Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONFLITO

Israel ameaza con ataques contundentes se Hamás lanza máis foguetes

Porén, diferentes axencias de prensa aseguran que as autoridades de Gaza están en disposición de aceptar nas vindeiras horas unha tregua dun ano.

Redacción - 14:25 01/02/2009
Tags: Gaza Israel paz

Catro foguetes lanzados dende a Franxa de Gaza contra territorio palestino fixeron saltar todas as alarmas en Orienet Medio. Logo dos ataques, que causaron só danos materiais, o primeiro ministro israelí, Ehud Olmert, ameazou cunha “resposta desproporcionada” se nas vindeiras horas seguían caendo proxectís.

A pesar destas sombras de treboada, diferentes axencias de prensa internacionais aseguran que Hamás estaría en disposición de aceptar unha tregua dun ano  con Israel, tal e como propoñía un plan de paz do goberno exipcio.

Este luns desprazarase até O Cairo unha delegación de Hamás que intentará pechar a tregua. No acordo tamén se contempla que as forzas da Autoridade Nacional de Palestina, controladas por Abbas, teñan presenza na fronteira de Gaza e colaboren cos seus rivais de Hamas para que se manteña a paz con Israel.


4.2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: