Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONCENTRACIÓNS EN TODO O PAÍS

Xa se coñece o texto do manifesto que se lerá en Compostela o día 18

Os colectivos convocantes da manifestación do domingo 18 acordaron o borrador do manifesto que se lerá ao remate da marcha.

Redacción - 13:19 10/01/2009
Tags:

As plataformas e organizacións convocantes dos actos de solidariedade co pobo palestino chegaron o venres pola tarde a un acordo sobre o lema, o manifesto e a organización da manifestación do domingo 18. O lema da Manifestación será 'Galiza con Palestina. Non ao masacre', en galego e árabe, e será portada exclusivamente por palestinas e palestinos. O resto das organizacións e entidades irán á continuación coas súas propias pancartas si así o desexan.

Tanto as mobilizacións convocadas este sábado, día 10 nas distintas cidades e vilas de Galiza, como a manifestación do domingo día 18 que partirá ás 12:00 horas desde a Alameda de Compostela e até a Quintana, son convocadas e contan co respaldo das organizacións que asinan o Manifesto, que será finalmente ratificado o martes, día 13 ás 20:00 horas.

No texto salíéntase que "esta non é unha guerra (...) Non é posible a equidistancia. Os verdugos teñen nome coñecido e as vítimas tamén, cóntanse por miles, entre mortos e feridos. A vulneración dos dereitos humanos, a violación sistemática da legalidade internacional, dos acordos de paz e das resolucións das Nacións Unidas teñen un nome inequívoco, o Estado Sionista de Israel".

Conclúese que "a cidadanía galega, a sociedade civil global está con Palestina, está co pobo palestino, apoia e recoñece o seu dereito á existencia e a ter un estado propio. Como recoñece o dereito do pobo israelí á súa propia existencia e á súa seguridade. O que non se pode admitir é a violencia indiscriminada, a crueldade, o horror, as solucións bélicas para conflitos que son políticos. Por iso demandamos unha solución política definitiva, xusta e duradeira".

Entre as organizacións convocantes están BNG, CC.OO de Galicia, CIG, CNT, CUT, Encontro Irmandiño, Esquerda Unida, FPG, Movemento pola Base, Nós Unidade Popular ou UGT Galicia.


Actos este sábado

Ponteareas: Concentración ás 13:00 horas, diante do Concello.
Vigo: Manifestación ás 18:00 horas, dende O Cruce da Vía Norte con Urzáiz que rematará na Porta do Sol.
Lugo: Concentración ás 20.00 horas, diante da diante da subdelegación do goberno español.
Pontevedra: Manifestación ás 20:00 horas, dende a Praza da Peregrina que rematará fronte a subdelegación do goberno español.
Compostela: Manifestación ás 20:00 horas, dende a Praza do Toural que rematará na Praza do Obradoiro.
A Coruña: Concentración ás 20:30 horas, no Obelisco, Cantóns.


4.2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: