Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O 25 DE ABRIL

O sector de Gato decidirá en asemblea se regresa a Terra Galega ou forma un novo partido

O ex alcalde de Narón aposta "persoalmente" por crear unha nova forza "coa mesma ideoloxía pero distintas siglas".

Redacción - 16:04 28/03/2009

O sector de Terra Galega que encabeza Xoán Gato decidirá o 25 de abril o seu futuro político tras coñecer a sentenza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Santiago que desestima a demanda que presentara en contra do Congreso que se celebrou en xullo de 2008 e no que se elixiu unha nova directiva encabezada por Pablo Padín.

Nunha reunión celebrada eo sábado pola mañá no Hotel As Viñas de Arteixo, que se suscitou para analizar os resultados electorais a nivel provincial, abordouse o novo escenario político derivado da sentenza xudicial. Polo momento, os integrantes de Terra Galega fixaron unha asemblea, que se celebrará o próximo 25 de abril. Este cónclave decidirá entre dúas alternativas: integrarse no partido de Terra Galega, acatando a decisión xudicial pero tratando de que se convoque un Congreso extraordinario, ou crear un novo partido, coa mesma ideoloxía, pero con distintas siglas.

A asemblea estará integrada por uns dez membros, entre os que as provincias de Pontevedra e Ourense estarán representadas cada unha por un membro de Tega, e a provincia da Coruña, por uns 7 ou 8 membros. Na reunión celebrada esta mañá, as posturas estaban, segundo asegurou Gato, a un "50 por cento", polo que, aínda que a nivel persoal se amosa partidario de crear un novo partido, matiza que terá que ser a asemblea a que decida que postura adoptar.


4,5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: