Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Eleccións Galiza 2009

RSS de Eleccións Galiza 2009
"Antes de que remate o ano"

Feijoo promete, outra vez, o "voto en urna"

O líder do PP asegurou en Bos Aires que o seu obxectivo "claro e nítido" será impulsar as reformas "precisas" para que os emigrantes voten en urna.

Redacción - 09:00 09/02/2009

"Unha democracia forte é a que da garantías de participación e implicación aos seus cidadáns, pero un país forte é aquel que proporciona benestar aos seus cidadáns", comentou Alberto Núñez Feijoo durante un mitin na capital arxentina onde, segundo fontes do PP, xuntáronse arredor de nove milleiros de persoas. Nesa liña, subliñou Núñez Feijoo que se o seu partido chega ao Goberno estenderá a lei de dependencia aos emigrantes. Do mesmo xeito, as promesas en materia de asistencia sanitaria fronte a unha audiencia na súa maioría de idade avanzada, volveron a estar presentes no discurso do líder do PP.

"Non permitirei nin 24 horas que ninguén do meu Goberno desvíe a súa conduta, nin permitirei a división no meu Goberno ou a máis mínima sospeita nun proceso que afecta ao interese común", expuxo tamén Feijoo. O líder do PpdeG subliñou dese xeito que a súa formación será a encargada polas urnas de liderar "unha rexeneración democrática" en Galiza. "Demostrei que non titubeo coa valores indispensábeis que se deben esixir en política", sinalou en referencia á recente expulsión das listas do número 1 por Ourense, Luís Carrera.

Por outro lado, o PP criticou que a televisión pública anunciase un debate electoral entre os tres candidatos á presidencia da Xunta de PPdeG, PsdeG e BNG, asegurando que a cita "aínda non está acordada entre os partidos". Expón desde o PP o seu secretario xeral, Afonso Rueda, que non recibiron aínda "ningunha contestación por parte do PSdeG e do BNG" sobre se asistirán ou non aos "cara a cara" a dúas bandas que os populares solicitan como condición para asistir ao debate a tres.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: