Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Galiza2009

"Pídanlle perdón á sociedade", desafía Quintana a PP e PSOE sobre o voto emigrante

"Deberían avergonzarse os partidos que puxeron en marcha este método de votación e os que o mantiveron", denunciou o voceiro nacional do BNG.

Redacción - 09:30 28/01/2009

"No canto de recursos, PP e PSOE deberían pedirlle perdón á sociedade galega", opinou este martes o líder do BNG, Anxo Quintana, ao respecto da última polémica sobre o voto dos emigrantes. Quintana opinaba así novamente do anuncio realizado polos socialistas de recorrer a resolución da Xunta Electoral de zona que obriga os residentes no exterior a presentar unha copia do seu Documento de Identidade ou pasaporte para poder votar. Asegurou Quintana que descoñece en que se basea polo miúdo o recursos pero definiu o asunto de "autenticamente vergonzoso", laiándose de que até o de agora non se lle esixise aos emigrantes esa identificación para que puidesen exercer o dereito ao voto.

Por outro lado, a cabeza de lista do BNG pola provincia de Pontevedra, Teresa Táboas, aproveitou a presentación este martes da candidatura para criticar o posicionamento do PP ao respecto do traslado de Ence da ría de Pontevedra. "Sumáronse tarde e mal", reprochoulles Táboas aos populares, reivindicando o protagonismo do BNG na loita contra a localización actual deste complexo industrial.

Durante o mesmo acto, Táboas dixo que aspira a que os nacionalistas logren o mellor resultado "histórico" e salientou o "binomio vivenda-traballo", como base do benestar. Así, indicou a conselleira que o seu departamento investiu na bisbarra de Pontevedra 42 millóns de euros "xa executados" entre solo empresarial e residencial, e que para os próximos anos hai "60 millóns máis xa comprometidos". "Non prometemos nada nin asinamos nada que non poidamos cumprir", insistiu. De paso, sinalou como algunhas das prioridades para a comarca pontevedresa a creación da rolda urbana, o Hospital Único e a necesidade do "apoio aos sectores produtivos".


2,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: