Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Na comisión de Cultura

López-Chaves teima na lea Galiza-Galicia e volve ser expulsado da Cámara

Lonxe o tempo no que os deputados do PPdeG usaban a expresión "Galiza", o popular vigués insiste agora en facer do topónimo asunto parlamentario.

Redacción / EP - 13:15 19/11/2008

Ao inicio da sesión da Comisión 4ª de Educación e Cultura, o presidente deste órgano parlamentario, o deputado nacionalista Bieito Lobeira, ordenou pasar lista dos deputados, ao xeito habitual nas comisións parlamentarias. Nese momento, Ignacio López Chaves, deputado do PPdeG, afirmou haber quorum para "a comisión do Parlamento de Galicia", pero non "para o de Galiza". A continuación, e logo de que Lobeira dese por constituído o órgano coa segunda das denominacións, López-Chaves volveu falar para reprocharlle a Lobeira o uso da forma "Galiza" insistindo en que "non hai quórum para o Parlamento de Galiza".

Logo do aviso do presidente da comisión de que non estaba no uso da palabra para pronunciarse, aínda teimou o deputado do PPdeG na rifa, apelando á súa condición de secretario do órgano. Despois dun tirapuxa no que o popular teimou en rexeitar o informe xurídico da Cámara de hai xa catro anos usado polo grupo parlamentario do BNG para xustificar a lexitimidade da forma Galiza, Lobeira advertiulle a López-Chaves que non permitiría, na súa condición de presidente, a "obstaculización" do funcionamento da comisión. "Non lle vou permitir que se ridiculice nin se desvalorice esta comisión con este tipo de espectáculos e ocorrencias", reiteroulle o deputado nacionalista, que logo de varias chamadas á orde acabou pedíndolle a López-Chaves que saíse da sala.


"Nin a min nin a ningún outro deputados nos vai prohibir ninguén falar no noso idioma co nome xenuíno do noso país", afirmou Bieito Lobeira a continuación, "como presidente desta comisión voume encargar de facer respectar o dereito consagrado na normativa vixente ortográfica e morfolóxica desta acepción". Desta vez, os propios compañeiros de López-Chaves na comisión renunciaron a acompañalo na súa saída da sala, permanecendo para defender as súas proposicións a debate na orde do día.


5/5 (13 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: