Crear un sistema monetario comercial e financeiro para a rexión de América Latina e o Caribe, propuxo o presidente Hugo Chávez no Cumio de América Latina e o Caribe, que se realizou desde omartes en Salvador de Bahía xunta á xuntanza de Unasur, Mercosur e Grupo de Rio. Na mesma xuntanza o presidente venezuelano informou do pagamento da débeda venezuelana co FMI e co Banco Mundial, as dúas pontas de lanza do imperialismo estadounidense no mundo.
"Desde a ALBA, máis Ecuador e outros países amigos estivemos discutindo a conformación dun sistema monetario comercial e financeiro rexional. Esta proposta puidese discutirse como un sistema de maior amplitude xeográfica que transcenda a ALBA", declarou o presidente venezuelano.
Adiantou que a formulación comprende "a unidade de conta común, para a que xa estamos traballando, unha cámara de compensación de pagamentos e un fondo financeiro de desenvolvemento".
O presidente venezuelano argumentou que só desde un sistema próprio poderase influír no sistema mundial. "Dicimos que hai que cambiar Breton Woods; pero cando, eles non queren cambialo, pola contra, están tratando de salvar ese sistema que lles permitiu a ditadura do dólar, xa que logo, é preciso crear o noso propio sistema".
Sobre o fondo financeiro de desenvolvemento suxeriu que os países da rexión acheguen o 1 por cento das reservas internacionais. "Se pensamos que 10 é demasiado para comezar cun fondo noso para o desenvolvemento, movamos o 1 por cento, que son aproximadamente 5 mil millóns de dólares. Segundo a Cepal as nosas reservas son de 500 mil millóns de dólares", comentou o mandatario nacional.
Sinalou que este fondo de desenvolvemento iría acompañado dun acordo de comercio rexional, pero aclarou que "non se trata da tese do libre comercio porque isto non existe desde o meu punto de vista".
No ámbito político, o presidente venezuelano expuxo darlle sentido de urxencia ás propostas para concretar accións e que este cume reúnase todos os anos.
"Propoño que lle deamos sentido de urxencia. Non nos deixemos atrapar por esa enxurrada vella do burocratismo internacional, dos cumios só para vir oírnos e tomarnos a foto, e voltar á casa cada quen á súa batalla próprip até o próximo cumio".
Venezuela saldou débeda co Banco Mundial e co Fondo Monetraio Internacional
"Venezuela non lle debe nada nin ao Banco Mundial nin ao FMI, revisamos esa débeda durante os 10 anos de Revolución bolivariana e, nese sentido, baixamos o perfil da débeda a través de novos mecanismos de financiamiento"
Declarou o xefe de Estado venezuelano, durante a súa participación no Cumio de América Latina e o Caribe (CALC), celebrada onte mércores en Salvador de Bahía, Brasil, onde sinalou que a moratoria da débeda externa, xerouse pola profundidade da crise económica, financeira e sistémica do capitalismo mundial e das súas expresións e mecanismos de dominación; apontou a Agencia Bolivariana de Noticias.
"Estamos obrigados a revisar todos os mecanismos que nos axudan a desenvolvernos, por exemplo a Alternativa Bolivariana para os Pobos da nosa América (Alba), mecanismo que debe seguir sendo revisado e aos que os nosos países deben integrarse", declarou o presidente venezuelano.
A débeda externa debe ser revisado polo terceiro mundo
Respecto diso, indicou: "Debemos revisar e coñecer se é legal é a débeda, cantas veces pagouse e canto se debe aínda, para que se decaten de que conseguiremos unha gran sorpresa", expresou o mandatario venezuelano.