ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Milleiros berran contra o masacre

"Galiza con Palestina"

Convocados por máis de 80 organizacións, os manifestantes pedíronlle á Xunta que se pronuncie contra as agresións do Estado de Israel. 

Texto e Vídeo: Isabel G. Couso - 20:14 18/01/2009
Imaxe: Xela Rodríguez

Imaxe: Xela Rodríguez

"Todos somos Palestina". Este foi o berro unánime duns 15 mil manifestantes, segundo avaliación dos organizadores, que encheron este domingo as rúas de Santiago de Compostela para amosar o seu rexeitamento á ofensiva do Estado Israelí na Faixa de Gaza.

Con lemas como "Galiza con Palestina", "Non ao masacre", "Paremos a matanza" ou "Zapatero, queremos saber quen lle vende as armas a Israel", a marcha chegou até a Praza da Quintana, onde se deu lectura dun manifesto (en .pdf). As encargadas foron a actriz e presidenta da Academia Galega do Audiovisual, María Bouzas, e a cooperante de Galiza por Palestina, Laila Tillawi. Nel reclamaron o impulso de políticas activas de solidariedade a prol de Palestina, exixiron á Xunta que se pronuncie contra Israel e que se declaren a embaixada e o goberno daquel estado non gratos en todo o territorio galego e pediron aos medios de comunicación que informen con imparcialidade e "non a favor do sionismo".


O manifesto ao completo (10 min.)

Vieiros quixo saber das arelas dos manifestantes e recoller as súas opinións. Aquí pode ver o vídeo cunha pequena escolma do que aconteceu. Tamén pode botarlle unha ollada á galería, con todas as imaxes da manifestación.




Ligazóns

4,9/5 (40 votos)


Comentarios (18)

furmanov #1 18/Xaneiro/2009 furmanov
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

http://www.iscagz.org/galiza-b...

Gaviotero #2 19/Xaneiro/2009 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo -14 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



UnDeTantos #3 19/Xaneiro/2009 UnDeTantos
[Valora este comentario Positivo +9 Negativo]

Gaviotero,filonazi,móntate unha en favor de Israel a ver cantos ides,que me vou rir :)

roixordo #4 19/Xaneiro/2009 roixordo
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

Si, por favor, Gaviotero: convoca unha manifestación a favor de Israel, que quero escachar a rir.

giao #5 19/Xaneiro/2009 giao
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

15.000 pessoas como mínimo. Neo-nazis sionistas e defensores do genocídio, abstenham-se de ornear, por favor.

rockandroll #6 19/Xaneiro/2009 rockandroll
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Gaviotero, gavioterito, niño bonito, no me toques el pito. que se nos tocas muito onde nom nos deverias tocar, recordamos-che o sonoro ridículo do teu amiguinho Pablo Vela quando na Corunha e coincidindo com umha concentraçom em solidariedade com o Líbano, convocou outra ele em solidariedade com as vítimas civís israelís...hahahahaha!!!! Caaaraaaaalhooooo...quantos érades, gavioterito??? Dous ou três, palhaço? E a concentraçom de Madrid, umha enchenta, eh? Toda a extrema direita, e nem a 2000 chegavades. Enfim, há que reconhezer que fígado nom vos falta...manifestaçom de vinte frikie-fachas em Madrid, clamor popular; manifestaçom em Compostela de 15.000 pessoas...fracaso. Nom tedes a menor credibilidade.

rockandroll #7 19/Xaneiro/2009 rockandroll
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Por certo, que no manifesto exigia-se ao governo autonómico que se pronunciasse claramente a favor dos direitos do povo palestiniano. Que os membros do governo presentes na manifestaçom tomem nota.

galeguzo #8 19/Xaneiro/2009 galeguzo
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

5.000? Mais de 10.000, isso seguro, tal e como comprova o amigo Fer: http://odemo.blogaliza.org/200...

ulo #9 19/Xaneiro/2009 ulo
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Que o BNG no Consello da Xunta e nos concellos, que Alternativa dos Veciños en Oleiros e IU onde ten representacion, leven adiante nos feitos o que esta asinado no comunicado final:

E esiximos ademais:

• Que se impulsen políticas activas de solidariedade en favor de Palestina.
• Que a XUNTA DE GALICIA se pronuncie contra Israel e a favor do pobo palestino.
• Que se declaren a EMBAIXADA E O GOBERNO ISRAELÍ non gratos en todo o territorio galego no seu conxunto; e concello por concello.
• E que os medios de comunicación e a prensa internacional informen CON IMPARCIALIDADE e non a favor do sionismo .

Alen diso, DESDE A XUNTA E OS CONCELLOS SE PODE IMPUSLAR O BOICOT, NON CONTRATANDO OBRAS CON EMPRESAS QUE TRABALLEN CON CATERPILLAR.
Caterpillar, para que non o saiba, é unha empresa de maquinaria pesada que fabricou unha excavadora expresamente para derrubar as casas dos palestinos.
FORA CATERPILLAR DAS OBRAS PUBLICAS!!!

ulo #10 19/Xaneiro/2009 ulo
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

Ningun subsidio as medios que silencien ou apoien, activa ou pasivamente, ao sionismo (La Voz de Galicia), que son os mesmos por facer o xornal en galego.
Por sionistas+españolistas, nengun subsidio oficial!!!!

Tarelo #11 19/Xaneiro/2009 Tarelo
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

É igual os que foramos na mani, foramos poucos ou moitos, 1 ou 5000, 5000 ou 10000, Israel é criminal. Gaviotero, é un provocador.

GalizacapitalBraga #12 19/Xaneiro/2009 GalizacapitalBraga
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Meu Deus, non sei como aínda lle seguides dando pista a Gaviotero. Se nin sequera é orixinal. Sempre co mesmo. Polo demais, o que se pode facer é solicitar un referendo sobre o recoñecemento do Estado de Israel. Eu votaría que non, obviamente. Viva Palestina, Morte a Israel.

GalizacapitalBraga #13 19/Xaneiro/2009 GalizacapitalBraga
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Por certo, eu non puiden asistir. Espero asistir a outras.

Xistral #14 19/Xaneiro/2009 Xistral
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Onde irán aqueles mamarrachos que tiñan unha asociación a favor de Israel e que se sintían moi feridos por botalos do BNG....????

remexendo #15 19/Xaneiro/2009 remexendo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Cantos dos "3000" que estiveron o sábado en Compostela, estiveron o domingo ás 12 da mañá na Alameda? 300,400, seguro que non máis

ecoe #16 20/Xaneiro/2009 ecoe
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Axudemos á millora da percepción da realidade ás xentes un tanto ! despistadas e algo tarugas. (Tirado do bloque de GxP):

http://www.galicia-hoxe...

http://www.lavozdegalicia.es/g...
http://www.lavozdegalicia.es/g...

http://www.elpais.com/articulo...

http://www.vieiros.com/nova/71... (vídeo, imaxes e o manifesto)

http://www.elcorreogallego.es/...

http://agalegainfo.crtvg... (vídeo)

roibran #17 20/Xaneiro/2009 roibran
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Israel non é unha democracía, por exemplo os partidos arabes non poden presentarse as elecciós polo mero feito de ser arabes. Israel é unha teocracia, igual que Irán, onde o dereito fundamental da liberade de relixión non é respetado.

radikalivre #18 20/Xaneiro/2009 radikalivre
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Podem intoxicar o que queram, a realidade é palpável, pode-se ver nas imagens, e as que estivemos ali conhecemos as cifras. Havia mais gente do que o anterior Dia da Pátria. Como berravamos na mani: amigos de Israel, inimigos da Galiza!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: