Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ANIVERSARIO

Vieiros, trece anos de singradura

Un 24 de febreiro de 1996 comezabamos a navegar. Este martes, a pesar de sermos o medio decano da prensa dixital, entramos na adolescencia

Redacción - 11:30 24/02/2009

Mentres medio país anda correndo no Entroido, en Vieiros tamén estamos de celebración. Tal día como hoxe hai trece anos "nacía un pioneiro punto de encontro para os galegos na rede: Vieiros, o barrio galego en internet" que axiña comezou a facilitar información do país a todos os internautas do mundo. Ese foi o xermolo do proxecto informativo actual.

Vieiros converteuse nunha referencia dentro do xornalismo galego. Con só trece anos de vida, levamos con orgullo sermos os decanos do xornalismo dixital galego. E aquí seguimos navegando coa nosa gamela polos océanos da información. 

A folla de ruta da nosa embarcación segue a ser a mesma: contribuír á normalización política e cultural do país. Pero sabemos que non viaxamos só os que aquí debullamos o día a día.  A principal bandeira desta nave continúa a ser a participación das nosas e dos nosos lectores. Na rede intentamos tamén construír 'Un país normal', no que, dende a diferenza, collamos todos: sen exclusións.


4.88/5 (41 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: