forzas de seguridade veñen até aquí e hai enfrontamentos tremendos".
Porén, o rexedor de Beade asegurou que, de non vir a policía, el ía seguir celebrando a misa, cousa que ve necesaria, nos tempos que vivimos onde "xa é bastante vergoñoso o que está a facer o señor Garzón coa memoria histórica".
Non sei como non se espanta o señor Feijoo con estes elementos. O centro a este quédalle un pouco lonxe.
e ainda teñen o morro de pedir o voto estes do PP. Anda e que vos dean, panda de fascistas
E non será máis ben pola escaseza de curas? Pois fale Vde. coa Episcopal que de seguro lle mandan algún. Outra solución!!...Fale Vde. cos da cadea Cope e diranlle unha misa radiada. Non me diga que non lles estou a dar ideas. Si si, sonlle bastante "ideota". Xusto o que Vde. está a pensar! Ala con vento fresco.¿si?
Mágoa, gostaria de ver algum vice-presidente, algumha conselheira e algum conselheiro mobilizando-se ao lado da esquerda independentista em contra dessa missa; verdadeira apologia ao terrorismo contra a que a "Real Audiencia",o TOP a Audiencia Nacional ou como demo se chame agora, nunca se pronuciara, nem processara.
Gloria. al padre!!! Gloria al hijo!!!! parapapapa, parapapapa.
Menuda panada de mataos, neno!!!!
Mira que hacerle una misa al chorbo ese...!!!!! eso es peor que echar gasoil al monte para traer al jabalí...
Los bloqueros ni sabéis ser fascistas ni nada... Menos mal que estoy yo aquí para enseñarvos a comportarvos como verdaderos fascistas.
A ver, repetir comigo:
¡VASPAÑIA, COÑIO!
Pero que magoa dam isstes fachas, agora vam e nom fam a misinha pola presenza policial, issto e de tebeo.
Este ano é pre-eleitoral e o PP sábeo.
Este señor tivo ata fai dous anos a todo o pobo sen auga corrente, mirade polo que se preocupaba.... eu fun moitas veces a vendima ali e diciame unha señoriña:" auga no grifo non temos pero polo menos temos viño" asi que imaxinadevos que tipo de cacique e o Senen cando nin por eso lle protestaban os veciños....
De todos modos non relacionedes a Beade co fascismo por que a xente do pobo e magnifica, e caciques por desgracia hainos en todolos lados( na Galiza claro)
Missa para quê? Franco e seus acólitos são hóspedes permanentes do inferno!
Ou será que o diabo os não quer lá???
A dereita española nace franquista e segueo a ser (por iso non condean o franquismo), outra cousa e que non teñan mais remedio que aparentar o contrario nos tempos que corren, pleno s.XXI e dentro da UE.
Franco non precisa de misas, pq esta no seu paraiso, e dicir, NO INFERNO.
O pior de todo é que Deus e bo, pero o Diaño non é malo. Onde mandamos logo ao dictador? Case mellor esquecelo e iñoralo. Iso si, ollando de esguello a historia para que non se repita. Noxento o D. Senén!!