O xuíz entende que as reivindicacións do concerto, no que actuarán A Quenlla, Skárnio e Vai, enmárcanse dentro da liberdade de expresión.
Haberá festa o sábado. O xuíz Eloy Velasco desestimou este xoves a petición da Asociación de Víctimas del Terrorismo (AVT), que solicitara a prohibición do concerto. O auto do xuíz explica que a plataforma convocante, 'Que Voltem a Casa', "ten por obxecto certas reivindicacións consistentes na esixencia de que se acorde a liberdade provisional de Santiago Vigo Domínguez e José Manuel Sánchez Gorgas, que se lles achegue a prisións próximas ao seu domicilio en Galicia e que se recauden fondos para financiar as viaxes de visitas dos seus familiares e amigos a ambos presos por presunta implicación en actos de terrorismo galeguista radical".
O xuíz explica que as reivindicacións da plataforma "intégranse dentro do marco da crítica política e a reivindicación e polo tanto non pode prohibirse a priori a realización dun acto destas características". Velasco conclúe "polo tanto" que a convocatoria non persegue "a realización de ningún acto de homenaxe a favor de condenados por terrorismo, nin dunha homenaxe encuberta a dous terroristas condenados recentemente pola Audiencia Nacional".
Deste xeito péchase unha semana de ruido mediático iniciado polo Partido Popular cando intentou, primeiro no pleno municipal de Santiago de Compostela do xoves 27, e despois por vía xudicial impedir a celebración do concerto; os populares pedían así mesmo que a Sala Nasa devolvese as subvencións recibidas polo concello.
A Quenlla, Vai e Skárnio
Haberá festa o sábado, por suposto. O concerto comezará ás nove da noite, presentado por O Leo, que irá dando paso no escenario da Sala Nasa a Vai, A Quenlla e Skárnio. Tamén está previsto que participen a escritora Teresa Moure e o xornalista Gustavo Luca, dando leitura ao manifesto da Plataforma a primeira, e a un discurso sobre a actualidade mais recente o segundo. O obxectivo do concerto é difundir as reinvindicacións da Plataforma (por exemplo, achegamento dos presos a Galiza) ao tempo que se recadan fondos para financiar as visitas de familiares, amigos e amigas dos presos independentistas a centos de quilómetros dos seus domicilios.
O comunicado feito público o martes, manifestando o respaldo á celebración da festa e a denuncia á persecución da plataforma e da Sala Nasa, segue recabando apoios. Ademais das persoas que xa asinaran o manifesto o propio martes, como Xosé Manuel Beiras, Xosé Luís Méndez Ferrín, Teresa Moure, Xurxo Souto, Margarita Ledo Andión, Anxo Angueira, Francisco Fernández Rei ou Paco Souto. Nos dous últimos días uníronse ducias de persoas máis, principalmente do mundo da cultura, como Séchu Sende, Comba Campoy, Rubén Ruibal, Marcos Teira, Ugia Pedreira, María Lado, Xelís de Toro ou Francisco Macías.
Amais de indemnizar á asociación difamada, os iusanalfabetos do alcalde e mais do voceiro do PP deberan demitir pola súa anticonstitucional e antidemocrática metedura do zoco.
A guerra preventiva destes liberticidas debera dirixirse contra a súa ignorancia maliciosa ilimitada. Esta si que vos é arma de destrución masiva!!
So faltaba que non a permitiran!
Enton tiñamos que por en cuestion se isto e realmente unha democracia.
Mira em que gastam os cartos istes tipos de a.v.t. e seus pais ideologicos do pp para despois dar leçons de como gastar os cartos a os demais, o que realmente preocupa-lhes, e a autentica democracia, como a liberdade de expressom ou a dignidade como pesoa poda ter um cidadam deste pais chamado GALIZA.
QUE VAIAM A RANHALA!!
Ainda non se desculparon eses incomPPetentes?
Mellor esperar sentados, nunca recoñecen os seus erros.
Mentres non se faga apoloxía do terrorismo ou violéncia non se pode prohibir un acto así. Logo a xente dirá que non hai liberdade de expresión. Eu por suposto non irei, pero alédome de que non haxa problemas na súa celebración.
"Por suposto", ti vas aos minutos de silêncio no Obradoiro e outras cousas de gente de ordem, dum galleguismo bem entendido
eu vou ao que me dá a gana xD