Un 24 de febreiro de 1996 principiabamos a nosa andaina na rede.
Este domingo cúmprense doce anos do nacemento de Vieiros. Un 24 de febreiro de 1996 botaba a andar un pequeno buscador de webs galegas que, en pouco tempo, comezou a achegar novas a través da rede. Cando comezou a xestarse o proxecto de Vieiros, na primavera de 1995, a internet galega ficaba reducida aos primeiros experimentos da Universidade de Santiago de Compostela e a un monllo de webs persoais.
Ao longo destes doce anos, coa colaboración dos internautas, Vieiros foise consolidando como unha referencia indispensábel do xornalismo dixital en Galiza. A arela era contar o mundo dende aquí, coas nosas palabras. O horizonte segue a ser o mesmo, contribuír á normalización política e cultural dun país no que todos facemos falta.
Repensar Vieiros
A innovación foi dende sempre unha das nosas máximas. En marzo do ano pasado, pouco despois de cumprir once anos, repensamos Vieiros. Queriamos mellorar os contidos, camiñando cara un xornal multimedia no que tivesen mellor encaixe as imaxes, os vídeos e os audios. Mais tendo moi presente un dos sinais de identidade deste proxecto: a participación das nosas e dos nosos lectores.
A vindeira semana haberá pequenas novidades na portada do xornal. Os cambios buscan facilitar a navegación polo océano vieiresco, oferecendo unha información máis áxil e estruturada. Eis o mellor xeito de celebrar os doce anos.
Anteriores: Especial dez anos nos teus ollos
Parabéns. Levo já oito anos lendo-vos praticamente de jeito dário, desde um longínquo ano 2000.
Parabéns tamén. Van xa algúns aniños (desde o 2004, penso) desque comezara a ler Vieiros; primeiro de xeito excepcional, máis tarde de xeito secundario, complementando á "established" prensa e, finalmente, facéndovos páxina de inicio e, xa que logo, léndovos a diario.
E agora que me puxen a facer memoria da miña relación con Vieiros, querería tamén felicitarvos -á dirección e aos/ás participantes- polo magnífico foro que se conseguiu facer. É certo que hai moita repunancia, mais tamén é certo que se montaron debates de certa altura.
Doce anos e aínda en versión "beta"??? X-D
Parabéns companheiros de Vieiros por oferecer-nos umha via de escape ao pensamento único dos média espanhois e globais.
Moitas felicidades e moitos anos de vida e de informaçóm galega.
Parabéns !!! de um incondicional...:)
Galiza Ceive , Cultura Ceive.
Parabéns. Obrigado por a vossa independência informativa, a cobertura a essas notícias que "no interesan" e dar sempre as diferentes versões.
Obrigado também por ser um foro de debate aberto e plural, único entre os jornais da Galiza.
Parabéns e grazas polo voso traballo. Desde o primeiro día Vieiros xa é parte da miña vida.
Ánimo e, lembrade que a hipermetropía na análise non deixa a moitos/as ver a vosa importancia pero, co tempo preciso, a historia recoñecerá os vosos logros, o voso incondicional compromiso e a vosa valentía por medrar LIBRES facendo país.
Felicitacións sinceras desde Venezuela.
Hai cousas nas que discrepo deste medio. Pero creo sinceramente, que o só feito de permitir ventilar as opinións da comunidade galega na diáspora é valioso e moi necesario. E nas partes onde isto non se cumpre, teríanse que analizar as motivacións.
Neste aniversario 12, é o mellor momento para ler novamente “que é VIEIROS?” as súas orixes e a súa razón de ser. Se vale a pena transitar por ese carreiro. Ou ten que tomarse un novo camiño.
O importante é estar aquí. Tratar de mellorar cada día e recordar que a galeguidad é un sentimento que nos une como nación. Que ese sentimento non pode ser utilizado polas ideoloxías políticas, relixiosas e económicas no seu beneficio particular.
A razón de ser de VIEIROS ten que ser a comunidade galega sen fronteiras xeográficas e ideolóxicas. Ten que defender os intereses do pobo galego onde se atope. Xa que a nosa comunidade por moitos anos foi vítima contestataria e hoxe tócanos ser nación de igualdade e irmandade.
Desde a Marinha Mindoniense, enviamos-vos afectuosos parabéns. Seguimos a diário Vieiros, fonte informativa de referência. Levamos vários anos aproveitando este recurso para o ensino da língua e a literatura. Sirvam estas palavras para agradecer o vosso labor.
Feliz,feliz no teu día !!!
parabens sodes o unico interesante dos media galegos
Pois, também eu vos felicito! Já lá vão uns anos na vossa companhia. Que sejam muitíssimos mais de informação e de debate alternativo.
Parabéns!
Pois eu non vou seguir o pasteleo. Calquera galeguista nacionalista ou independentista temos como referenza a Vieiros, é o primeiro que leo dos medios porque me sinto a gusto, pero despois hai novas moi mal redactadas (moi ás présas), toponimia deturpada (a do galego estremeiro dá pavor), e estou un pouco farto de que non se baneen certos trolls( gaviotero, micsha) que son provocadores natos, nin que participen nun afán de falsa pluralidade certas persoas do PSOE (Loli a das XSG, etc.) e que non aparezan outras persoas do mundo nacionalismo e ecoloxismo galegos que é moito máis plural que certa xente que escribe aquí. Queremos ser moi democráticos, pero eles nos seus medios nunca o son e dánnos por enriba e por abaixo.
Coido que había que recuperar un pouco o vello espírito de Vieiros, un foro con administradores ou moderadores, que lle daba moito xogo e evitar certa deriva light con novas sosas e sen sustancia. Máis ideoloxía e menos "progresía".
Parabéns e grazas.