O único ex alto cargo imputado quedou absolto por unha peritaxe realizada por un enxeñeiro naval que, no ano 2002, colaborou na xestión do accidente.
Após o 13 de novembro de 2002, mentres o Prestige afundía e estaba a piques de provocar a meirande catástrofe ecolóxica que se teña producido nas costas galegas, o profesor de Enxeñaría Naval da Universidade da Coruña, Santiago Martín Criado, colaboraba co Ministerio de Fomento na xestión do accidente.
Porén, o goberno de Aznar e o seu Ministerio de Fomento, quedaron exculpados desta catástrofe grazas a unha peritaxe do mesmo home, o profesor Martín Criado. Ao parecer, foi el quen lle ocultou á xuíza que instruía o caso os seus labores de asesoramento ao ministerio, cando esta información o tería incapacitado para realizar o informe que exculpou, finalmente, a Fomento. De feito, o seu ditame tivo un peso especial no auto da xuíz, de tal xeito que evitou que o director xeral da Mariña Mercante, José Luis López-Sors, o único ex alto cargo que aparecía imputado no proceso, se teña que sentar no banco dos acusados cando se desenvolva o xuízo, de aquí a uns meses.
"Todas as medidas que adoptaron as autoridades marítimas españolas son correctas"
Segundo sinala o xornal madrileño El País, a relación de Martín Criado co Prestige data do mesmo día no que o buque afundiu, a 250 quilómetros da costa galega. Na mañá do 19 de novembro Martín Criado, que naquela altura era director de proxectos de Izar-Fene, estaba reunido con López-Sors para valorar a actuación do goberno de Aznar até daquela, e recomendar novas medidas para enfrontarse á situación. O perito asinou, xunto con todas as persoas presentes, a acta da xuntanza, na que afirmaban que "todas as medidas que adoptaron as autoridades marítimas españolas, referentes ao que na acta se indica, son as correctas e máis axeitadas ás situacións que se foron producindo dende o primeiro momento do sinistro".
Martín Criado afirmaba, entón, que o goberno de Aznar non errara na súa decisión de afastar o petroleiro da costa, e pasealo durante seis días cunha considerábel fenda no casco pola que cuspía o fuel. Porén, agora, como perito do xuízo, Martín Criado volve afirmar o mesmo, e a xuíza que instruíu a causa, Carmen Veiras -titular do xulgado número un de Corcubión-, recolle a súa opinión como válida, porque o enxeñeiro naval foi "contundente ao entender que foi correcta (a medida), porque a condución a porto era moi arriscada polo risco de que partise no traxecto".
Porén, as súas afirmacións sobre a idoneidade de afastar o barco contrastan coas doutros expertos, e o seu informe difire do do outro perito xudicial encargado do caso. Algunhas destas persoas relacionadas co caso están a estudar se é factíbel presentar un recurso para que se lle encargue a outra persoa, que non estivese relacionada coa xestión do Prestige nin cos acusados. A Plataforma Nunca Máis, polo seu lado, vai pedir a nulidade desta proba, que cualifican de crucial, pola imparcialidade do técnico que a elaborou.
Á sombra tiñan que estar todos, se foramos un país normal...
VERGONZA NACIONAL!! mira que nos queren os espanhois..ano a ano demostrano máis..chegamos a non ter marisco e seguro que deixábannos ceibes..porque claro así saelhe máis barato mercalo..mira tí se son listos os mandrilenhos!
Coitado Mangouras.Nào deixouse morrer no naufráxio,e agora todalas culpas caem riba dél.
Se houbesse acontecido como cando foi do Urqiola,pois isso:a cúlpa foi do morto,e,desse xeito,aforrabam os cartos,e as molestias,dum xuizo que leva a ningures.
Pelo dagora brincóu pelo corcho coma os múxos;pro vai ti saber se nâo aconteceralhe como nistes intres o Trilho.
Volvebre:nâo botes a culpa os "madricóns".Por disgracia nâo ha pior cunha que a da mesma madéira.Bota uma olhada o teu arredor, e atoparas mais de um monifáte renegado do país e até dos séus antergos.Sem dinnidade nem vergonha,vendense por uma códia de pâo.