Os socialistas admiten que a reforma non estaría lista para a votación de 2009 en Galiza.
O grupo parlamentario do PSOE no Congreso volveu acusar este xoves de "oportunismo" ás peticións reiteradas do resto de formacións políticas para acelerar a reforma da lei electoral e, en particular, garantir que nas vindeiras eleccións en Galiza non sexan posíbeis as irregularidades detectadas en pasados comicios no voto do Censo de Residentes Ausentes. Foi desta volta o voceiro do PSOE na subcomisión para a reforma electoral, José María Benegas, quen admitiu que os socialistas non teñen na axenda a previsión de ter lista a reforma para a cita galega coas urnas. Xustificouno o deputado socialista dicindo que o seu partido quere "unha reforma electoral que dure outros 30 anos" e cualificando de "oportunismo" a petición dos cambios "para unha convocatoria máis ou menos próxima".
O BNG advirte de que se queren deixar abertos os buratos
"O PSOE xoga a confundir", denuncia o voceiro do BNG no Congreso. "O chamativo é que propoñen que o voto por correo fique como está, é dicir, sen introducir cambios que eviten a suplantación da identidade dos votantes e remitíndoo de oficio a todos os electores inscritos no CERA", láiase Francisco Jorquera.
Na opinión do deputado do Bloque na Cámara Baixa deste xeito o voto en urna converteríase nunha anécdota, no canto de ser o procedemento preferente de voto e contemplado só o exercicio do voto por correo en circunstancias excepcionais "cando o elector non poda acudir a votar presencialmente". "O procedemento actual de votación facilita todo tipo de manipulacións e para evitalas é preciso que o voto en urna sexa a norma, non, como propón o PSOE, a excepción", subliña Jorquera.
Freos "inxustificábeis", denuncia o PP
"Se finalmente os 329 mil galegos que residen no exterior non poden votar en urna de modo presencial nas vindeiras eleccións autonómicas, só haberá tres responsábeis: Touriño, Zapatero e o PSOE", subliñaba este xoves Celso Delgado, deputado ourensán do PP no Congreso, acusando os socialistas de manter "unha dobre linguaxe", votando "unha cousa no Parlamento en Galiza e outra no Congreso en Madrid".
Os populares consideran que os socialistas están aproveitando a subcomisión do Congreso para introducir "todo tipo de problemas técnicos e dificultades de de administración electoral". Unha actitude que segundo Celso Delgado parecería buscar "unha coartada para seguir dilatando sine die o asunto". Delgado considera que se o goberno español tivese vontade política de acometer realmente esta reforma "faría seu o texto da proposición de lei orgánica do Parlamento ou tomaría como eixo central esta proposta". Na opinión do deputado ourensán, o texto galego ofrece resposta ás necesidades do conxunto do sistema electoral, e non só das eleccións ao Parlamento de Galicia.
Motivo abondo para que os votantes socialistas castiguen electoralmente o partido nas próximas eleccións.
Pois finalmente fíxose o que quixo o PSOE. Outra vez máis o poder adía a reforma que é urxente. A razón non é outra que aproveitar a sumar votos nas vindeiras eleccións galegas. Os grandes partidos saben que o voto en urna fai descender a participación e diante dun deputado máis pouco importan as receitas de moralidade que quere impartir o BNG. Non hai complexidade ningunha: o noventa por centos dos emigrantes poderán votar en urna e o 10 % poderá facelo polo arcaico sistema do correo [ou mesmo voto electrónico para os que viven en Australia por exemplo]. Está en xogo unha maioría parlamentaria en Galicia entón pouco se pode argumentar. Volvemos ter chafalladas con votos comprados e metidos nun sobre polos recaudadores que contratarán PSOE e PP.
Para algo bo q propón o PP, no q teñen por fin consenso, van deixar pasar esta oportunidade por intereses políticos do momento.
Bravo polo PPsoe.
CREN!!!??? que forma tan sutil de falar. O PP non falará de crer, eles sábeno, fixérono, con grande interese, uns 8 anos
Seguerá habendo irregularidades a moreas,no voto do Censo de Residentes Ausentes.E nestes intres,a Democracia segue sen funcionar