Vieiros

As linguas suman
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Os israelís responden con mísiles

Disparan tres foguetes a Israel desde o Líbano

Despois de 12 días de masacre e 3 horas de corredor humanitario, volve o temor de que o conflito reabra esoutra fronte.

Redacción - 09:00 08/01/2009

O exército israelí bombardeou nas últimas horas posicións ao sur do Líbano, cara a onde disparou cinco mísiles en resposta a tres foguetes á súa vez disparados ao norte de Israel, disparos estes confirmados pola administración libanesa. Segundo o xornal Haaretz, cando menos un explosivo impactou nunha zona de Narahiya, perto da cidade de Haifa.

Desde a guerra de 2006 na que os militares israelís se enfrontaron ás milicias de Hesbulah non se producira fogo cruzado na zona. De momento, este grupo xií libanés non confirmou a autoría do lanzamento dos proxectís cara a Israel.

Ao tempo, o exército israelí continuou os ataques en Gaza, máis de 60 nas últimas horas e despois da breve tregua para o paso de axuda humanitaria. Arredor de 700 palestinos e 11 israelís morreron desde o inicio da ofensiva.


5/5 (3 votos)


Comentarios (5)

Tino #1 8/Xaneiro/2009 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Só tres? e seguro q

Tino #2 8/Xaneiro/2009 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Só tres? e seguro q ainda tiveron sorte eses nazis do século XXI e caeron en sitio hermo.
Espero q lancen moitos mais e faga polo menos tantos mortos como os palestinianos.

esquerdagalega #3 8/Xaneiro/2009 esquerdagalega
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

O criterio informativo de Vieiros é que 'tres foguetes', que non produciron vítimas, teñen maior relevancia ca unha invasión militar que está provocando ducias de mortos cada día?

Hermerico #4 8/Xaneiro/2009 Hermerico
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Esta é a única nova sobre a agressom sionista que aparece no portal, semelha a capa da Coz de Alícia

Celso #5 8/Xaneiro/2009 Celso
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Essas críticas a Vieiros são absurdas e gratuítas. Simplesmente, a "notícia de destaque" do portal parece ser a mais recente. E é informativamente relevante que houvesse um ataque contra Israel desde o Líbano, pois pode abrir uma fronte de guerra que generalize o conflito. Na notícia de destaque que está agora mesmo, a da manifestação do 18 de Janeiro, o cabeçalho pequeno é claro: "MASACRE EN GAZA".

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: