Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
COSTA DA MORTE

Praia da Arnela, o paraíso dos narcos

A Garda Civil detivo nove persoas que pretendían descargar 3.800 quilos de haxix en Muxía. É o segundo alixo intervido na mesma zona no que vai de ano.

Redacción - 13:30 06/04/2009

Muxía é para as forzas de seguridade un dos puntos máis quentes do narcotráfico. Dous meses despois de que se decomisasen case catro toneladas de cocaína no municipio, a Garda Civil detivo entre o domingo e este luns nove cidadáns de Marrocos que pretendían descargar 3.800 quilos de haxix no mesmo punto: a praia da Arnela. A cala, protexida por acantilados, atópase nunha paraxe do municipio onde non hai casa ningunha e á que só se pode acceder por unha estreita pista de terra

Ducias de axentes de postos de toda a Costa da Morte participaron na operación. A sorpresa saltou ao comprobarse a nacionalidade dos apresados, xa que habitualmente neste tipo de operacións participan narcotraficantes da zona. Aínda que semella pouco probábel, non se descarta que os detidos teñan relación con algún clan de Muxía, relacionado noutras ocasións co tráfico de haxix a gran escala.

O alixo confirma as denuncias de colectivos da zona. Un dos máis activos, Vieiro (radicado en Carballo) ten denunciado publicamente que a Costa da Morte é a nova porta de entrada da droga en Galiza. Segundo esta asociación, a presión cidadán e policial que se deu na ría de Arousa na década dos 90 fixo que os narcos fosen buscando novas zonas de descarga na costa do país.


4.43/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: