Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Denuncia de MpDC

A muller de Paco Vázquez podería ser sancionada por gravación ilegal de imaxes

María do Carme de la Iglesia Illanes instalou cámaras de seguridade na vivenda de ambos, mais apuntando cara á vía pública.

Redacción - 18:15 27/01/2009

Segundo informa o Movemento polos Dereitos Civís, a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) iniciou un procedemento sancionador contra María do Carme de la Iglesia Illanes, a muller de Paco Vázquez, por unha posíbel infracción da Lei de Protección de Datos. Neste caso, o que se pon en cuestión é a presenza de cámaras de vixilancia no exterior da residencia do ex alcalde, situada na rúa do Parrote, na Coruña.

O colectivo presentara hai un ano e medio unha queixa perante a AEPD en relación a estes dispositivos de videovixilancia. Segundo denunciaban, estas cámaras apuntaban cara a vía pública, non estaban convenientemente sinaladas conforme a lei, nin se informaba aos afectados do procedemento de acceso ou cancelación dos seus datos. O propio Paco Vázquez afirmara daquela que a instalación se fixera por "motivos de seguridade". Con todo, o informe da Axencia de Protección de Datos informa de que non existe ningunha documentación que acredite que a instalación foi feita polas Forzas e Corpos de Seguridade (tal e como obriga a lei) nin consta ningunha autorización gobernativa.

Ante estas posíbeis irregularidades, a AEPD iniciou un procedemento sancionador e dirixiuno cara a persoa legalmente responsábel da custodia e eventual emprego dos datos persoais obtidos polas cámaras, neste caso a muller de Paco Vázquez, María do Carme de la Iglesia Illanes. As posíbeis infraccións da Lei Orgánica de Protección de Datos, así como a conseguinte vulneración dos dereitos fundamentais dos cidadáns, poderían ser sancionadas con multas de entre 60 mil e 300 mil euros.


4.95/5 (20 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: