Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Filial do Banco Santander naquel país

Chávez confirma a nacionalización do Banco de Venezuela

O goberno venezolano mercará a entidade para "reforzar o sistema banqueiro público".

Redacción - 12:00 20/03/2009
Hugo Chávez

Hugo Chávez

Nunha intervención televisiva, o presidente de Venezuela, Hugo Chávez, confirmou que o executivo que lidera completará a "nacionalización do Banco de Venezuela para darlle máis forza ao sistema bancario público nacional".

Chávez fixo o anuncio logo do consello de ministros, e afirmando que se trata dunha iniciativa destinada a impulsar máis as políticas de desenvolvemento económico e social. "Son miles de milleiros de dólares, billóns de bolívares, o que manexa a banca privada", explicou. "Aquí teño o informe bancario, todo o que teñen banco por banco, que se o encaixe no Banco Central, que se a liquidez monetaria, que se todo aquilo, é dicir, unha radiografía total dos recursos da banca privada nacional", debullou, defendendo que se trata dun paso positivo para a economía do país.

De momento non se coñecen os detalles da operación, que fora avanzada xa o pasado verán, malia que daquela transcendera o desacordo entre o goberno venezolano e o grupo empresarial banqueiro acerca do prezo da entidade. Naquel momento, o equipo económico de Chávez estaba disposto a gastar 1.100 millóns de euros na adquisición.


4.33/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: