Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Remata a Cimeira do G-20

Un billón de dólares máis contra a crise

O FMI xestionará a metade dos cartos. Os países acordan erixir un novo modelo de regulamentación.

Redacción - 17:30 02/04/2009
Brown, cos medios ao rematar a reunión

Brown, cos medios ao rematar a reunión

O primeiro ministro británico, Gordon Brown, anunciou que o G-20 ha destinar un billón de dólares máis (perto de 750 mil millóns de euros) para recuperar o crecemento da economía mundial, a metade xestionados polo Fondo Monetario Internacional (FMI), que triplicará os seus recursos.s.

Na conferencia de prensa de presentación das conclusións da cimeira que esta quinta feira tivo lugar en Londres, Brown confirmou que os líderes mundiais se comprometeran a erixir un novo sistema de regulamentación internacional.

Adoptarase "calquera acción que sexa necesaria" para recuperar a senda de crecemento, sinalou. "Hoxe é o día en que o mundo se uniu, non con palabras, senón cun plan de recuperación e un claro cronograma", dixo.


Ligazóns

3.67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



O primeiro ministro italiano, Silvio Berlusconi (centro) bromea cos presidentes de Rusia (dereita) e EUA
O primeiro ministro italiano, Silvio Berlusconi (centro) bromea cos presidentes de Rusia (dereita) e EUA
O francés Sarkozy e a alemá Merkel mantiñan unha postura discordante coa de EUA
O francés Sarkozy e a alemá Merkel mantiñan unha postura discordante coa de EUA
Foto de familia no Buckhinghan Palace. En primeiro plano, sentada, a raíña de Inglaterra (clique para ampliar)
Foto de familia no Buckhinghan Palace. En primeiro plano, sentada, a raíña de Inglaterra (clique para ampliar)