Carlos Callón denunciou que a Academia non presentara publicamente os datos e que só comezara a distribuír o libro despois do 1 de marzo.
Nunha nota remitida aos medios, a Real Academia Galega asegura que o libro Mapa sociolingüístico de Galicia - 2004. Vol. 2: Usos lingüísticos "foi enviado, por mandado da Real Academia Galega, pola imprenta encargada da súa impresión á Editorial Galaxia para a súa distribución desde os primeiros días do mes de xaneiro, e temos constancia de que así se fixo". A nota da RAG conclúe que "coidamos que esta información é suficientemente clara para desbotar calquera asomo de dúbida respecto á actitude da Real Academia Galega".
Este martes Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, na presentación da súa interpretación dos datos do Mapa Sociolingüístico, lamentou que a RAG non presentase publicamente os datos "e que só comezase a distribuír este traballo polas librarías despois das eleccións autonómicas, xa que as conclusións que se extraen sobre o anterior mandato do PP son contundentes e desmontan, máis unha vez, a demagoxia e a falacia deste partido sobre o galego no ensino".
€$pañolista$ e imp€riai$ e demagogos: e o resto dos CINCO ANOS MUDOS?
Estou ata os callóns de tanta histeria.
E desde o mes de xaneiro non tiveron tempo para colgar o segundo volume na páxina da Real Academia Galega? Hai que cambiar o lema de dita Academia por aquel que tanto lle gustaba a Casares e que tan en práctica o puxo: "Deus é bo e o Demo non é malo"...E as subvencións da Xunta (veñan de quen veñan)que non falten.
han ser maiores as do goberno de madrí
Mas é que o trabalho da RAG é não somente fazer e enviar o livrinho à imprensa Galáxia, também têm QUE TIRAR CONCLUSÕES E FAZÊ-LAS PÚBLICAS, que para algo é um serviço público, o seu...
Desde quando o SERGAS enche os bancos de sangue dos Hospitais estando calados?
O não publicar os dados antes do 1M foi casualidade... como também foi o dictame sobre o nome da GaliCIA... como também o silêncio perante os GB... como também o Dia das Letras adicado ao Pinheirismo... como os seus verdadeiros objetivos.
Olhem ao final do F os seus ilustres acadêmicos não numerários:
http://www.realacademiagalega...
É bastante significativo.
Si, o libro estaría nalgunhas librarías, iso ninguén o discute. O que tamén é certo é que a RAG non o presentou publicamente, nin enviou unha nota dicindo que xa estaba, nin presentou os resultados do informe... En definitiva, non se preocupou en difundir o estudo. E, claro está, menos aínda fixo unha valoración pública dos datos!
Putos espanholistas castrapeiros analfabetos da RAG
Hai xente que tería que nacer vinte veces e fartarse de estudar outras vinte e ler vinte millóns de páxinas antes de insultar á RAG. Hai xente que o máis académico que coñece é o grandola vila morena de cantalo no Taraska... Iso si, todos a escribir nh antes de ñ.
Menos mal que temos RAG
Cobillon, nom é "insultar á RAG", é "insultar a RAG". O objecto directo nom leva preposiçom. És tam ignorante e analfabeto (e castrapeiro) como os espanholistas da RAG.
E há muitos anos que nom escuito o Grândola no Tarasca.
#12, "Cuevillas":
Trolls NAZIS fora de Vieiros JÁ! Parece-me incrível que a gente passe por alto os comentários deste indivíduo. Por que? Porque estão em galego? O NAZISMO não tem língua!
Bah! Para quecer o cú nas poltronas estes académicos som-che bárbaros. Agora com Feijoo vam estar de parabéns. Que mal cheira tudo! Parece cumplicidade com os interesses espúrios da Voz, o PP, a universidade, os poderes fácticos da Corunha e além... este nom molhar-se de arrivistas comiloes...Já podem estar orgulhosos do trabalho feito...
Hermérico: Insultar aos rapaces ou insultar os rapaces?
Por certo, o resto do teu argumento son insultos. Síntoo, rapazolo, pero se o único argumento teu que invalida o que eu dixen é un til... o resto insultos...
"foi enviado, por mandado da Real Academia Galega, pola imprenta encargada da súa impresión á Editorial Galaxia para a súa distribución desde os primeiros días do mes de xaneiro, e temos constancia de que así se fixo".
Os livros estão nas livrarias, mas se ninguém sabe que estão, ninguém os compra. Desde quando se editam livros para que não se vendam??
Resposta: desde que existe a NormalizaCIÓN linguística.
"coidamos que esta información é suficientemente clara para desbotar calquera asomo de dúbida respecto á actitude da Real Academia Galega".
Sim, sim, a vossa atitude ESTÁ CLARÍSSIMA. Abofé.
A situación é tan preocupante que non sei como perdemos o tempo con enfrontamentos entre os poucos que quedamos, segundo parece, falando e escribindo en galego. Tiñamos que estar todos unidos buscando solucións. Había que facerse notar máis, pero non só onde a situación xa é favorable para a lingua, senón en tódolos medios que poidamos. Que fan as universidades para non aparecer loitando por este tema? Que fan silenciosos tantos departamentos de galego como hai polos nosos institutos?. Por que non estamos enchendo os xornais con cartas dicindo que aínda quedamos moitos que pensamos en galego. Que fan tantos intelectuais de prestixio que non mostran a súa preocupación polo tema? Mirade, con tanto profesor de galego que hai por Galicia, se realmente preocupara a lingua, podiamos facer unha manifestación cada semana ou facernos notar de calquera outra maneira. Se permanecemos quietos e silenciosos, ó mellor é que non estamos moi preocupados ou que non nos importa o tema. Perdón, pero estaba algo desanimado e cabreado.
RAG Bilingüe! Por que queren discriminar tendo unha academia de idioma galego só en galego!? Corina Porro Académica xa!
Alinhados sempre com as teses dos galegófobos, dos castrapeiros, dos bilinguistas ...
Ide ranhar o cu à via. Mágoa nom haver outra fusquenlha para limpar de merda a Galiza.
"He dito" (dedicado ao Partido Popular, a Malicia Vilingue, a Frijol, a Gloria Lago, à RAG, ao Concejo de la Incultura Gallega, ao ILG, ...)
A min non me estraña nada. Fai uns anos paseando a carón do castelo de San Antón (A Crunha), pareceume escoitar ó presidente da RAG falarlle ó seu fillo en castelán. Se a minha apreciación foi certa, cabe non esperar moito de xente que actúa así.
Pois eu paseino mui ben no Tarasca e non se notaba tanta mala baba, será que éramos novos. O idioma desaparecerá cando a xente do común queira, ainda que é de agradecer a colaboración dos de Galicia Bilingue e dos reintegratas. ¡Que ben ia todo ata o un de Marzo e que mal vai agora! Porque será?
Sim, homem, tu vai ao Tarasca e fica "tranqui, colega, que hay confi"...
celeiro: que nunha páxina web (de doble gueb diría eu), que por forza está recentemente feita, se atrevan a pór eses nomeados, os máis fascistas e sanguinarios entre os sanguinarios é máis do qsue se pode aguantar.
Ter inscrita na páxina a Franco so é un sinal, engadido e determinante, do que coceron ahí os Sabeles, Beiras e outros, que o sistema quere facelos pasar por demócratas e pesoístas (sempre afirméi e afirmaréi que o pesoe son os falanxistas de pantalón curto da OJE, mentres que os pepeiros son os da camisa azúl, que seguen a manter).
A inscripción de Franco como non numerario da RAG é xa unha sobredose imposible de asimilar, e outro xeito de nos mostrar que o franquismo (constitucional, con P de Prostitución, con perdón dos compoñentes deste derradeiro colectivo aludido) impregnou e segue a impregnar ata os tutanos(como canta o Zeca), vía prostitución dos dereitos individuais e colectivos dos pobos, a estructura política e xurídica na forma de €$tado €$pañol, e polo tanto as suas institucións.
Non podo entender cómo aínda os Ferrín, Manuel María, Xohán Cabana, etc., etc., non teñen nin siquiera refungado ante tamaña tropelía, e nin unha soia esixencia de limpeza básica e mínima hixiéne lle teramos ouvido nunca.
Qué noxento!
DISOLUCIÓN DA REAL ACADEMIA GALEGA!
Ecoe, alegro-me de que tivesses reparado... em tudo.
Que triste saber que a RAG non fixo practicamente nada a prol do galego, pero ainda mais triste descubrir que teñen aptitudes i maneiras de aptuar que van en contra do galego. Son unha pandilla de bocas agradecidas(do PP)que traballan de forma sutil a prol da erradicacion do galego. MOITAS GRACIAS SEÑORES DA RAG.
O Sr. Ferrin non está nesta Academia Galega ? Non é o mesmo que pon a parir aos nacionalistas ? Non é o que fala de estar contra o sistema, agás en Cangas, claro,´eiquí sí necesita o sistema. Así nos vai... estes ilustrados que só ven o seu ombligo, o seu "ego", canto máis vellos pior. Agora tamén volve Beiras a salvarnos da desfeita. El que nos levou a un Bng institucional, como tiña que ser nese momento, El que nos presentou o seu delfín, e agora o inculpa de todos os males do Bng. Sós, estamos soxiños ante estes salvadores, pero esta é a historia do noso devenir político. A pesares de todo isto, o Bng, tivo 270.OOO votos.
Caros:
Tomemos de vez consciência clara no possível: A RAG, como o ILG e outras entidades "académicas" e "universitárias", como a "Xunta" e outras entidade administrativas, pertencem ao staff do reino de espaÑa.
Logicamente, com a lógica que impõe o nacionalismo "perfeito" em que militam essas instituições e os seus membros, procuram implementar ou executar (tanto tem) o projeto nacionalista espaÑol, bastante avançado em todas as partes (pudendas e impudendas) do reino.
Esse projeto-processo nacionalista procura a eliminação, supressão, extermínio (escolham a palavra apropriada) das Comunidades Linguístico-Culturais não hispanófonas, aliás, bastante ou muito desestruturadas.
Não nos estranhemos, portanto, de que GB, RAG, ILG, "Xunta", etc., etc. compartilhem o mesmo discurso nacionalizador e colaborem, cada uma desde a sua parcela e âmbitos de influência, à execução do projeto-processo nacionalista espaÑol.
P.s.- Nesse projeto-processo nacionalista espaÑol está incluído Portugal, que também deve ser suprimido ou exterminado. Lembrem declarações de Unamuno, teórico-prático do nacionalismo espaÑol, ou a "tese" de "licenciatura" militar do "generalísimo", cujo "tema" não paradoxalmente consistiu na invasão e ocupação de Portugal.
Lembrem também que cá apenas houve "transición democrática" que garantiu o cumprimento do "atado y bien atado".
#20 Pelouro
A min non me gusta ser demasiado crítico con persoas concretas. Pero eu creo que existe un problema de credibilidade en moita xente que di defender o galego. Credibilidade porque, á hora da verdade, non viven de acordo co que pensan. Repito, non me gusta ser crítico, pero aí van algúns exemplos:
Acórdome con moita dor cando un intelectual que facía informes dramáticos dicía nun suplemento dominical de La Voz de Galicia que el para enterderse mellor co seu fillo(artista)utilizaba o castelán .
Ese mesmo intelectual, despois dunha brillante conferencia, como todas as súas, acercouse a saudar a un rapaz que estaba nas primeiras filas,e fíxoo, para o meu abraio, en castelán.
Outro exemplo, moitos de vós viriades os vídeos dos enfrontamentos coa policía na infausta manifestación en Santiago de Galicia Bilingüe, se vos fixades ben, hai un onde aperece un manifestante en contra de Galicia Bilingüe falando en castelán co policía.
Xa dixen noutro comentario, que cando un destacado representante nacionalista, dixo aquilo de que falaba en galego porque lle petaba, non me parecía a mellor das razóns. Falamos en galego porque é a nosa lingua e non temos outra.
Pido desculpas a todos os aludidos porque eu creo que temos que unirnos todos en defensa da lingua, pero temos que ser coherentes para que se nos vexa convencido. Desculpas e grazas.
Cobillon,Insultar aos rapaces ou insultar os rapaces? Insultar os rapazes, com certeza, acaso tes dúvidas? Nom serás académico da RAG?
E os calificativos, precissos e ajustados descrevem a realidade da RAG e de quem a legitima.
Cuevillas, desculpa que nom che conteste, dá-me muita preguiça e estou farto de escoitar as mesmas estupideces isolacionistas. A RAG nom é quem de "permitir-nos" descastrapizar a língua "aos poucos".
Desde a minha bolha fora da realidade aconselho-che que nom fumes cousas em mal estado
Persoalmente considero absolutamente irrelevante que a RAG mandase ás librarías un informe do 2004 antes ou despois do 1-M (do 2009!).
O problema, na miña opinión, non vos é que haxa unha ou outra porcentaxe de galego ou castelán nun ou noutro eido e que estes dados os recolla un informe máis ou menos serodio.
O problema évos de SOBERANÍA LINGÜÍSTICA (galega!). E digo lingüística non porque estorbe a soberanía política; senon porque a soberanía lingüística pode ser ó respecto suficiente e moito máis viábel que a política.
Obviamente a soberanía lingüística non vos é un abstracto inenxergábel, senón o convencemento individual e colectivo da Comunidade Lingüística Galega e mais dos seus membros de que o galego pode e debe ser a lingua de uso xeral ou hexemónico en todo o territorio que lle é propio e mais a vontade estábel de facer todo o razoabelmente posíbel para acadar e manter ese estado de digna normalidade.
Como xa expresei en reiteradas veces en Vieiros (e noutros foros), ó meu entender, esa soberanía lingüística está plenamente recoñecida no ordenamento xurídico vixente ESPAÑOL: na Galiza na súa lingua española oficial propia coma en Castela na súa (sen prexuízo de coñecermos e, eventualmente, usarmos outras linguas alleas). Faltando só que sexamos quen de, que queiramos!, esixir o seu respecto e concreción, e non seguir a esperar que sexan outros (papá Estado, A Mesa, ...) quen esixan esa soberanía dun xeito presuntamente delegado.
A acción colectiva é imprescindíbel; porén, antes, mentres e mais despois de que sexa relevante (polo de agora, madia leva!, non o é), as actuacións individuais son absolutamente necesarias para xeraren, manteren e mais melloraren a acción colectiva.
Eu non sei se escoitastes a Radio galega nos últimos días. Houbo algo por parte da RAG a conto deste tema que me puxo dos nervios. Saiu un fulano nas noticias da radio que seica traballara no mapa sociolingüistico, ao parecer é o secretario da RAG e responsabel do seminario de lexicografía. Pois ben, saius dicindo que na franxa de idade entre 15 e 25 anos houbo un repunte de MONOLINGÜES EN GALEGO!!!! Grazas aos avances do galego no ensino, nos medios de comunicación etc.
Que poida haber persoas que teñan como lingua prioritaria nesa franxa de idade o galego, até pode ser que haxa un grupo mais nin será a maioría nin serán monolingües. As novas xeracións desque son escolarizadas son todas bilingües. Pero que tratou de transmitir este señor con iso?
Minuto 12 deste arquivo de son: http://www.crtvg...
Eu a verdade é que non sei como chamarlle a isto... autocomplacencia, irresponsabilidade, estupidez... non o entendo!
Claro que as actuacións individuais son as realmente decisivas, pero poden estar tan condicionadas polas outras que non haxa forma de cambialas.
Quería poñer un último exemplo,e xa é o último, destas actitudes que sorprenden, á vez que desaniman. Levo indo estes últimos anos ó Festigal, pásoo ben e paréceme interesante. Pero, a verdade, non é difícil escoitar castelán, entre o público, naquelas actividades. Evidentemente, todos os exemplos que levo poñendo nos dous últimos comentarios son anecdóticos, pero eu creo que reflicten unha situación moi complexa e de non fácil solución. Eu xa vexo que vós ofrecedes alternativas e iso reconfórtame.
Como reintegracionista estou totalmente de acordo com #28 quando diz:
«Pero eu creo que existe un problema de credibilidade en moita xente que di defender o galego. Credibilidade porque, á hora da verdade, non viven de acordo co que pensan.»
Os reintegracionistas procuramos a maneira de viver de acordo com o que pensamos. É difícil nesta sociedade espanholizante, mas tentamos. Por isso há centros sociais reintegracionistas. E por isso nos pomos tão insistentes e maçadores com certas cousas.
Outros, porém, dedicam-se a esbanjar dinheiros públicos para fazer tarde e mal o trabalho. E por cima ainda há que aguentar que lhes falem aos filhos em castelhano.
O da normalizaCIÓN não o creem nem eles!
#17, #28, #32 acarondosil
Antes de que te queimes direiche que:
1ª) Desafortunadamente para as comunidades lingüísticas españolas distintas da castelá, e mais para os seus membros, existe a crenza xeralizada, desgrazadamente tamén entre xuristas (xudicatura, avogacía, procuradoría,...), de que do réxime de cooficialidade lingüística vixente nos territorios propios das linguas españolas distintas do castelán se deriva o “dereito” a usar indistintamente calquera das linguas oficiais en calquera acto de comunicación lingüística; mais, esta crenza é manifestamente contraria á lóxica (iuslingüística) propia da regulación normativa vixente e aplicábel en materia de linguas e dereitos lingüísticos.
En efecto, xa hai máis de vinte anos que o TC tivo que manexar o concepto de oficialidade aplicado ás linguas españolas, e dixo (STC 82/86, fx. 2º): “Aunque la Constitución no define, sino que da por supuesto lo que sea una lengua oficial, la regulación que hace de la materia permite afirmar que es oficial una lengua, independientemente de su realidad y peso como fenómeno social, cuando es reconocida por los poderes públicos como medio normal de comunicación en y entre ellos y en su relación con los sujetos privados, con plena validez y efectos jurídicos (sin perjuicio de que en ámbitos específicos, como el procesal, y a efectos concretos,como evitar la indefensión, las Leyes y los tratados internacionales permitan también la utilización de lenguas no oficiales por los que desconozcan las oficiales)”.
Daquela, nada impide que calquera poder público recoñeza ou declare como oficial calquera lingua allea (ou a propia, claro!), v.g. o concello de Burela o portugués; mais, como se pode tirar doadamente, dese concepto constitucional de lingua oficial DE NINGUNHA MANEIRA SE TIRAN DEREITOS DE USO POR PARTE DOS PARTICULARES, nin en concreto o DEREITO a usaren unha ou outra linguas oficiais os empregados públicos.
Dese concepto constitucional de lingua oficial só se pode derivar a obriga dos poderes públicos de COÑECEREN, na persoa dos seus empregados e autoridades obviamente! e, eventualmente, USAREN, tamén a través dos seus empregados e autoridades, a ou as linguas declaradas oficiais.
Ven isto a conto porque os galegoexterminadores obxectivos, conscientemente ou non, os defensores obxectivos da progresiva extinción do galego por medio da indebida merma dos seus usuarios, afirman teimuda e temerariamente que da oficialidade do castelán e mais do galego na Galiza se pode deducir o (INEXISTENTE!) dereito a escolleren de entre as oficiais a lingua de uso en calquera actividade ou circunstancia de comunicación lingüística.
Sendo, por outra banda, certo, moi certo!, que existe o dereito constitucionalmente recoñecido (art. 3 CE) a usar o castelán na Galiza ( e o polaco, e o chinés, e calquera das outras seis mil, disque, linguas que hai no mundo ex art. 27 PIDCP!), e sendo igualmente certo, moi certo tamén!, que existe o dereito constitucional (14 CE) e estatutariamente (5 EAG) recoñecido a usar o galego na Galiza; non é menos certo que eses dereitos nin son absolutos nin se poden exercitar de xeito abusivo: hai circunstancias nas que un deles ten que ceder fronte ó outro.
Como o dereito de uso non se limita á facultade de expresarse, senón que integra as facultades de expresarse e mais de informarse (uso activo e pasivo, oral e escrito), cando dous interlocutores pretenden exercitar o dereito de uso de linguas distintas, expresándose en cadansúa lingua, a comunicación resulta imposíbel (agás que se coñeza a lingua do outro!, que será en todo caso algo alleo ó dereito de uso), e o exercitamento do dereito tamén!
Nesta circunstancia o dereito dun deles NECESARIAMENTE ten que quedar suspenso para que o outro poda exercitar o seu. Nesta situación preséntase o problema de discernir cal dos dereitos entra en suspensión e cal deles se exercita. E, a solución, para o caso da Galiza é a seguinte: a) Se os interlocutores coñecen ou deben coñecer o galego (14 CE) usarán o galego (3.3 CE); e, b) Se algún dos interlocutores, ou ambos!, sendo españois ambos, descoñece LEXITIMAMENTE o galego (porque razoabelmente non puido aínda aprendelo) usaran o castelán ou outra lingua que coñezan (14 CE).
A solución non é, como algúns pretenden, que cada un se EXPRESE no que lle pete, con tal de que se entendan; pois, o DEREITO non é unha liberdade, é un poder que o titular ten sobre alguén, o dereito ó uso dunha lingua non é viábel sen coñecela e significa esencialmente dispor, coa intermediación do Estado de ser o caso, de interlocutores nesa lingua (uso pasivo); ten unha finalidade social (comunicación, tamén da identidade cultural!) e non só unha satisfacción individual (emitir sons, lingüísticos ou non!, por propio pracer ou interese).
Por outra banda, a CE esixe un especial respecto e protección das modalidades lingüísticas de España (3.3 CE) e, daquela, a fortiori, con moita máis razón!, das linguas españolas (calquera que sexa o significado que lle queiramos dar a “modalidade lingüística”).
Así, se existira o dereito a ESCOLLER lingua de entre as oficiais na Galiza e todos escolleramos o castelán (de tal “dereito” seríamos titulares todos os españois na Galiza, obviamente!), é máis que obvio que o galego NON recibiría absolutamente NINGÚN tipo de protección nin respecto (que como mínimo esixen que se conserve como lingua viva, que non morra, se extinga ou vire en lingua morta!), infrinxíndose manifestamente o art. 3.3 CE. De aí que esta redución ó absurdo nos leva a concluír con clareza que ese dereito de escolla é INEXISTENTE.
Á mesma conclusión se chega se todos escolleran o galego porque; en primeiro lugar, quen non o sabe non o pode escoller (e hai españois que non o saben, non o dubidemos!, e hainos que non o queren saber!), non podería razoabelmente ser titular dun dereito que non pode exercitar e, caso de que o escolla sen ser capaz de usalo, a súa escolla sería gora, inútil, non desempeñaría ningunha función social, sería antixurídica e irracional, algo NUNCA buscado polo dereito nin por ningunha norma xurídica.
Así as cousas, xuridicamente, en dereito é IMPOSÍBEL a existencia do por algúns pretendido “dereito” de OPCIÓN ou escolla de lingua oficial na Galiza ou, analogamente, en calquera outro territorio español con lingua propia oficial distinta do castelán (como é sabido, o caso do uso do castelán no seu territorio propio e do uso de linguas alleas no seu territorio non experimenta ex constitutione ningún cambio verbo da situación preconstitucional).
2ª) Non sendo admisíbel en dereito a pretensión da existencia do “dereito” de opción ou escolla de lingua oficial nos territorios españois con réxime de cooficialidade lingüística procede determinar cando se poden exercitar os dereitos de uso do galego ou do castelán na Galiza, cando hai obriga, no seu caso, de usar un ou o outro e cales son as cargas, prexuízos ou sancións que conleva o incumprimento desas obrigas lingüísticas. Vexámolo!
Como é ben sabido, xa no seu preámbulo a Constitución Española de 1978 constata que a Nación española (os pobos de España) proclama a súa vontade de, entre outros moi poucos obxectivos xerais!, o de “protexer a todos os españois e pobos de España no exercicio dos DEREITOS HUMANOS (v.g. art. 27 PIDCP da ONU), das súas CULTURAS, das súas LINGUAS e institucións”. E, presidindo a relación dos máis valiosos dereitos e liberdades da persoa humana, indica (art. 14 CE) que “os españois son iguais perante a lei, sen que poida prevalecer discriminación ningunha..... por calquera condición ou circunstancia persoal ou social” (cfr. co tamén art. 14 CEDH, vía art. 10 CE). Impoñéndolles asemade ós poderes públicos a obriga de “promoveren as condicións para que a liberdade e a igualdade do individuo e mais dos grupos nos que se integra sexan reais e efectivas, removendo os atrancos que impidan ou estorben a súa plenitude..” (art. 9 CE).
Esta prohibición constitucional de discriminación lingüística, xunto cos valores superiores do ordenamento xurídico (1.1 CE), principio xeral do dereito e dereito fundamental á igualdade (14 CE) esixen, por unha banda, TRATAR IGUAL OS IGUAIS (as linguas propias entre si e as linguas alleas entre si; isto é, tratar igual os usuarios dunha lingua española no seu territorio propio que os de calquera outra no seu, e tratar igual os usuarios dunha lingua allea que os de outra tamén allea no territorio propio doutra terceira) e, por outra, TRATAR DIFERENTE OS DIFERENTES (a lingua propia e a lingua allea; isto e, tratar diferente os usuarios da lingua propia no seu territorio verbo dos usuarios de lingua allea no territorio propio doutra).
Mais, ese TRATAR DIFERENTE OS DIFERENTES por motivos lingüísticos non pode ignorar que “a Constitución fundaméntase na indisolúbel unidade da Nación española, patria común e indivisíbel de todos os españois, e recoñece e garante o dereito á autonomía das nacionalidades e rexións que a integran e a solidariedade entre todas elas” (art. 2); que “os españois teñen dereito a elixiren libremente a súa residencia e a circularen por todo o territorio nacional (art. 19.I CE), e que, “todos os españois teñen os mesmos dereitos e obrigas en calquera parte do territorio do Estado (art. 136.1CE).
Por iso xa o constituínte estableceu unha lingua (o castelán, que aínda que no momento de aprobación da Constitución puido ser unha opción herdeira do autarquismo franquista e, daquela, pouco internacionalista, hoxe debería ser substituído como lingua común ou universal por outra que permitira unha comunicación lingüística directa entre membros dun maior número de comunidades lingüísticas do mundo, sen prexuízo da conveniencia de coñecermos os membros de cada comunidade lingüística española a lingua ou linguas das comunidades lingüísticas veciñas) como lingua común ou universal no pequecho universo das linguas españolas impondo a súa oficialidade (deber de coñecemento e eventual uso por parte dos poderes públicos a través dos seus empregados e autoridades) e mais o deber xeral de coñecela PARA, EVENTUALMENTE, USÁRMOLA tamén os particulares con quen lexitimamente aínda descoñeza a lingua propia do territorio (art. 3.1 e 2, e 14 CE).
Esta estrutura complexa do Estado español, tanto desde o enfoque da distribución territorial do poder político-administrativo coma da realidade plurilingüística determinan un réxime de usos lingüísticos no que a lingua propia do territorio sexa a lingua de uso xeral, normal ou habitual no seu territorio propio respectivo (o castelán en Castela, o galego na Galiza, o ... en ...), como condición necesaria para o seu respecto e protección constitucionalmente esixidos ex art. 3.3 CE e garantía do preceptuado no art. 14 CE; e a lingua común, interlingua, lingua de integración ou antidiscriminatoria (o castelán fóra do seu territorio propio, a substituír por outra de maior potencialidade interlingüística coma o inglés, esperanto, ... ) a lingua que permita a comunicación lingüística directa entre españois membros de distintas comunidades lingüísticas españolas e mais a integración dos españois dunha comunidade lingüística española noutra.
De aí a regra-resumo en materia de dereitos lingüísticos na Galiza: NA GALIZA NA SÚA LINGUA TERRITORIAL PROPIA COMA EN CASTELA NA SÚA, SEN PREXUÍZO DE USARMOS LINGUAS ALLEAS, NOMEADAMENTE O CASTELÁN COS OUTROS ESPAÑOIS (inglés, esperanto, ... cos outros terráqueos), CON QUEN LEXITIMAMENTE AÍNDA DESCOÑEZA A LINGUA PROPIA DA GALIZA.
Así todo, como xa se adiantou, o que existe é a obriga de usarmos a correspondente lingua territorial (obxecto de especial respecto e protección) no seu territorio propio respectivo con carácter xeral ou habitual, e isto sen prexuízo de usar linguas alleas con quen lexitimamente (por falta de arraigamento v.g.) descoñeza a lingua propia do territorio, nomeadamente o castelán cos españois doutras comunidades lingüísticas españolas que descoñezan a nosa, e todo isto sen prexuízo asemade doutros usos de linguas alleas iocandi causa, docendi causa ou por outras causas debidamente xustificadas.
Réxime lingüístico que, completado co art. 27 do Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos da ONU, tamén permite que ENTRE ELES usen a súa lingua persoal os membros de calquera comunidade lingüística distinta da propia do territorio; mais, coa obriga (ex arts. 3.3 e 14 CE) de se integraren na respectiva comunidade lingüística española de cada territorio.
Así o entendeu xa tamén o propio Tribunal Constitucional na referida sentenza 82/86 (fx. 3º), ó dicir que “a posibilidade de usar só unha delas (das linguas oficiais) en vez de ambas á vez, e a de usalas indistintamente, aparece CONDICIONADA, nas relacións cos particulares, polos DEREITOS que a Constitución e os estatutos lles (ós particulares) atribúen....sendo o dereito das persoas (naturais) ó uso dunha lingua oficial un dereito fundado na Constitución e mais no respectivo estatuto de autonomía”.
Tamén o ven entendendo así o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza na súas sentenzas da Sala do Contencioso-Administrativo nº 573/95 do 14.09.95, e nº 739 do 16.11.95; cando di que “é oportuno lembrar que o problema suscitado non é o da validez ou carácter oficial do galego ou do castelán, senón o do dereito do cidadán a que se utilice unha ou outra lingua nas súas relacións coa Administración, e a conseguinte obriga desta última a posibilitar o exercicio de tal dereito.
Daquela, se a posibilidade de usarmos os particulares unha ou outra lingua vén condicionada tanto por dereitos subxectivos (non discriminación e igualdade) coma por obxectivos colectivos (respecto e protección do patrimonio cultural da humanidade), tamén está sometido a eses condicionamentos o uso das linguas por parte dos órganos dos poderes e administracións públicas (que adquiren a súa lexitimidade das potestades que lles atribuímos a cidadanía).
Por outro lado, segue plenamente vixente o art. 6.3 do código civil (malia non ter sido aínda publicado en galego) establecendo a nulidade de pleno dereito dos actos contrarios ás normas imperativas e ás prohibitivas (“ Los actos contrarios a las normas imperativas y a las prohibitivas son nulos de pleno derecho, salvo que en ellas se establezca un efecto distinto para el caso de contravención”).
Daquela, sendo imperativas ou prohibitivas tanto as normas constitucionais aludidas coma as estatutarias e legais en materia de dereitos e usos lingüísticos, resulta inexorábel a nulidade dos actos que non se acomoden ó por elas prescrito.
E, amais, ex art. 53.1 CE, corresponde ex officio A TODOS OS PODERES PÚBLICOS (e Administracións públicas) impedir calquera violación do dereito fundamental á igualdade e á non discriminación TAMÉN!! por mor ou causa de lingua (NA GALIZA NA SÚA LINGUA TERRITORIAL PROPIA COMA EN CASTELA NA SÚA, sen prexuízo...) e, daquela, aprezar a nulidade e ausencia de todo efecto das condutas lingüísticas infractoras do ordenamento imperativo ou prohibitivo.
3ª) En boa lóxica xurídica, falar de obrigas lingüísticas ou de dereitos lingüísticos é falar da mesma relación xurídica aínda que vista, respectivamente, desde a posición xurídica do obrigado ou do que ten o poder, coa intermediación do Estado de ser o caso, de obrigalo.
4ª) E, por outra banda, xa tamén o constituinte español de 1978 estabeleceu, na Disposición derradeira da CE, o principio constitucional do uso da lingua do particular destinatario nas comunicacións lingüísticas entre os poderes, órganos e administracións públicas e as persoas naturais.
Ah!, vexo que algúns de vós estabades esperando pola publicación deste informe para reaxerdes fronte á substitución do galego polo castelán na Galiza.
Que raro que non souberades cal era a situación! Cantas potencialidades perdidas, que mágoa que estiverades á espreita destes dados ... e os dados sen saír!
Évos moi reconfortante saber que agora ides loitar incansábel e eficientemente pola nosa lingua: benvidos á obra!
Xa sabedes: NÓS ... NUNCA MENOS!
#LOIS_DE_SILAN
Grazas polas explicacións. Alégrame que aínda haxa xente coma ti. Eu na causa do galego sempre estiven aí, o que pasa é que non aparecía polos medios. Con moitas máis persoas coma ti, o futuro da nosa lingua estaría asegurado.
Lois de Silán, o certo é que te tomas tempo para explicar-te, facto louvável. Releio isto que deixaste acima:
“Aunque la Constitución no define, sino que da por supuesto lo que sea una lengua oficial, la regulación que hace de la materia permite afirmar que es oficial una lengua, independientemente de su realidad y peso como fenómeno social, cuando es reconocida por los poderes públicos como medio normal de comunicación en y entre ellos y en su relación con los sujetos privados, CON PLENA VALIDEZ Y EFECTOS JURÍDICOS (sin perjuicio de que en ámbitos específicos, como el procesal, y a efectos concretos, como evitar la indefensión, las Leyes y los tratados internacionales permitan también la utilización de lenguas no oficiales por los que desconozcan las oficiales)”.
Tu bem sabes que o galego não tem efeitos jurídicos. Que a única língua da jurisprudência na Espanha é o castelhano/espanhol.
#38 OBSERVADOR
"Tu bem sabes que o galego não tem efeitos jurídicos. Que a única língua da jurisprudência na Espanha é o castelhano/espanhol".
A miña experiencia éche ben distinta!: xuízos anteriores e seguintes ó de Lois de Silán en castelán, o de Lois de Silán en galego!... e as providencias, autos e sentenzas ... cédulas de notificación ou citación, sobres de correspondencia en galego (Xulgado do Social Número Dous de Santiago de Compostela).
Moitos barullades moito; porén, cando hai que ter o necesario para a defensa da dignidade dos galegos estades ... ausentes!
Un saúdo.
Ah, desculpa por não ter uma plataforma social bem montada, com os seus advogados e representantes sindicais, com a sua sede e administrativos para atenderem as tarefas burocráticas. Oi, Lois de Silán, tens muita razão, disso não temos. E deveríamos ter! O que andamos a fazer então? Pois anda, barulhar e barulhar... e pouco mais.
Outra cousa: as sentenças e juízos em galego não valem. Valem entanto não se diga que não valem.
Mas não valem. A única língua da jurisprudência espanhola (e isso inclui a galega) é o castelhano/espanhol.
"Ah, desculpa por não ter uma plataforma social bem montada, com os seus advogados e representantes sindicais, com a sua sede e administrativos para atenderem as tarefas burocráticas".
Desculpa, eu tampouco che teño diso. O que eu podo facer INDIVIDUALMENTE nada estorba que o podas facer ti e mais os outros!
" ... as sentenças e juízos em galego não valem. Valem entanto não se diga que não valem.
Mas não valem. A única língua da jurisprudência espanhola (e isso inclui a galega) é o castelhano/espanhol".
Insisto, a miña experiencia éche ben outra!, ... e a túa teimosía en negala éche ben menos que razoábel e, o que aínda é peor,cruel!: converte en inútil calquera saída razoábel.
Oi, eu serei teimudo, mas sei ler e entender. É mais, esperava pela tua resposta. (!)
Há sentenças em reintegrado, pelo menos duas ou três. Por isso digo o que digo. E tu em base a que dizes o que dizes?
Negas-me que a única língua oficial da justiça é o castelhano na Espanha?
Por certo, essa era outra cousa que os da RAG nunca tiveram em conta. Nunca tentaram "normalizar" nada, e muito menos as questões da "Justicia"...
#42 OBSERVADOR
"Há sentenças em reintegrado, pelo menos duas ou três. Por isso digo o que digo. E tu em base a que dizes o que dizes?"
Com. Obviamente, en base á miña experiencia!
"Negas-me que a única língua oficial da justiça é o castelhano na Espanha?".
Com. Non entendo a finalidade da túa esta pregunta; mais, négoo con absoluta firmeza!
#43 OBSERVADOR
"Por certo, essa era outra cousa que os da RAG nunca tiveram em conta. Nunca tentaram "normalizar" nada, e muito menos as questões da "Justicia"...".
Com. Certamente, a RAG non se considera a si mesma unha institución normalizadora, o seu se é que é algo éche normativizar; porén, o eido da xustiza nunca che foi obxecto de normalización (séria, enténdase) por parte de ningunha institución nin pública nin privada (v. g. a sentenza do topónimo da Coruña a instancias da Mesa foi redixida e notificada en castelán ... e sen protesta por parte da Mesa).
... E lembra que estabamos a cuestionar iso de que "Tu (eu) bem sabes que o galego não tem efeitos jurídicos". Dígoo para que non derives máis da conta.
Un saúdo.
Precisamente, vou a isso.
Poderias precisar qual é a tua experiência?
Não foi há pouco que ainda saíram dizendo que só o castelhano é a língua da jurisprudência? Acho que até houve alguns comentários sobre isso no PGL... É o lógico, é a única língua oficial EM TODO O ESTADO.
#45 OBSERVADOR
"Poderias precisar qual é a tua experiência?"
Com. En #39 xa che queda un exemplo! Podería referir varias decenas de casos semellantes nos xulgados do social da Coruña e mais de Santiago de Compostela.
"... só o castelhano é a língua da jurisprudência?".
Com. Non che creo que proceda o teu plantexamento. É certo que o TS (o TC tamén; mais, permite determinados usos das outras linguas españolas oficiais) usa o "argumento" de que polo feito de ser o castelán a única lingua española oficial no lugar da súa sede (Madrid) debe ser esta a única lingua na que exprese os seus acordos gobernativos e mais as súas resolucións xurisdicionais; porén, este éche un erro de interpretación do TS e mais do TC do principio de uso da lingua do destinatario estabelecido na disposición derradeira da Constitución.
O que non procede éche partir da ignorancia (claramente inescusábel; mais, explicábel pola continuidade sociocultural dos xulgadores desde o réxime franquista) ou malicia dos xulgadores do TC ou do TS para negar que os órganos xurisdicionais na Galiza e, conseguintemente, a súa xurisprudencia non podan expresarse en galego. Cousa que tamén fan aínda que, claro é, non por defecto como deberan.
Nesta cuestión éche tanto un problema de malicia coma de ignorancia por parte dos operadores xurisdicionais.
E aquí quero remitirte ó meu comentario anterior #35.
Leio, acima, de Lois_de_Silan:
«Ven isto a conto porque os galegoexterminadores obxectivos, conscientemente ou non, os defensores obxectivos da progresiva extinción do galego por medio da indebida merma dos seus usuarios, afirman teimuda e temerariamente que da oficialidade do castelán e mais do galego na Galiza se pode deducir o (INEXISTENTE!) dereito a escolleren de entre as oficiais a lingua de uso en calquera actividade ou circunstancia de comunicación lingüística.
»Sendo, por outra banda, certo, moi certo!, que existe o dereito constitucionalmente recoñecido (art. 3 CE) a usar o castelán na Galiza ( e o polaco, e o chinés, e calquera das outras seis mil, disque, linguas que hai no mundo ex art. 27 PIDCP!), e sendo igualmente certo, moi certo tamén!, que existe o dereito constitucional (14 CE) e estatutariamente (5 EAG) recoñecido a usar o galego na Galiza; non é menos certo que eses dereitos nin son absolutos nin se poden exercitar de xeito abusivo: hai circunstancias nas que un deles ten que ceder fronte ó outro.»
:::
COM.- Totalmente de acordo. Algo me meti, em tempos, por estas lidas e apenas observei o que dizes, mais observei e escrevi (em "Que galego na escola", Eds. do Castro, 1984; em Silêncio ergueito, Eds. do Castro, 1996; em Temas de Linguística Política, AAG-P, 2006) sobre as cerimónias da confusão que têm montado todos os "poderes públicos" neste reino bourbónico sobre a oficialidade e usos de "las demás lenguas españolas".
Vai um grande espaço desde as interpretações, rigorosamente jurídicas, de um Puig i Salellas, notário catalão, ou do próprio Carvalho Calero e Álvarez Gândara (por volta das três sentenças do TC contra / sobre as leis de normalización linguística basca, catalã e galega), até à prática desleixada não só dos tribunais, mas dos "poderes públicos" todos, dos estaduais, a promoção da liberdade e da igualdade (Artículo 9. 1. Los ciudadanos y los poderes públicos están sujetos a la Constitución y al resto del ordenamiento jurídico.- 2. Corresponde a los poderes públicos promover las condiciones para que la libertad y la igualdad del individuo Y DE LOS GRUPOS en que se integra sean reales y efectivas; remover los obstáculos que impidan o dificulten su plenitud y facilitar la participación de todos los ciudadanos en la vida política, económica, cultural y social.- 3. La Constitución garantiza el principio de legalidad, la jerarquía normativa, la publicidad de las normas, la irretroactividad de las disposiciones sancionadoras no favorables o restrictivas de derechos individuales, la seguridad jurídica, la responsabilidad y la interdicción de la arbitrariedad de los poderes públicos.) e cá, na Galiza, a maiores, encarregados estatutariamente (art. 4.3) de dignificar e estender o uso de Galego.
O engano oficial sobre o conceito e práticas do "bilinguísmo" é patente no reino bourbónico, mesmo para gentes como as de GB: Estes sabem que o seu "bilinguísmo" (que é o do estado bourbónico) garante nos factos o extermínio não só do Galego, mas do Catação e do Basco.
O reino bourbónico alicerça sobre muitos enganos, o maior o de se proclamar democracia o que apenas é continuidade do franquismo, mais ou menos mascarado, mas na realidade com os mesmo "principios fundamentales".
Por isso e pelos preconceitos (ou ideologia) dos detentadores (sic) dos poderes públicos podem aplicar no seu benefício esses "principios" confusamente mantidos na CE.
Por exemplo, o art. 2 está em contradição com o art. 3, aliás, confusamente redigido, como já denunciamos em 1983 um grupo de bascos, catalães e galegos reunidos em Pamplona, na denominada DECLARAÇÃO DE PAMPLONA.
Em síntese: o utente de castelhano tem direito a usar a sua língua em todo o reino, enquanto o utente de Galego, por exemplo, nem na Galiza pode exigir o uso de Galego, se a contraparte exige o uso de castelhano. Como muito, acho, terá direito a que se dê a versão da sentença.
Por outro lado, na sentença do TC (em 1986) contra o catalão fica estabelecido que o texto juridicamente autêntico das leis é o castelhano, mesmo no caso em que seja tradução do basco, do catalão ou do galego, quer dizer, mesmo no caso em que as leis fossem redigidas originalmente nessas línguas.
Continuaremos, mas antes lembro que a RAG é instituição espaÑola e portanto ao serviço do projeto nacionalista espaÑol hoje dominante. Poderia ser outro projeto, ESTATAL e não nacional, mas hoje mesmo ultrapassa o conceito de nacional para ser simplesmente nacionalista, radicalmente excludente dos "otros", de "las demás lenguas", mal chamadas "españolas": O basco e o catalão também são franceses e o Galego é transnacional, quer dizer, transestatal (Portugal, Brasil, Angola, Moçambique, Cabo Verde Guiné Bissau, São Tomé e Príncipe e Timor têm como língua oficial a galega sob nome de português).
OS POUCOS QUE QUEDAMOS, DEFENDAMOS O GALEGO
Defendamos o galego entre todos e deixémonos de tirar pedras entre nós, que iso é o que queren os castelanistas. Imos precisar de todos, xa o veredes: da RAG, do CCG, da Mesa, dos sindicatos, das asociacións culturais e de pais e nais, de amas e de amos de casa... Recordádesme ós partidos políticos palestinos d'A vida de Brien (e tamén ós de agora, e xa vedes como anda Palestina). Israel e España, "macanudamente" (e Portugal; por certo, a tal Gloria Lago dixo que convenceu o/a diputado/a Graça Moura para que levase ao Parlamento Europeo a medida antigalega tendente a que os pais decidan a lingua da escola... ¿Porque non lle escribides a esta personaxe aínda que sexa en reintegrado? ¡Como defendeu o artista a lingua común galego-portugesa!