Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Final dun longo proceso

Viraxe ao centro ou á esquerda: o PS francés elixe entre Royal e Aubry

Os socialistas franceses deciden este venres en segunda volta o liderado do partido. Martine Aubry é favorita fronte a Ségolène Royal.

Redacción - 09:00 21/11/2008

Na votación deste xoves, a militancia do Partido Socialista francés (PS) outorgoulle á ex candidata nas últimas presidenciais, Ségolène Royal, o 42,5% dos apoios. Atrás dela quedou a ex ministra Martine Aubry, co 35,7% dos votos e Benoît Hamon, quen pasaba por ser o principal representante do sector máis á esquerda da formación neste treito final.

Así, e sen maiorías absolutas na primeira quenda, os 168 mil militantes ao corrente das súas cotas cos que conta o PS deberán elixir este venres entre as dúas primeiras candidatas. Deste xeito, a favorita pasa a ser Martine Aubry, xa que é probábel que os apoios de Hamon vaian parar á súa saca. Royal, con maior proxección mediática a nivel estatal é partidaria dun achegamento á formación centrista liderada por François Bayrou, concesión que rexeita a súa rival, que insiste en propoñer "unha esquerda forte fronte á dereita dura". Doutra banda, Aubry, coñecida por levar adiante a reforma que introduciu a semana laboral de 35 horas na súa etapa no Ministerio de Traballo, é máis reticente á hora de afrontar unha reforma interna no partido.

Na prensa francesa:


4.5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: