O comité electoral aceptou a petición dos ultranacionalistas xudeus para deixar fóra as formacións que representan a quinta parte da poboación do país.
"Racismo" foi un dos reproches que se escoitou este luns nos asentos árabes do Parlamento israelí durante o debate da iniciativa de tres formacións políticas ultranacionalistas do ámbito xudeu. A proposta pedía a prohibición da participación nos vindeiros comicios para os dous partidos árabes que na anterior cita coas urnas apañaron sete escanos.
É coñecida a belixerancia de formacións estremistas como Unión Nacional ou Israel Nosa Casa cara aos árabes, aos que, malia integraren a quinta parte da poboación do país, teñen solicitado que sexan directamente expulsados de Israel acusándoos de seren un "perigo" para o Estado. A diferencia doutras ocasións nas que presentaran idéntica solicitude, desta volta as formacións máis extremistas contaron co apoio a esta proposta do resto de partidos.
Recomendámoslles o editorial do xornal israelí Haaretz, baixo o título Non deixen fóra as listas árabes
Bendita a democracia sionista, enche-se de gloria,liberdades individuais(sempre que sejas xudeo)e de victimismo, probinhos filhinhos.
Terám-se inspirado no Estado espanhol e na chamada de «doutrina Garzon» à hora de ilegalizarem partidos?
pois eiquí si quedasen fora os partidos extranxeiros (PP e PSOE) entón o BNG si que batía o record anunciado por Quintana.
Jajaja. Tes razón Piorno.
Só que en Euskadi non lanzan cohetes sobre Madrid, nin teñen o respaldo da comunidade internacional. E ademais supoño que terán máis representación no parlamento vasco que os árabes no parlamento israelí.
¿Que opinarán os profetas da prohibición de Batasuna de todo isto?
Isto devem ser os conselhos do Moratinos, como é isso de que "Dios los cria y ellos se juntan"?. Isto é o que Espanha oferece ao mundo
A "democracia" padecida polos árabes israelitas (trata-se de palestinianos que tenhem nacionalidade israelita) lembra-me a que sofrem os bascos no estado espanhol.
Bom, os espanhóis aprendem técnicas de tortura de Israel, e Israel aprende técnicas de silenciamento político de Espanha.
ZapaJoy, o intercámbio de civilizaçons funciona!! Ah, nom... que a judaico-cristá era-che-nos a mesma...
No estado espanhol, e a outro nível nesse conflicto de "baixa intensidade" que enfronta espanha com euskalerria também se ilefgalizam às forças máis conseqüentes" e independentistas. Mas o patético é que o BnG CALA e otorga, nom há muito Jorquera na ser dixo ante a detençom em frança de activistas vascos que é "umha boa notícia,triunfou o estado de dereito", miserábel decalaraçom colaboracionista de alguem que milita numha organizaçom que ha anos tinha alianças com HB que vinha o dia da patria a Compostela a participar num lugar destacado... o tempo se passou agora pisam moqueta e vivem das subvençons e prebendas de Espanha...agora calam ante as ilegalizaçons e as torturas. Há que abrir os olhos o bloco já nom serve os partidos às veces degenéram(Psoe, pce da república, pc soviético etc) em fim há que artelhar alternativas á esquerda do bng( Nós-up, e quem se aponte)
A extrema dereita israelí está estupenda. Inda con todo, a información que eu mirei é que os partidos que non poden participar non recoñecen o Estado de Israel nos seus Estatutos. Unha cousa é defende-la desintegración civilizada e democrática de Israel e outra moi distinta é non recoñecelo... Habería que procurar que participasen, pero a verdade é que non o poñen nada doado.