ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
POLÍTICA LOCAL

Chamarlle “baboso” a un concelleiro: 120 euros; manter a foto de Franco na Alcaldía non ten prezo

O Xulgado de Ribadavia multou ao alcalde de Beade, Senén Pousa, por insultar un edil do PSdeG.

Redacción - 13:20 12/01/2009

A política no municipio de Beade (O Ribeiro) vívese doutra maneira. O seu alcalde, Senén Pousa (PPdeG), goberna con man firme o consistorio dende antes do pasamento de Franco. O rexedor non oculta a súa profunda admiración polo ditador  a quen ten en forma de foto no despacho e por quen bota cada 20 de novembro un cabodano. A oposición, formada por dous concelleiros do PSdeG, denuncia que Pousa manda no Concello como quen dispón dunha tenza de terra.

As malas relacións coa oposición resólvense no xulgado. A última sentenza obriga ao alcalde a pagar, ademais das costas do xuízo, unha multa de 120 euros por terlle chamado “baboso” ao concelleiro socialista Miguel Ángel Carreiro. O suceso tivo lugar o pasado 25 de setembro. O edil opositor acudiu ao consistorio acompañando a unha veciña. Segundo lle explicou Carreiro a Vieiros, achegouse coa afectada a facer as xestións porque esta lle dixo que tiña medo a ir soa até a Casa do Concello. A discusión entre a veciña e o alcalde comezou axiña e durante a mesma foi cando se proferiron os insultos contra o concelleiro socialista.

Un muncipio de 560 veciños gobernado por dous irmáns
O apelido Pousa copa o e executivo local. Nun municipio de só 560 veciños, e cunha poboación moi envellecida; o irmán do rexedor, Antonio Pousa, é á súa vez tenente de alcalde e responsábel de Obras.

As “excentridades democráticas” de Senén Pousa son continuas e algunhas das súas declaracións “épicas”. Algunhas das súas últimas “boutades” do rexedor púidose ler nunha entrevista en Faro de Vigo: “Xa quedan poucos españois, e eu son un deles”.


5/5 (10 votos)

Comentarios (12)

OBSERVADOR #1 12/Xaneiro/2009 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Porém, este título é ótimo!

Creador #2 12/Xaneiro/2009 Creador
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Sin comentario.......................................................................................................................................................................................................................

BonKarallan #3 12/Xaneiro/2009 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Ai Pousa, Pousa que non che token akela kousa...E que non se atrevan a tirarche o Valle dos Kaidos.

Tes razón oh, con Franko ti eras moito mais novo.

Eu non. Eu era moito mais velho.

Nesa foto, con esa foto-kadrinho fas un branko perfecto para un Franko-tirador.

maleiro #4 12/Xaneiro/2009 maleiro
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Jajajajaja, karallan!
Iste pousa terá un sitiño aló nos caidos. Vaia paspán!
A verdade que a culpa non é súa...senón dos que o votan.
A propósito onde é Beade? unha aldea do Carballiño?

toivonen1978 #5 12/Xaneiro/2009 toivonen1978
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Este é un troll, un defecto da democracia.

A pena é que lle tocara a un concello tan pequeno pero tan bonito como Beade. ¡Como estarían hoxe si non tiveran que cargar con este lastre!

Pero bueno, sempre coincide, caciquiño cateto, lerdo con máis de 30 anos na poltrona, PP. ¿Coincidencia? Bah, non creo ¿ou?

Supertamarico #6 12/Xaneiro/2009 Supertamarico
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

No sei que pasa na miña provincia, canto alcalde incompetente. A provincia ten o maior fato de caciques por metro cadrado do mundo mundial.

Indixenanoapartheid #7 13/Xaneiro/2009 Indixenanoapartheid
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

O deste tipiño sería cómico, se non fose pola triste realidade de que neste País aínda hai moita xente disposta a entregar as alcaldías a caciquiños iletrados e patéticos coma el.

maaneskinn #8 13/Xaneiro/2009 maaneskinn
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

non me digades que non dá vergoña, máis que noxo. Ese pobre pailán, con poder, coa cara de burro que ten... do PP e franquista tiña que ser. A serio, que peniña. O que aínda queda por evoluir no universo GZ. Ai, ai, ai...e esas/es veciñ@s...

fredo #9 13/Xaneiro/2009 fredo
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

éste semella ser un homo pre-sapiens. O problema é que é o que está a gobernar un concello, pequeno, pero concello. Arranxar isto pode que pase pola fusión de concellos inviables como este de Beade para dar lugar a outro tipo de entidades locais onde se imposibilite que estes impresentables iletrados e ágrafos poidan acadar postos de responsabilidade. Na lei electoral debería ser obrigatorio que os candidatos a concelleiros tivesen unha mínima formación académica como un bacharel superior ou unha diplomatura para os alcaldes.

tinho #10 13/Xaneiro/2009 tinho
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

ha que ir morrendo pousa´s

toivonen1978 #11 13/Xaneiro/2009 toivonen1978
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

fredo, teñen ó lado o concello de Carballeda de Avia que é case tan pequeno, ou Leiro, non moito máis grande.

O caso é que dubido que cambiase a cousa. Estamos a falar de concellos cunha poboación moi vella, acostumada ó inmovilismo e ó medo pola novidade, acostumada a unha maneira de facer as cousas que leva ahí 30 anos. Estou seguro que o 90% ignora que teñen unhos dereitos fronte ó concello. Esto vai polo sistema caciquil e a costume xa se fixo norma, non creo que haxa máis de 20 veciños ós que lles preocupe que o alcalde sexa un fascista, un analfabeto funcional e un matón de baixa estofa.

A pena é que aínda haxa partidos políticos que permitan que alcaldes deste tipo se presenten baixo as súas siglas e, desgraciadamente, na miña provincia, non é o único (véxase recentemente o que pasou co de Vilamartín de Valdeorras)

Tino #12 13/Xaneiro/2009 Tino
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Pois foi ben merecido o insulto e todo q aturan os do PPsoe: grazas a eles neste concelho votan mais os emigrantes cós próprios habitantes... A ver se cos axentes electorais do PPsoe cambia a cor, ainda q non cambiarán os cans.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: