O presidente en funcións, Emilio Pérez Touriño, cualifica de grave a actuación do deputado do PP. O aludido insiste en que cumpriu "escrupulosamente a lei". Escoite aquí a reflexión de Touriño:
Complícase o camiño de Agustín Hernández, deputado do PPdeG, cara ao próximo Goberno. Hernández, que veu aparecendo destacado nas quinielas como un dos candidatos a ocupar o sillón da Consellaría de Política Territorial do próximo Goberno, está nos últimos días de actualidade logo de facerse público que foi fichado por unha empresa á que fixera adxudicacións millonarias apenas un par de meses despois de deixar o último goberno de Manuel Fraga. Tal e como publicaba esta mesma semana o diario El País, Hernández realizou unha das adxudicacións en xullo de 2005 co goberno xa en funcións.
O presidente da Xunta en funcións, Emilio Pérez Touriño, confirmou este mércores á saída do Consello de Goberno, da apertura dun expediente a Agustín Hernández, na súa calidade de ex director xeral de Obras Públicas, por presunto incumprimento da Lei de Incompatibilidades. Recordou Pérez Touriño que se trata dunha infracción "grave" que pode implicar a inhabilitación para cargos públicos durante tres anos. "Desde o punto de vista, ético, político e xurídico estamos diante dunha conduta de incumprimento e infracción da lei e unha actitude reprochábel", afirmou Touriño ao respecto.
Se se confirmase este disparate este señor non pode ser parlamentario. ¡Sería o mínimo!
Comezan ben estes do PP: o regalo do citröen non declarado e agora isto.... mais non hai que facerlle, a súa base electoral so lles produce envexa de non seren eles.....
Unha mágoa, isto de comezar a campaña electoral 40 días despois das eleccións.
Esto tiña que haber saído cando este persoeiro comezou a traballar para a empresa. E logo utilizalo na campaña.
Quem desexaria "esfolar" máis o BNG;o P.P.(piolhos) ou o PS-G?.
Por que nâo derom a luz pública isto se ,suponho,xa sabiam?.
É que esperabam ganhar eles?.
É que nâo imporatabalhes que ganhassem os piolhos?.
Isto fede!!.
Non demos voltas. Si é culpable, temos a Xusticia para condealo. Si están mintindo, ide a Xusticia e que poña a cada quen no seu sitio. Eu penso que non serán tan parvos de botar esta acusación sen fundamentos. E, si é culpable, que cargue con o castigo correspondente e sirva de exemplo para moitos outros lerchas. Como decía aquel "Empezamos...".
Pois empezar, empezarom de vez: cumprirom a ameaça do cartaz. Já sabedes, começou a festa. Com estes, costuma começar de contado.
Que curioso que 009 empece con situacións ben pintorescas, coa normativa atual seria incompatíbel, coa anterior non. Se este home non dimite, ou o que é peor se o nomea superconselleiro de Política Territorial e Medioambiente, apañados imos, arrasarán Galiza, a corrupción ao poder!, da man do PP
A CIG destapa a existencia de tratos de favor a empresas vinculadas ao PPdeG
Edición xeral
Luz verde á Lei Ómnibus co 'Non' do BNG, que pedía blindar as condicións laborais e garantir deberes lingüísticos
Edición xeral
"Que impere a razón", reclámalle Vázquez a Zapatero ao fío das caixas
Edición xeral