As webs dos principais fabricantes do país, con escasas excepcións, seguen a ignorar o noso idioma.
A pesar da súa importancia económica, as principais empresas do sector téxtil de Galiza víranlle as costas á nosa lingua nas súas páxinas web. A meirande parte delas son bilingües... en castelán e inglés. É o caso das páxinas de Adolfo Domínguez, Roberto Verino, Montoto e Kina Fernández.
Outro grupo é o que forman Purificación García e Toypes, que parecen limitar as súas webs ao público castelanfalante. Por outra banda, Florentino amplía o abano idiomático con castelán, inglés, francés e alemán. En ningún destes casos ten presenza a lingua do seu país de orixe.
Pero aínda queda un pequeno recanto da web que demostra que o galego tamén está de moda. Son as webs de Viriato (tamén en castelán) e a de Zara, unha das principais empresas do país, que inclúe o noso idioma xunto a outros once.
Os servizos de tradución automática permítennos ler en galego webs noutras linguas. Porén, nestes casos, resultan inservíbeis, dado que as páxinas relacionadas co mundo da moda, polo motivo que sexa, fan un uso extensivo da vistosa aínda que pesada tecnoloxía Flash fronte ao máis accesíbel HTML. A única excepción é a de Florentino.
que esperábades....se son totalmente españolistas...
Ah, pero estes nom eram os criadores da ideia de pais?
Caranelo tiña hai anos unha web cunha realización impresionante coa opción en galego. Agora que Cañás vendeu, xa non sei.
Pois non hai que mercarlles, que carallo.
Há que tê-lo em conta à hora de gastar o dinheiro
Boto de menos ao Antonio P(i)ernas...
No terreo da moda, como en moitos outros, é onde se ve o perigo que corría o castelán en Galicia. Evidentemente, poida que haxa outros campos que normalizar con máis urxencia, pero é un exemplo máis de que, á hora da verdade, hai xente que non cre no galego.
Ti compras de empresas galegas?
Eu compro de máis barato, galego?
O Verino(que renunciou ao seu apelidos,MARIÑO,un dos máis míticos da nación) para facerse pasar por italiano(vaia palurdo de Verín!) ben que se lle viu co Quin cando lle interesou.PERO XA ESQUECEU TODO DIOS QUE FIRMOU O MANIFESTO "BILINGÙE" en contra do galego?Non serán horas de facermos unha plataforma pra non mercar ni usar os servizos de quen non nos repecta?GALLETO,VAI RAÑALA.
E que vos parez o de ZARA HOME?
Eu coidaba que o nome de Zara era feminino.Até pensaba que era um nome arabe.
Mirade por onde é um nome de HOME.
Nâo seria milhor ZARA LÁR?.
Tómate unha tila, ou millor unha tisana de opio, Geresiao... e aprende ganchillo, así podes facerte a túa propia roupa e santas pascuas... problema resolto...
Sorpréndeme o caso de Florentino, que ten aparecido nalgunhas reportaxes como un dos empresarios que apoian o galego. Ata creo que formaba parte da Fundación Galicia-Empresa.